Volvemos estar de celebración no instituto. O centro volveu acadar outro premio nesta nova convocatoria da Consellería de Educación. A principal novidade presentada para esta edición foi o modelo de aula inclusiva que estamos a deseñar e poñer en práctica nestes últimos cursos: docencia compartida por ámbitos de coñecemento, aprendizaxe cooperativa, alumnado NEAE dentro da aula con profesorado de pedagoxía terapéutica reforzándolles e colaborando co profesorado de materia no deseño das actividades e na avaliación, proxectos e tarefas interdisciplinares. Con esta boa práctica de educación inclusiva acadamos o accésit desta edición. Parabéns a todas as profesionais que o fixéchedes posible!
Podedes ver a resolución oficial neste enlace: Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2022.