Skip to Content

Novas do centro

Novas do centro

Eleccións ao consello escolar: Proclamación candidaturas

 Publicamos as candidaturas de familias, profesorado e alumnado.

Eleccións ao consello escolar: Calendario actuacións

 Publicamos o calendario con todas as datas do proceso das eleccións a Consello Escolar. Tamén pódese descargar aquí mesmo o documento para a presentación de candidaturas.

Masterchef no IES Valadares

A semana pasada comezou o proxecto interdisciplinar de 3ºESO CP e DQ. Matemáticas, Física e Química, Bioloxía, Lingua Galega e Castelá, Xeografía e Historia, Educación Plástica e Dixital está implicadas. Nas actividades de lanzamento tivemos o primeiro concurso de cociñado entre profesorado dos distintos ámbitos e unha excelente Masterclass por cortesía do chef Ángel. Podedes visitar a galería para ver máis fotos destes primeiros eventos.

Eleccións ao consello escolar

Seguindo o recollido na Resolución de 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos,
COMUNICAMOS
O  sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral realizarase o venres 18 de outubro, ás 13.15 horas na secretaría do centro.

Novo Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2022

Volvemos estar de celebración no instituto. O centro volveu acadar outro premio nesta nova convocatoria da Consellería de Educación. A principal novidade presentada para esta edición foi o modelo de aula inclusiva que estamos a deseñar e poñer en práctica nestes últimos cursos: docencia compartida por ámbitos de coñecemento, aprendizaxe cooperativa, alumnado NEAE dentro da aula con profesorado de pedagoxía terapéutica reforzándolles e colaborando co profesorado de materia no deseño das actividades e na avaliación, proxectos e tarefas interdisciplinares. Con esta boa práctica de educación inclusiva acadamos o accésit desta edición. Parabéns a todas as profesionais que o fixéchedes posible!

Podedes ver a resolución oficial neste enlace: Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2022.

Programa de Linguas Estranxeiras da Conselleria de Educación

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Podedes consultalas no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36171

Distribuir contido


by Dr. Radut