Cidade de Letras
Enviado por admin o Xov, 29/02/2024 - 20:45
O pasado luns 26 de febreiro, o Club de lectura tivo unha sesión para falar de Mutacións xenéticas de Fina Casalderrey. O protagonista, Hadrián realiza o seu bautismo de voo e pensa que as vacacións serán moi aburridas porque convivirá co seu avó, un estraño ser, ó que nin sequera coñece.
Finalmente, resultarán ser trinta días de abraiantes descubrimentos.
Arredor da nosa nova lectura, falamos moito pero tamén realizamos experimentos moi divertidos e sinxelos de facer: debuxos que flotan na auga, neve...