Enviado por admin o Mar, 06/02/2024 - 19:02
O luns 29 de xaneiro, Paula Carballeira estivo no noso centro para unha sesión de contacontos de medo organizada por Lorena Carrasco Joaquín, coordinadora da biblioteca e Lidia Soutiño Golmar, coordinadora do Clube de Lectura. O evento foi presentado por Carmen, Natalia e Saray, alumnas de 1º ESO.
Paula Carballeira é unha muller polifacética, con máis de 30 libros publicados, moitos deles traducidos a varias linguas e a maioría pensados para a infancia e xuventude. Tamén é actriz na compañia Berrobambán. É gañadora do Premio Nacional de Literatura Dramática con "As alumnas", dispoñible na biblioteca do IES de Teis.
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License