Skip to main content

Cidade de Letras con Paula Carballeira

Cidade de Letras con Paula Carballeira

Tivemos a sorte de recibir no noso Clube de Lectura á escritora galega Paula Carballeira. O encontro tivo lugar o pasado luns 29 de xaneiro antes da sesión de Contacontos.

Aproveitamos a súa visita para falar con ela sobre o seu libro "13 avisos. Contos para escoitar pola noite": alguhas historias dan moito medo e compartimos con ela as nosas sensacións. Tamén firmou algún libro da biblioteca, así que anímate a coller algunha obra de Paula Carballeira a ver si tes sorte e podes ler un libro con autógrafo.

Antes de rematar a tarde, Paula Carballeira pasou pola radio e foi entrevistada por Águeda, alumna de 4º ESO A. Foi moi interesante, explicounos o que sentiu cando gañou o Premio Nacional de Literatura Dramática e que quería transmitir con "As alumnas".

 

Galería de imaxes do evento

Cidade de Letras con Paula Carballeira Cidade de Letras con Paula Carballeira Cidade de Letras con Paula Carballeira

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License