Skip to Content

Probas de acceso

Aberto o prazo de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

 

    Desde o 18 de febreiro ata o 3 de marzo de 2021 está aberto o prazo de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

    Información do Departamento de Orientación do IES Sofía Casanova.

Proba de acceso á universidade: Xuño 2011

Na páxina da CIUG (http://ciug.cesga.es/) e no panel informativo do centro encóntranse as instruccións para formalizar a Matrícula tanto Anticipada como Ordinaria para a Proba de Acceso á universidade na Convocatoria de Xuño 2011.

Pódese ver e descargar o arquivo nesta dirección na páxina da CIUG: proba de acceso: xuño 2011.

A Matrícula Ordinaria para a proba de acceso realizarase nas oficinas do Instituto no 25 de Maio en horario normal de oficina.

Probas de acceso ás ensinanzas universitarias

No Diario Oficial de Gallicia nº 66 de data Luns, 4 de abril de 2011, e na súa páxina 5939, aparece publicada a "Orde do 24 de marzo de 2011 pola que se regulan as probas de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e o proceso de admisión ás tres universidades do sistema universitario de Galicia".

Ver o texto íntegro da publicación na ligazón seguinte: Regulación PAU

Convocatoria Probas libres de Títulos extinguidos F.P.

No DOG nº 125 de 02/07/2010 publícase a "Orde do 22 de xuño de 2010 pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo".

A primeira convocatoria realizarase no mes de Setembro, antes do comezo das actividades lectivas e o prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será do 10 ao 20 de xullo.

Para ver a orde completa, podes seguir a seguinte ligazón: Probas libres títulos extinguidos

IMPORTANTE PARA O ACCESO DENDE A FP Á UNIVERSIDADE

PRAZO ATA O 9 DE XULLO DE 2010

 

Ante a publicación o día 29 de xuño de 2010 da Orde do BOE EDU/1719/2010, pola que se establece a adscrición dos títulos declarados equivalentes aos títulos de Técnico Superior de Formación Profesional, de Técnico de Artes Plásticas e Deseño ou de Técnico Deportivo Superior ás ramas de coñecemento, e se adapta a fórmula para o cálculo da nota de admisión ás ensinanzas universitarias de grao, a CIUG INFORMA QUE:

Os estudantes preinscritos procedentes de Formación Profesional, poderán aportar documentación complementaria, a efectos de calculo da nota de admisión, ata o día 9 de Xullo de 2010. Segundo a normativa, os certificados de centros privados deben vir avalados polo centro público de referencia.

 

Os estudantes de ciclos formativos LOXSE e LOE procedentes de centros que teñen trasvasados os seus datos ó SASUGA, mediante XADE, non precisan entregar certificado algún. Precisan entregalo no caso de ciclos formativos LOXSE e LOE os estudantes dos centros que figuran en anexo.

Indicase a continuación a casuística contemplada na devandita lexislación:

 

1º PARA A ADMISIÓN A ESTUDOS OFICIAIS DE GRAO NO CURSO 2010- 2011 DESDE TÍTULOS DE TÉCNICO ESPECIALISTA DA LEI 14/1970 EQUIVALENTES AOS TÍTULOS DE TÉCNICO SUPERIOR DA LEI ORGÁNICA 2/2006,

A nota de admisión se calculará coa nota media das ensinanzas de FP de segundo grao segundo a resolución de 4 de xuño de 2001 da DG de Universidades. Se engadirá a esta nota media as ponderacións das dúas mellores cualificacións materias da Area de Coñecementos Tecnolóxicos e Prácticos das ensinanzas de Formación Profesional de segundo grao, en réxime xeral e da Area de Ampliación de Coñecementos, en réxime de ensinanzas especializadas, quedando exceptuadas as materias de Organización Empresarial, Seguridade e Hixiene e Lexislación.

A efectos de ponderación os estudantes precisan entregar un certificado no que consten as dúas mellores cualificacións das materias citadas anteriormente, que se considerarán no caso de querer acceder a graos da rama de coñecemento ás que estea adscrito o título de técnico superior ao que sexa equivalente.

2º PARA A ADMISIÓN A ESTUDOS OFICIAIS DE GRAO NO CURSO 2010- 2011 DESDE OUTRAS TITULACIÓNS DECLARADAS EQUIVALENTES AO TITULO DE TÉCNICO SUPERIOR OU DESDE FORMACIÓNS DECLARADAS HOMOLOGADAS AO TÍTULO DE TÉCNICO DEPORTIVO SUPERIOR,

A efectos de ordenar, cando sexa necesario, as solicitudes de admisión a estudos universitarios de grao, serán consideradas despois do resto das

1solicitudes. Cando o acceso sexa equivalente especificamente a un título de Técnico Superior concreto, se establecerá unha adscrición preferente mediante a adscrición ás ramas de coñecemento ás que está adscrito o título ao que fora declarado equivalente ou homologado.

A nota de admisión se calculará como a nota media que figura no expediente do solicitante.

3º PARA A ADMISIÓN A ESTUDOS OFICIAIS DE GRAO NO CURSO 2010- 2011 DESDE OS TÍTULOS DE TÉCNICO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL OU TÉCNICO SUPERIOR DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO REGULADOS POLA LEI ORGÁNICA 1/1990 DE 3 DE OUTUBRO

A nota de admisión se calculará igual que os titulados LOE. Polo tanto os estudantes que queiran acadar a cualificación da ponderación precisan entregar un certificado similar aos titulados de Formación profesional LOE.

4º PARA A ADMISIÓN A ESTUDOS OFICIAIS DE GRAO NO CURSO 2010- 2011 DESDE OS TÍTULOS GRADUADO EN ARTES PLÁSTICAS CORRESPONDENTES AOS ESTUDOS REGULADOS POLO DECRETO 2127/1963 DE 24 DE XULLO, OU AOS PLANS EXPERIMENTAIS DESENVOLTOS POLO RD 799/1984 DE 18 DE MARZO E 942/1986 DE 9 DE MAIO, EQUIVALENTES AOS TÍTULOS DE TÉCNICO SUPERIOR DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO DA LEI ORGÁNICA 2/2006 DE EDUCACIÓN.

A efectos de ordenar, cando sexa necesario, se establece un acceso preferente mediante a adscrición dos títulos equivalentes ás ramas de coñecemento dos graos.

A nota de admisión se calculará como cualificación final da reválida, ou no seu caso cualificación final do ciclo formativo das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, e a ponderación das dúas mellores cualificacións das materias dos cursos de especialidade, quedando exceptuada a materia de Dereito Usual. A efectos de ponderación os estudantes precisan entregar un certificado coas dúas mellores cualificacións das materias dos cursos da especialidade.

5º PARA A ADMISIÓN A ESTUDOS OFICIAIS DE GRAO NO CURSO 2010- 2011 DESDE OS TÍTULOS GRADUADO EN ARTES PLÁSTICAS CORRESPONDENTES AOS ESTUDOS REGULADOS POLO DECRETO 2127/1963 DE 24 DE XULLO, OU AOS PLANS EXPERIMENTAIS DESENVOLTOS POLO RD 799/1984 DE 18 DE MARZO E 942/1986 DE 9 DE MAIO, EQUIVALENTES AOS TÍTULOS DE TÉCNICO SUPERIOR DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO DA LEI ORGÁNICA 2/2006 DE EDUCACIÓN.

 

A efectos de ordenar, cando sexa necesario, se establece un acceso preferente mediante a adscrición dos títulos de cada un dos títulos de Perito e graduado en Cerámica, segundo a familia profesional á que pertence o título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ao que se declara equivalente na Orden de 14 de maio de 1999, ás ramas de coñecemento en que se estruturan as ensinanzas universitarias de grao.

A nota de admisión se calculará como nota media das ensinanzas de cerámica e a ponderación cando sexa o caso das dúas mellores cualificacións das materias dos cursos de especialización. A efectos de ponderación os estudantes precisan entregar un certificado coas dúas mellores cualificacións das materias dos cursos de especialización.

6º PARA A ADMISIÓN A ESTUDOS OFICIAIS DE GRAO NO CURSO 2010- 2011 DESDE OS TÍTULOS DE PERITO EN CERÁMICA ARTÍSTICA E PERITO EN TÉCNICA CERÁMICA, EXPEDIDOS AO AMPARO DO DECRETO DE 18 DE FEBREIRO DE 1949 E TÍTULO DE GRADUADO EN CERÁMICA CONFORME Á ORDE DE 10 DE XUÑO DE 1984, EQUIVALENTES AOS TÍTULOS DE TÉCNICO SUPERIOR DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO DA LEI ORGÁNICA 2/2006 DE EDUCACIÓN.

A efectos de ordenar, cando sexa necesario, se establece un acceso preferente mediante a adscrición dos títulos de cada un dos títulos de Perito e Graduado en Cerámica, segundo a familia profesional á que pertence o título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ao que se declara equivalente na Orden de 14 de maio de 1999, as ramas de coñecemento en que se estruturan as ensinanzas universitarias de grao.

A nota de admisión se calculará como nota media das ensinanzas de cerámica e a ponderación cando sexa o caso das dúas mellores cualificacións das materias dos cursos de especialización. Os estudantes precisan entregar a efectos de ponderar un certificado coas dúas mellores cualificacións das materias de un certificado coas dúas mellores cualificacións das materias dos cursos de especialización.

7º PARA A ADMISIÓN A ESTUDOS OFICIAIS DE GRAO NO CURSO 2010- 2011 DESDE OS TÍTULOS TÉCNICO DEPORTIVO SUPERIOR, EXPEDIDOS AO AMPARO DO DECRETO DE 19 DE DECEMBRO DE 1997 POLO QUE SE CONFIGURAN COMO ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL AS CONDUCENTES A OBTENCIÓN DE TITULACIÓNS DE TÉCNICOS DEPORTIVOS E SE APROBAN AS CORRESPONDENTES ENSINANZAS MÍNIMAS EQUIVALENTES AOS TÍTULOS DE TÉCNICO SUPERIOR DA LOE

A nota de admisión se calculará como nota media final do Grao Superior e a ponderación cando sexa o caso das dúas mellores cualificacións das materias dos módulos dos que se compoñen o bloque común e específico do título e Técnico Deportivo Superior. A efectos de ponderación os estudantes precisan entregar un certificado coas dúas mellores cualificacións das materias dos módulos dos que se compoñen o bloque común e específico do título e técnico deportivo superior.

Convocadas as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

Probas de acceso a ciclos de grao superior.
Xa hai prazo de inscripción as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior: do 18 ao 29 de xaneiro de 2010.

Consultar neste enlace

Para acceder á Universidade desde Bacharelato ou Ciclos Superiores

Requisitos para as Probas de acceso a Universidade para alumnos/as de Bacharelato e de Ciclos Formativos

Distribuir contido


by Dr. Radut