Os alumnos poderán presentar solicitudes para as exencións e validacións seguintes:
EXENCIÓN DE LINGUA GALEGA
|
Requisitos para a obtención da exención temporal.
O alumnado procedente doutras comunidades autónomas ou dun país estranxeiro que se incorpore ao sistema educativo de Galicia en educación secundaria obrigatoria ou bacharelato poderá obter una exención temporal da cualificación das probas de avaliación da materia de lingua galega durante un máximo de dous cursos escolares consecutivos. DOG: nº 34 do 10/02/14
Presentación de solicitudes.
A exención solicitarase para cada ano académico de permanencia na Comunidade Autónoma de Galicia e os seus efectos limitaranse ao citado ano, sen que se poidan conceder máis de dous cursos escolares.
|
Prazos que os alumnos teñen para presentar a solicitude
|
O prazo para a ESO será do 1 de setembro ata o 5 de outubro de cada ano.
O prazo para o Bacharelato será do 1 de setembro ata o 20 de outubro de cada ano.
|
Cando se trate dun alumno/a con traslado de matrícula viva, procedente dun centro doutra comunicade autónoma ou do estranxeiro, o prazo de presentación da solicitude será de vinte días seguintes á incorporación.
|
Documentos a presentar:
Xunto coa solicitude deberá presentarse unha copia do DNI. O impreso de solicitude pódese recoller na Secretaría do Centro ou na seguinte ligazón: https:// sede.xunta.es A referida solicitude irá asinada polo alumno/a solicitante, polo seu pai/nai/titora ou pola persoa que te a a súa representación legal, se é menor de idade, e nela exporanse as razóns polas que se solicita a exención.
|
DISPENSAS DE EDUCACIÓN FÍSICA
|
O alumnado de Ensinanza Secundaria e do Bacharelato que teña algunha imposibilidade física, que non lle permita a práctica da materia, presentará unha Certificación Médica Oficial na que se expecificará os ejercicios que non pode realizar o alumno así como o tempo de dispensa. En todo caso, a dispensa aplicarase, exclusivamente ás clases prácticas.
|
O impreso de solicitude pódese recoller na Secretaría ou nesta ligazón.
|