Skip to Content

Seguro escolar

Para que serve o Seguro Escolar?

Nesta páxina saberás para que serve o Seguro Escolar que pagas cando te matriculas no Instituto.

O seguro escolar ten por finalidade a protección do estudiante contra circunstancias adversas, fortuítas e previsibles.

 

Máis información

Se precisas máis información, podes poñerte en contacto co Instituto Nacional de Seguridade Social (INSS), ou ben chama ó teléfono gratuíto 900166565, ou a través do enlace da páxina web: http://www.seg-social.es

 

Beneficiarios/Requisitos

Persoas protexidas:

Están incluídos no campo de aplicación do Seguro Escolar tódolos estudiantes españois menores de 28 anos que cursen, en España, os seguintes estudios:
- 3º e 4º ESO.
- Bacharelato.
- Formación Profesional, grao medio, superior.
- Programas de garantía social.
- Outros estudios: véxase http://www.seg-social.es

Quedan, asimesmo, incluídos no ámbito protector deste seguro, os estudiantes nacionais dos Estados membros da Unión Europea e do Espacio Económico Europeo e, en xeral, tódolos estudiantes estranxeiros residentes nas mesmas condicións que os españois, sempre que cursen os citados estudios en España e ata a idade de 28 anos.

Requisitos xerais:

- Ter menos de 28 anos, se ben o Seguro Escolar cubrirá todo o ano no que o estudiante cumpra a dita idade.
- Ser español ou estranxeiro que resida legalmente en España.
- Estar matriculado en España nalgún dos estudios citados no apartado anterior.
- Ter aboada a cota correspondente ó Seguro Escolar.

 

Riscos cubertos

O accidente escolar:

Considérase accidente escolar toda lesión corporal que sufra o asegurado con ocasión de actividades directa ou indirectamente relacionadas coa súa condición de estudiante, incluidas as deportivas, asembleas, viaxes de estudios, de prácticas e similares, sempre que estas actividades estivesen organizadas polos Centros de ensinanza.

Distribuir contido


by Dr. Radut