|
Onte tivo lugar no noso Centro o acto central da celebración do 50 aniversario do IES Sofía Casanova.
O acto foi presentado por Álvaro Gutiérrez, alumno do centro, e contou coa participación do grupo de cámara formado por Andrea Trillo, Inés Amarelo, Sabela Huges e Carolina Rosario que interpretaron "Divertimento" de Haydn. Laura Suárez, directora do centro abriu as intervenciòns e, a continuación, Mari Carmen Díaz, presidenta da Ampa, o Alcalde de Ferrol, José Manuel Rey que lembrou a súa estancia como estudiante no instituto, e o Secretario Xeral de Política Lingüistica, Valentín García, expuxeron diversos aspectos do pasado do instituto e dos seus desexos para o futuro, así como os parabéns para toda a comunidades educativa. A lección maxistral estivo a cargo de Ana Romero Masiá, exdirectora do centro, presentada por Ángeles Doce; o título "De Camilo a Sofía" xa anticipaba a que sería unha amena reflexión sobre a historia do Sofía a través das experiencias compartidas. A proxeción dun documental realizado por alumnos e alumnas co apoio do profesorado e de Gaitafilms, e a actuación do grupo Raparigos, que conta entre os seis compoñentes con Juan Silvar, ex director do instituto, pecharon este entrañable acto.
O "Diario de Ferrol" e "La Voz de Galicia", na súas edicións de hoxe, recollen o evento.
|