Skip to Content

Novas

Escolarización para o curso 2017-2018

   

      Rematado o prazo de entrega de solicitudes para a escolarización do ano académico 2017-2018, informamos a todos os solicitantes de todos os cursos e niveis, que non será necesario entregar na Secretaría os documentos acreditativos dos criterios alegados por quedar prazas vacantes.

     

Oferta educativa para o curso 2024-2025

OFERTA  EDUCATIVA

    ESO     

  1º Bacharelato  

  2º Bacharelato  

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas extranxeiras

   

     Orde do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

    · O prazo para a presentación de solicitudes será do 28 de febreiro ata o 27 de marzo (incluído).

    · A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

Procedemento de admisión de alumnado para o curso 2017-2018. Prazas vacantes

       

    Relación de prazas vacantes para o vindeiro curso 2017-2018:

ESO:

           1º Curso:   15 prazas.

           2º Curso:   15 prazas.

           3º Curso:   8 prazas.

           4º Curso:   4 prazas.

BACHARELATO:

           1º Curso:  68 prazas.

           2º Curso:  40 prazas.

Un Sofia máis solidario en Nadal

 

    Durante estas dúas últimas semanas, estamos a desenvolver no centro diversas actividades para recadar fondos que serán doados a entidades sen ánimo de lucro, como a Cociña económica, que axudan a familias con necesidades.

   Como estes anos atrás, podedes atopar na entrada do centro un lugar habilitado no cal deixar os vosos víveres ou útiles de aseo para a recollida solidadia que organiza a AMPA.

   Ao lado, na mesa que está xunto ás fiestras de administración, os departamentos de Economía e Xeografía e Historia teñen exposto o seu mercado solidario. Este mercado solidario está formado polos obxectos que doaron os alumnos e alumnas do instituto.

 

Datas relevantes do Calendario Electoral. Consello Escolar (II)

 

    - Prazo de presentación de candidaturas: do 4 ó 15 de novembro.
    - Admisión de candidaturas, aprobación de censos e papeletas e sorteo público de mesas: o 16 de novembro.
    - Comenzo das campañas electorais: o 17 de novembro.
    - Votación de tódolos sectores: o 28 de novembros.
                               Nais, pais, titores, de 16:30 a 19:30
                               Persoal non docente:  de 12 a 14:30
                               Alumnado: Na aula durante o horario lectivo.
                               Profesorado: 10:10
    - Reunión da xunta electoral para a proclamación dos candidatos electos: 30 de novembro

Eleccións ó Consello Escolar (I)

    Coa publicación, o martes 4 de outubro de 2016, no Diario Oficial de Galicia da resolución conxunta do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, deu comenzo o proceso de renovación dos Consellos Escolares.

 

   Este ano corresponde facer a renovación bianual dos compoñentes do Consello Escolar do centro. Hai que renovar 1 representante do persoal non docente, 3 de alumnos, 1 de pais e 4 de profesores.

    Como primeiro paso do proceso procederase ó sorteo para a elección da Xunta Electoral, que ten como misión supervisar o proceso.

    Ese sorteo será público e terá lugar na Biblioteca do centro o venres día 28 de outubro ás 12:10.

O Equipo Directivo quere animar á participación tanto na presentación de candidaturas como no proceso de elección  para que toda a comunidade educativa poida participar na boa gobernanza  do centro.

Premios extraordinarios de bacharelato

 

    O diario oficial de Galicia correspondente ó 24 de outubro ven de comunicar a concesión do premio extraordinario de bacharelato á alumna deste centro, María Luísa Cal Fraga.

   ¡¡¡Parabéns María!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut