Skip to Content

Novas

Entrega dos boletíns de cualificacións

 

    O mércores 28 de xuño ás 11.00 h, entregarase o boletín de cualificacións.

    O alumnado que participou no fondo de libros da Xunta deberá entregar nese momento os libros.

Datas de matrícula para o curso 2017-2018

x luns martes  mércores  
    xoves  
 venres 
sábado domingo      

u

19 20 21 22 23 24 25      

ñ

o

26

Colexio
Ponzos

27

Colexio
Esteiro

28
Colexio
Recimil
e 1ºESO

29 30 1 2

 

x

 

▪ O horario de oficina para
  formalizar   a matrícula
  é de 9.00 a 13.00 horas.

  3
2º ESO
4
3º ESO
5
4º ESO
6
1º Bach
7
2ºBach
8 9

u

ll

 

   SEGURO ESCOLAR: O importe do mesmo é de 1,12 € e procederase o seu abono no momento de formalizar a matrícula. Os alumnos de 1º e 2º de ESO non pagan seguro.

  10 11 12 13 14 15 16 o    Ver en pdf

Premios extraordinarios de Bacharelato

   

    O día 4 de maio, publicouse no DOG a Orde do 24 de abril de 2017 pola que se convocan os premios expraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2016-2017.

    A estes premios pode optar o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2016/17 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, que fose proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

    Hai vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 20.000 euros. Cada premio estará dotado con 1.000 euros.

    O prazo de presentación de solicitudes remata o 05/06/2017.

                                       máis información

Reunión informativa - Oferta educativa

   

     O día 29 de maio terá lugar no salón de actos do centro una reunión para informar ás familias sobre a oferta educativa do centro para o curso 2017/2018.

         - ás 16:30 horas, oferta educativa de 4º ESO, dirixida as familias do alumnado que actualmente cursa 3º de ESO

        - ás 17:30 horas, oferta educativa de 1º de Bacharelato, dirixida as familias do alumnado que actualmente cursa 4º de ESO

Axudas para a adquisición de material escolar

   

     Abrese o prazo para solicitar as axudas á compra de libros de texto e material escolar ou acceder ao fondo público

    1-  As familias dispoñen de prazo ata o 23 de xuño para presentar nos centros educativos as correspondentes solicitudes.

    2- Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado nos catro cursos de ESO de centros sostidos con fondos público.

    3- A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

                    máis información e descarga de solicitudes

Graduación 2017

   

   O venres, 19 de marzo, ás 19.00, tivo lugar no salón de actos do centro o acto de graduación de 2º Bacharelato do IES Sofía Casanova (Promoción 2017). A promoción foi amadriñada pola periodista Antía Díaz Leal, alumna do centro no ano 1996.

    O acto académico, no que estiveron presentes familiares do alumnado e profesores do centro, foi presentado por Elena García Urbano e Sergio Gómez Vieira (alumnos de 2º A e B, respectivamente). Comezou ás 19.00 cun vídeo elaborado por Carlota Lázaro, alumna de 2º D. Continuou coa entrega de orlas aos alumnos, por parte da madriña da promoción, a directora do centro e os titores dos grupos. Seguiu cos discursos, a cargo da periodista Antía Díaz -como madriña da promoción-, os alumnos Sabela Díaz Bastida (2º C) e Alejandro Barbeito (2º B) -en representación do alumnado-, e a directora do centro, Teresa Sebio. Rematou o acto cun vídeo elaborado por Diego Pereda (2º B), a partir de material multimedia achegado por todos os alumnos.

Proximamente estarán nesta web os enlaces aos vídeos e as fotos do acto académico.

Procedemento de reclamación das cualificacións de 2º de Bacharelato

       Comunícase que está dispoñible no portal educativo reclamacionsbacharelato,  a Circular 2/2017 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2016/2017.

Listaxes de alumnado admitido para o curso 2017-2018

   

 No arquivo adxunto pódense ver as listaxes do alumnado admitido para o curso 2017-2018

Distribuir contido


by Dr. Radut