You are hereActividades

Actividades


Visita á exposición fotográfica MUROS de Gabriel Tizón e roteiro Carvalho Calero

O pasado día 27 de novembro, os alumnos de 3º ESO participamos nunha actividade que en parte está enmarcada dentro do Proxecto Irmandade de Anduriñas.

Divididos en dous grupos, realizaron unha visita guiada a unha exposición de Gabriel Tiizón, MUROS, na que, a través das imaxes, puideron poñerse na pel de persoas que teñen que abandonar a súa terra por circunstancias terribles: guerra, fame, xenocidio,....

O medo, a miseria, a desolación, o cansazo... combinábase coa esperanza, a constancia, o tesón... de mulleres, homes e nenos.

A continuación realizamos un roteiro seguindo os pasos que deu pola nosa cidade o escritor ferrolán Carvalho Calero, que nos permitiu repasar a súa traxectoria literaria, sempre unida á historia de Ferrol, tan interesante e ás veces esquecida.

VISITA A PONTEVEDRA 2015

O martes día 15 de decembro os alumnos de 4º ESO viaxaron a Pontevedra para visitar o Museo Provincial, especialmente as salas de prehistoria e as salas de Castelao nas que se aproximaron á súa obra gráfica.

Tamén realizaron un roteiro pola vila, gozando das súas rúas, soportais e fermosas prazas, mentres unha guía lles explicabsa a historia da cidade e dos seus monumentos.

Maila choirva, foi un día interesante.

CLUB DE LECTURA

O martes día 24 de novembro,ás catro da tarde na Biblioteca do Centro  tivo lugar unha  nova xornada de Club de lectura, organizada polos  Departamentos de Dinamización e  Vicedirección.
Numerosos alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º e 2º de BACH compartiron reflexións e opinións  sobre o libro coa participación de Victoria , Carme, María  Ríos,  Mª José Beceiro e Corona. E coa colaboración de Mª Xosé Martínez e Mª José Meizoso. 
Nesta ocasión   A obra Que me queres amor serviunos  para facer unha viaxe  universal sen nos mover da nosa terra. Un percorrido polos sentimentos, polas pequenas vivencias de xente corrente     na súa  vida cotiá,sobre todo na súa relación con outros seres humanos.
 Como na vida mesma, no periplo vital desta xente, mestúrase ,  a mágoa, a soidade e o medo co amor  tenrura e en ocasiòns a ironía e tamén a presenza do elemento máxico presente en moitos dos relatos.

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL E MUSEO DE CIENCIAS NATURAIS

 O pasado 12 de decembro os alumnos de 2º de ESO fixeron unha visita ,á Biblioteca Municipal  e ao Museo Galego de Historia Natural  de Canido.

 Foi unha maña moi interesante e divertida á vez que didáctica.E aínda que pareza mentira moitos rapaces non coñecían estes espazos malia telos tan preto das súa casas.  

 

VIDEOCONFERENCIA DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Con motivo da celebración do VI Día da Ciencia en Galego, o mércores 4 de novembro participamos, xunto con outros centros de toda Galicia, nunha videoconferencia organizada pola Coordinadora Galega de ENDL. Baixo o título de A máquina que constrúe a mente e a realidade,  Xurxo Mariño Alfonso ( biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas e profesor do Dep. de Medicina da Universidade da Coruña) aproximou ao alumnado de 4º de ESO a realidade e complexidade da nosa mente. Puideron facerlle preguntas a través de twiter.

OBRA TEATRAL "CHÁMOME SULLEIMAN"

No marco do proxecto Irmandade de Anduriñas , o alumnado de 4º ESO asistiu á representación da obra dramática Me llamo suleimán, no teatro Jofre . Partindo do TIL (Tratamento Integrado de Linguas), aprendemos a elaborar unha crítica teatral en galego (tras ler varias en portugués) e todos coinciden en valorar a obra como absolutamente conmovedora e engaiolante, pois combina as últimas tecnoloxías de iluminación e proxección coa tráxica historia dun rapaz inmigrante africano. No próximo número da revista poderedes ler algunha desas críticas e a entrevista que lle imos facer á actriz protagonista.

RECITADO POÉTICO. IRMANDADES DE ANDURIÑAS

         Os alumnos de 4º de ESO  do IES Saturnino Montojo participamos nun recitado poético, xunto cos compañeiros do Sofía Casanova, do Concepción Arenal e do Carballo Calero.

       Este curso no noso  centro, o  proxecto de dinamización leva  o nome de Irmandades de Anduriñas, pois queremos empregar a nosa lingua para aproximarnos con ela ao mundo que nos rodea. Neste caso imos a abordar  un tema moi  antigo e asemade moi actual, e moitas veces mal entendido: o dos movementos migratorios de onte a hoxe.