You are hereCLUB DE LECTURA
CLUB DE LECTURA
O martes día 24 de novembro,ás catro da tarde na Biblioteca do Centro tivo lugar unha nova xornada de Club de lectura, organizada polos Departamentos de Dinamización e Vicedirección.
Numerosos alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º e 2º de BACH compartiron reflexións e opinións sobre o libro coa participación de Victoria , Carme, María Ríos, Mª José Beceiro e Corona. E coa colaboración de Mª Xosé Martínez e Mª José Meizoso.
Nesta ocasión A obra Que me queres amor serviunos para facer unha viaxe universal sen nos mover da nosa terra. Un percorrido polos sentimentos, polas pequenas vivencias de xente corrente na súa vida cotiá,sobre todo na súa relación con outros seres humanos.
Como na vida mesma, no periplo vital desta xente, mestúrase , a mágoa, a soidade e o medo co amor tenrura e en ocasiòns a ironía e tamén a presenza do elemento máxico presente en moitos dos relatos.