You are hereActividades
Actividades
Andrea Maceiras falou aos alumnos de 1ª de ESO do seu libro «Volverás, golfiño» no IES Saturnino Montojo
O xoves, 17 de marzo, a escritora Andrea Maceiras visitou o noso instituto para compartir cos alumnos de 1º de ESO a súa novela Volverás golfiño. Dúas alumnas fixeron a súa presentación, a continuación ela desvelou todas as claves da historia cunha lectura orixinal e amena ,que acompañou cunha bonita presentación. Tras unha intensa rolda de preguntas e respostas, a autora asinou os libros con moita orixinalidade e paciencia.
Un grupo de alumnos e alumnas fixo unha interesante entrevista para a Revista Nós, Tamén que esperemos vos guste.
ACTIVIDADE SOBRE A CONTRIBUCIÓN FEMININA Á NOVELA MODERNA
No marco do programa DONAS DE SI, desenvolveuse no noso instituto a actividade “A contribución feminina á creación da novela moderna. Virxinia Woolf: Un cuarto propio”.
Alumnos e alumnas de 1º de BACH fixeron unha magnífica presentación dirixida a un grupo de 3º de ESO. Entre todos reflexionaron sobre a exclusión das mulleres do mundo da literatura ata case o século XX e as causas que provocaron esta situación. Preme no link para ver a presentación.
CHARLA SOBRE TRASTORNOS ALIMENTICIOS E ANOREXIA
O día dous de febreiro tivo lugar no Centro Unha nova actividade encadrada nos proxectos NÓS TAMÉN SOMOS ELAS E DONAS DE SI .
Foi unha grande satisfacción contar para esta actividade con dúas ex alumnas do noso centro para colaborar connosco nos proxectos. Trátase de Ana Mozo que na actualidade cursa 6ºe Medicina e Lucía Trigo que finalizou a carreira de Psicoloxía e está especializada nos transtornos alimentarios.
Ana e Lucía, como moitos outros exalumnos seguen colaborando co Equipo de Dinamización,abrindo oinstituto ao mundo exterior, ao que axiña chegaran os nosos alumnos.Elas expuxeron un tema, que aínda de forma máis sutil que os malostratos, a discriminación laboral,o tráfico de mulleres.... é unha variante máis de atentado contra a dignidade de moitas mulleres e tamén dalgúns homes. Falaron de transtornos alimenticios que matan, cando a sociedade trata de impoñer insistentemente o estereotipo de muller delgada, perfecta, irreal, imposible..... Na busca deste camiño moitas rapazas caen nas redes da anorexia e a bulimia .
O relatorio resultou moi didáctico e os alumnos e alumnas seguírono con moito interese.
O ESCRITOR FRANCISCO CASTRO VISITA O NOSO INSTITUTO
O día 12 de xaneiro o escritor Francisco Castro acudiu ao instituto para falar e compartir reflexións cos alumnos que realizaron a lectura dalgunha das súas obras.
No primeiro relatorio falou cos alumnos de 2º ESO sobre o seu libro de relatos O nono can; no segundo, compartiu impresións cos alumnos de 3º e 4º ESO sobre a súa novela O corazón da Branca de neve.
Os relatorios foron moi interesantes, pois Francisco Castro ademais dun gran escritor, é un home sensible, ameno e divertido, qu se dirixe aos rapaces con moita naturalidade e sentido do humor.
Malia qu os dous libros son ben distintos, teñen en común os obxectivos que Francisco di que persegue cando se dedica á literatura: contar historias qu axuden ao lector a coñecer realidades novas, descoñecidas e que sirvan para empatizar con seres humanos en situacións complicadas, que enganchen aos lectores para que gocen coa lectura e que axueden a cambiar o mundo.
INSTALACIÓN ARTÍSTICA NA FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA: NAMORANDO DE FERROL
O proxecto Namorando de Ferrol vai vento en popa, e nunca mellor dito, porque a instalación artística formada en parte polos centos de barquiños construídos no estaleiro Saturnino Montojo está sendo todo un éxito. Oxalá sexa unha premonición e axiña os estaleiros da nosa vila se enchan de pedidos, e os barquiños xa non sexan de papel. Tamén podedes seguir a noticia no Diario de Ferrol dixital.
O Departamento de Dinamización felicita a Montse, a Alberto, a Fran , ao equipo directivo e a todos os rapaces que coa súa contribución fixeron posible esta actividade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- seguinte ›
- última »