You are hereRECITADO POÉTICO. IRMANDADES DE ANDURIÑAS

RECITADO POÉTICO. IRMANDADES DE ANDURIÑAS


         Os alumnos de 4º de ESO  do IES Saturnino Montojo participamos nun recitado poético, xunto cos compañeiros do Sofía Casanova, do Concepción Arenal e do Carballo Calero.

       Este curso no noso  centro, o  proxecto de dinamización leva  o nome de Irmandades de Anduriñas, pois queremos empregar a nosa lingua para aproximarnos con ela ao mundo que nos rodea. Neste caso imos a abordar  un tema moi  antigo e asemade moi actual, e moitas veces mal entendido: o dos movementos migratorios de onte a hoxe.

        Escollemos  un feixe de poemas que nos axudan  a reflexionar sobre o sufrimento das persoas que se viron ou se ven hoxe obrigadas a abandonar a súa terra. Os galegos sabemos desde hai séculos o significado da palabra emigración forzosa, da morriña pola terra, do abandono,  da soidade.

        Os recitadores - Álvaro Dopico, Cristian Delgado, Cristina Fernández, Fátima Maarrau, Antía Prol, Ainoa García, Sara Pico, Lucía Rico, Inés Bouza, Lucía Cancelo, Rocío Carpintero, Ricardo Lara, Cristina Porcel, Marcos e Daniela Flórez – e os músicos -Iago García, Mario Rodríguez, Hugo Paz, Sharon Arroyo- actuaron magnificamento e transmitiron moita emoción. Parabéns a todos e todas.

 

Etiquetas