You are hereActividades
Actividades
GAÑADORES NA FASE LOCAL DO CLUB DEBATE
1. Un novo éxito do Club debate énchenos de satisfacción e danos forzas para proseguir coa seguinte fase. O traballo previo ao debate xa facía que os rapaces que forman parte do equipo fosen gañadores. O esforzo, a entrega realizada, os recreos perdidos, a súa cohesión como equipo, o compañeirismo, a súa xenerosidade cos rivais… eran máis que suficientes para nós. As preparadoras xa considerabamos a experiencia como un triunfo. Pero se ademais se gaña, a satisfacción non pode ser maior.Podedes seguir a noticia no Diario de Ferrol.com.
Moitas grazas a todos os membros da Comunidade Educativa que contribuístes coa vosa axuda, esperamos seguir contando con vós para a seguinte fase que xa está en preparación.
ACTIVIDADE RECENTE DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Xa levamos dous meses de curso e o Equipo de Dinamización lingüística realizou varias actividades cos alumnos de distintos niveis:concerto, teatro, recitado, videoconferencia. Os resultados foron moi satisfactorios.
- Día da Ciencia en Galego.
O día 12 de outubro case todos os alumnos de 1º de BAC participaron nunha videoconferencia titulada: Como medir tamaños e distancias da Terra a Lúa e o Sol. Ademais das interesantes aprendizaxes transmitidas, resultou moi emocionante formar parte dunha arañeira de 88 colexios e institutos que en tempo real estaban en contacto co Doutor en Física e Catedrático do Departamento de Física Aplicada da USC. Despois dunha lección maxistral ilustrada con interesantes presentacións, abriuse un debate no que os colexios formulaban dúbidas, agradecementos. E todas eran contestadas polo relator.
Unha experiencia moi enriquecedora e con moito futuro.
- Recitado no Carvalho Calero.
Como vén sendo habitual desde hai anos, os alumnos do IES Saturnino
CERTAME DE COCACOLA EN LINGUA GALEGA
O alumno José María Grande Santalla de 2º ESO A pasou á seguinte fase do certame de Cocacola en lingua galega, xunto con outros cinco alumnos doutros centros de Ferrol. Terá que acudir a un acto de entrega de premios en Lugo e alí coñecerá en qué posto quedou. Parabéns José María.
ALUMNOS DO CENTRO PARTICIPAN NA CAMPAÑA "GÚSTAME O GALEGO"
Os alumnos do centro participaron na campaña Gústame o Galego para crear un lema. En todos os cursos os alumnos colaboraron na tarefa de buscar un lema orixinal, creativo, con forza...
O lema GÚSTAME SOÑAR EN GALEGO E ESPERTAR CUN "BO DÍA" de Antón Dopico de 4º de ESO e GÚSTAME QUE NON NOS ROUBE A LINGUA O GATO de Francisco Larrañaga de 1º de BAC foron seleccionados para o photolook que tivo lugar no Cantón no transcurso da Feira do Libro. Velaí unha mostra:
GRANDE ÉXITO NA FINAL GALEGA DO CLUB DE DEBATE
O equipo de debate do noso centro demostrou unha vez máis a súa extraordinaria capacidade para a argumentación e a exposición dos seus puntos de vista, proclamándose campión, xunta co equipo do CPI de Rois, na final galega da II Edición do Club de Debate, celebrada o sábado 4 de maio en Santiago. Parabéns para todo o equipo, alumnos e profesoras.
Asistencia á representación “Memorias dun neno labrego” de Cándido Pazó da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil
Asistencia á representación “Memorias dun neno labrego” de Cándido Pazó da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil no Pazo da Cultura de Narón.
ORGANIZA: Departamento de Língua Galega e Normalización Lingüística.
ALUMNADO PARTICIPANTE: 3º ESO.
DATA: 8 de novembro de 2012.
Preme no link para descargar a autorización para poder asistir.
Asistencia ao Concerto Homenaxe “Celso Emilio Ferreiro” no teatro Jofre de Ferrol
ORGANIZA: Departamento de Normalización Lingüística.
PROFESORADO ACOMPAÑANTE: Mª Xosé Martínez, Antonio Ramil, Mabel Martínez.
ALUMNADO PARTICIPANTE: 1º ESO.
DATA: 16 de novembro de 2012.
Pica no link para descargar a autorización.
CLUB DEBATE MONTOJO 3º ESO
Un grupo de alumnos de 3º ESO está a participar nun Club de Debate organizado polos concellos de Ferrol, Santiago, Ames, Teo, Rois, A Coruña, Carballo, Betanzos, Carral, Pontevedra e Vigo.
A Competición terá varias fases. A primeira terá lugar o día 24 de marzo en Ferrol, e o tema obxecto de debate será: A democracia garante a participación cidadá. Preme no link para obter máis información sobre o evento.
Estancia en Allariz dos alumnos de 3º ESO os pasados 20 e 21 de maio
Aquí están as imaxes da estancia en Allariz dos alumnos de 3º ESO, organizada polo Departamento de Normalización Lingüística do centro. Se queres ver unha reportaxe máis ampla, preme na ligazón.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15