You are hereActividades
Actividades
CAMIÑOS MATEMÁTICOS
O día 12 de Maio celébrase o Día Nacional das Matemáticas Escolares, e para celebralo, os alumnos de 1º de ESO realizaron unha sesión de xogos matemáticos na Biblioteca. Organizados en grupos e dirixidos por Cristina, coa colaboración doutros profesores, tiveron que empregar moito inxeño, rapidez e concentración. Nos grupos a solución íase atopando con diálogo, cooperación, razoamento e competitividade. Unha xornada moi lúdica pero tamén moi didáctica.
Club de Lectura: El señor del cero 09/05/2017
Nós, tamén camiñamos polas Matemáticas.
Os alumnos de 1º de ESO participaron nunha sesión do Club Debate para compartir o libro de Isábel Molina El señor del cero. Cristina, a profesora de Matemáticas, dinamizou a sesión na que descubrimos a historia do número cero e a súa importancia nas Matemáticas e nas nosa vidas.
Tamén a novela, a presentación e os breves vídeos proxectados serviron para reflexionar sobre a historia, os mosteiros medievais, a toleracia / intolerancia…
Foi unha sesión moi interesante e orixinal.
Poesía e Imaxe: En galego sen filtro
Un ano máis dous alumnos do noso instituto foron seleccionados no Certame Poesía e Imaxe: en galego sen filtro.
A nosa lingua é o vehículo que nos achegou a unha selección poemas da Literatura Universal para convertelos nunha obra plástica en calquera modalidade. A poesía, a imaxe, a realidade multilingüe no mundo e a creatividade son os ingredientes deste interesante Certame.
D. Quijote e Sancho Panza polos camiños da Mancha. 04/05/2017, 05/05/2017 e 09/05/2017
Seguimos celebrando a Semana do Libro con interesantes exposicións dos alumnos de 1º de BAC que percorren o camiño de D. Quijote de la Mancha....
Hugo realizou unha interpretación da obra cervantina na que contrapuxo o camiño de don Quijote co dos heroes dos libros de cabalerías.
Un grupo de 1º de BAC B percorreu os espazos que aparecen na obra e camiñou pola súa gastronomía. Alumnas de 1º de BAC A falaron do papel das mulleres na novela.
Faladoiro: Polos camiños dos libros. 26/04/2017 e 28/04/2017
o gallo da celebración da Semana do libro, tivo lugar na Biblioteca un faladoiro sobre os libros e a lectura.
Resultou moi interesante este faladoiro polas diferentes opinións sobre o que a lectura pode achegar á vida das persoas, sobre os hábitos de lectura e os comentarios do alumnado sobre as lecturas escolares.
Tamén compartimos os libros favoritos, os que nos deixaron marca, os que non demos lido....
Sen dúbida os faladoiros están dando o seu froito e flúen as opinións de xeito cada vez máis espontáneo.
Obradoiro de portugués 19/04/2017
Un curso máis por iniciativa do Equipo de Dinamización Lingüística en colaboracion co Equipo de Biblioteca, celebrouse no Instituto un obradoiro de achegamento a lusofonía na Biblioteca do Centro.
Os alumnos de 3º de ESO, dun xeito ameno e interactivo, levaron a cabo unha serie de prácticas que os achegaron á lingua portuguesa e lles abriron as portas ao interesante e amplo mundo da lusofonía do que tamén forma parte a nosa lingua galega.
Fálame da emigración: o valor da experiencia. 2º encontro. 07/04/2017
O día 7 tivo lugar na Fundación ABANCA o segundo encontro interxeracional dun grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO cos maiores que viviron a emigración. A xornada tivo moito que ver co valor da experiencia e foi moi enriquecedor o intercambio de vivencias entre varias xeracións.
O conxunto desta actividade, primeiro no instituto e logo nas estupendas instalacións da Fundación ABANCA, foi un auténtico mestrado en camiños de vida para o alumnado e o profesorado participante.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »