You are hereActividades
Actividades
VISITA DA ESCRITORA MARÍA CANOSA. Camiñamos polos libros.
día 9 de xuño a escritora María Canosa compartiu cos alumnos de 1º de ESO o seu libro O neno inverno. Tras unha pesentación realizada polos propios alumnos, María falou da fermosa historia que se conta no libro e da súa experiencia ao escribilo.
Rematou asinando os libros dos alumnos e alumnas.
VISITA DA ESCRITORA MARÍA CANOSA. Camiñamos polos libros.
O día 9 de xuño a escritora María Canosa compartiu cos alumnos de 1º de ESO o seu libro O neno inverno. Tras unha pesentación realizada polos propios alumnos, María falou da fermosa historia que se conta no libro e da súa experiencia ao escribilo.
Rematou asinando os libros dos alumnos e alumnas.
Club de lectura sobre O principiño de Antoine de Saint- Exupérie
O pasado martes, 30 de maio,realizaronse na Biblioteca dúas sesións do Club de lectura sobre O Principiño. A primeira estivo destinada aos alumnos de 1º de BAC e a segunda aos de 1º de ESO.
Puxéronse en común opinións e interpretacións sobre os personaxes e o sentido deste marabilloso libro, que dá xogo con alumnos e alumnas de todas as idades.
Saída a Lugo e Outeiro de Rei
Dentro do proxecto Camiños, os alumnos de 1º de ESO realizaron unha viaxe a Outeiro de Rei para visitar a Casa Museo de Manuel María e comer e descansar na fermosa Carballeira de Santa Isabel. Pola tarde viaxaron ata Lugo para percorrer a cidade e facer unha andaina arredor da muralla. Foi un día estupendo, e os rapaces e rapazas e tamén os profesores/as o pasamos moi ben.
Celebración das Letras Galegas
Con motivo da celebración das Letras Galegas realizamos no instituto numerosas actividades destinadas aos diferentes cursos.
Certame de artigos de opinión para todos os niveis.
Certame de fotografía: Camiños, para todos os niveis
LITELINGUA: xogo de pistas dirixido aos alumnos de 1º de ESO, coordinados por alumnos de segundo de ESO.
Proxección na biblioteca dunha reportaxe sobre a figura de Carlos Casares
Faladoiro sobre o filme e o significado das Letras Galegas.
Con pedras, palabras, pintura e creatividade os alumnos de 1º ESO fixeron un traballo plástico co nome de Carlos Casares.
Entrega de premios do Certame Literario Carmela Loureiro.
O día 13 de maio tivo lugar no Centro Cultural Torrente Ballester a entrega de premios do certame Carmela Loureiro. O noso instituto foi moi afortunado, porque foron tres alumnas As que recolleron un premio: Paula Soto de 2º de ESO, Laura Suarez 4º ESO e Seda Nikoghosyan de 2º de BAC
Parabéns ás gañadoras.
Guadi Galego: chea de vida
Co gallo das Letras Galegas, os alumnos de 1º e 2º de ESO participaron nunha actividade musical na que colaboraron mil nenos e nenas de Ferrolterra. Nunha primeira fase os nosos alumnos/as ensaiaron no instituto. Postreiormente acudiron ás instalacións de Navantia nas que tivo lugar o evento. A cantante Guadi Galego interpretou, xunto cos rapaces, a canción Chea de vida, do seu fermoso disco O mundo está parado.
É un privilexio formar parte de actividades tan creativas e innovadoras coma esta. o resultado podes ver o resultado neste enlace.
Faladoiro: o control parental sobre as redes sociais e móbiles dos fillos e fillas.
Numerosa participación e interesantes e variadas opinións se expuxeron sobre un tema tan contravertido.
Camiños pola natureza e pola arte. MOSTEIRO DE CARBOEIRO E FERVENZA DA TOXA.
O martes 16, os alumnos e alumnas de 2º de ESO realizaron unha viaxe para visitar o Mosteiro de Carboeiro e a fervenza da Toxa.
Foi unha xornada moi completa, didáctica e divertida. Combinamos arte, historia, lendas, natureza, deporte e moitos risos, sen esquecer a música ( todo o camiño de ida e volta cantando).
Tivemos un guía magnífico e todos, profesoras e e rapaces e rapazas , volvemos moi satisfeitos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »