You are hereActividades

Actividades


charla da escritora Andrea Maceiras para o alumnado de 4º de ESO

Andrea Maceiras compartiu co alumnado de 4º de  ESO a súa novela Nubes de evolución. Os Correspondentes Xuvenís fixeron a presentación da autora e comentaron  con ela as videocríticas que realizaron na aula.

A continuación Andrea fixo unha fermosa intervención  na que explicou, apoiandose en imaxes, o como e  o porqué  da fermosa e enigmática novela.

Finalmentre houbo un debate no que se falou da novela, dos personaxes, da literatura e ata da música. Rematou o acto asinando os libros.

 Foi un pracer  compartir  a velada con Andrea.

 

  

Celebración Día Rosalía na Biblioteca,durante os recreos

Como cada ano fixemos unha homenaxe a Rosalía de Castro  e achegámonos   súa poesía a través da lectura reflexiva nas aulas,  e o recitado,  as flores, a música e as imaxes suxestivas, na Biblioteca.

A mesa de exposicións da Biblioteca e o muro de vida  convertéronse  nunha fiestra aberta na que se  escribiron  poemas, estrofas ou versos.

Libros, poemas e rosas para Rosalía.

  

  

Faladoiro sobre o cinema

Por suxestión dos alumnos e alumnas organizouse un faladoiro sobre o cinema e a influencia que ten nas nosas vidas. Todos os rapaces e rapazas foron explicando cal era a súa película favorita e os motivos da súa escolla. 

Resultou moi interesante e quedou curto o tempo, polo que continuaremos con outros aspectos do tema en vindeiras sesións do faladoiro. 

Faladoiro: Asumimos as responsabilidades?

O 18 de xaneiro tivo lugar na biblioteca un novo Faladoiro para debater sobre a asunción de responsabilidades. Alumnado  de todos os cursos da ESO  compartironopinións sobre os grandes problemas que se producirona raíz da nevada do mes de de xaneiro.Quen debe asumir responsabilidades en casos coma este? 

Ferrol Rebelde

O día 20 de decembro, os alumnos de 3º ESO percorreron a ruta interpretativa de Ferrol Rebelde, un paseo polos cen anos de historia obreira na cidade naval. Trátase dun sendeiro que vai dando saltos no tempo para divulgar "a historia heróica dun pobo traballador".

Coñecer o seu pasado axuda a construír o camiño do futuro da nosa cidade.

PARTICIPACIÓN DOS CORRESPONDENTES XUVENÍS DE 4º ESO NO PROXECTO “A EXPERIENCIA CONTA” celebrado na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela

O noso instituto foi convidado a participar neste acto promovido por Voluntariado Galego da Xunta de Galicia. No salón de actos do Centro de Innovación Cultural da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, Aldara, Ángel, Estela, Sergio e Uxía comentaron o noso proxecto Camiños e interviñeron nun programa de radio, acompañados por Conchi e Juan do Centro de Maiores de Afundación Abanca. Foi unha unha experiencia moi enriquecedora na que se valoraron as experiencias interxeracionais e intercentros.

Proximamente engadiremos os vídeos. Felicitación de Nadal dos/as Correspondentes do IES Saturnino Montojo de Ferrol

Actividades desenvolvidas por mor do Día da Violencia contra as Mulleres.

Os Equipos de Dinamización  e Biblioteca contaron  coa colaboración de numerosos Departamentos didácticos e tamén co Concello de Ferrol  no desenvolvemento das actividades destinadas a informar e sensibilizar ao alumnado sobre o terrible problema da violencia contra as mulleres. Desenvolvéronse ao longo da última semana de novembro.

O chan do  corredor da Biblioteca foi cuberto con  siluetas negras  que simbolizan ás mulleres asasinas a mans das súas parellas,  e nas paredes  espuxéronse paneis  cos tráxicos datos que arroxa este esta lacra social ano tras ano.  ( colabora:  Departamento de Plástica )

  Entrevistas na Biblioteca nas  que alumnos e alumnas entrevistan aos compañeiros/as con preguntas destinadas a reflexionar sobre o tema da violencia contra as mulleres  e a sensibilizar sobre o problema aos máis pequenos. ( colaboran: Voluntarios Biblioteca, Correspondentes Xuvenís e  Ciclo Formativo de Vído DJ).

  Faladoiro sobre o maltrato ás mulleres. Os alumnos  de  2º de BAC  que cursan a materia de Voluntarios da Biblioteca realizaron pesentacións Power Point  que serviron para analizar  desde moitas  perspectivas o problema do machismo e das súas funestas consecuencias.Faladoiro maltrato ás mulleres

O faladoiro foi dirixido polos propios alumnos de 2º de BAC que conseguiron que houbese moitas  intervencións  e que se fixeran reflexións  moi  interesantes.

  Organización dun  ‘role playing’ no  que os alumnos/as interpretan   pequenas dramatizacións por parellas ou grupo,  destinadas a  dar a coñecer situacións de machismo na vida cotiá  entre os rapaces,  e así  empatizar coas persoas que as padecen, como paso para  poder préstarlles axuda. ( Ciclo Formativo, Voluntarios Biblioteca e Correspondentes Xuvenís).

  Distribución entre o alumnado participante de lazos solidarios (  realizados polos alumnos de Voluntarios Biblioteca) , pegatinas  (  deseñadas  polo Dep. de Plástica) e camisetas ,bolsas e carteis  co lema Ferrol en Negro ( proporcionadas polo Concello de Ferrol).

 ✅ O día 14 de decembro  desenvolveuse na Biblioteca unha sesión do faladoiro para seguir reflexionando da violencia de xénero e as súas terribles consecuencias. Unha vez máis houbo interesantes opinións e reflexións sobre o tema. 

Club de Lectura de Poesía

 O día 28 de novembro tivo lugar na Biblioteca unha nova sesión do Club de Lectura.  Nesta ocasión estaba destinada aos alumnos de 1º de ESO. Unha vez máis os máis pequenos sorprendéronnos  coa súa sensibilidade e espontaneidade. Todos eles recitaron poemas que eles mesmos escolleron nunha selección de libros aos que puideron acceder na mesa de poesía  que se montou na Biblioteca. 

Faladoiro sobre a emigración

O día 23 de novembro  celebramos na Biblioteca un novo faladoiro co tema dos movementos migratorios para continuarmos co noso Proxecto Camiños de Futuro. Foi unha sesión moi interesante que combinou os testemuños dos  rapaces e rapazas coas achegas de varias profesoras que compartiron historias e materiais  gráficos de antepasados que emigraron.

Houbo moita participaciôn de alumnado de todos os cursos.

O muro de vida da Biblioteca encheuse de  poemas e frases alusivas a émigración.