You are hereActividades desenvolvidas por mor do Día da Violencia contra as Mulleres.

Actividades desenvolvidas por mor do Día da Violencia contra as Mulleres.


Os Equipos de Dinamización  e Biblioteca contaron  coa colaboración de numerosos Departamentos didácticos e tamén co Concello de Ferrol  no desenvolvemento das actividades destinadas a informar e sensibilizar ao alumnado sobre o terrible problema da violencia contra as mulleres. Desenvolvéronse ao longo da última semana de novembro.

O chan do  corredor da Biblioteca foi cuberto con  siluetas negras  que simbolizan ás mulleres asasinas a mans das súas parellas,  e nas paredes  espuxéronse paneis  cos tráxicos datos que arroxa este esta lacra social ano tras ano.  ( colabora:  Departamento de Plástica )

  Entrevistas na Biblioteca nas  que alumnos e alumnas entrevistan aos compañeiros/as con preguntas destinadas a reflexionar sobre o tema da violencia contra as mulleres  e a sensibilizar sobre o problema aos máis pequenos. ( colaboran: Voluntarios Biblioteca, Correspondentes Xuvenís e  Ciclo Formativo de Vído DJ).

  Faladoiro sobre o maltrato ás mulleres. Os alumnos  de  2º de BAC  que cursan a materia de Voluntarios da Biblioteca realizaron pesentacións Power Point  que serviron para analizar  desde moitas  perspectivas o problema do machismo e das súas funestas consecuencias.Faladoiro maltrato ás mulleres

O faladoiro foi dirixido polos propios alumnos de 2º de BAC que conseguiron que houbese moitas  intervencións  e que se fixeran reflexións  moi  interesantes.

  Organización dun  ‘role playing’ no  que os alumnos/as interpretan   pequenas dramatizacións por parellas ou grupo,  destinadas a  dar a coñecer situacións de machismo na vida cotiá  entre os rapaces,  e así  empatizar coas persoas que as padecen, como paso para  poder préstarlles axuda. ( Ciclo Formativo, Voluntarios Biblioteca e Correspondentes Xuvenís).

  Distribución entre o alumnado participante de lazos solidarios (  realizados polos alumnos de Voluntarios Biblioteca) , pegatinas  (  deseñadas  polo Dep. de Plástica) e camisetas ,bolsas e carteis  co lema Ferrol en Negro ( proporcionadas polo Concello de Ferrol).

 ✅ O día 14 de decembro  desenvolveuse na Biblioteca unha sesión do faladoiro para seguir reflexionando da violencia de xénero e as súas terribles consecuencias. Unha vez máis houbo interesantes opinións e reflexións sobre o tema.