Skip to Content

conmemoracións

SEMANA DA POESÍA NO IES (II)

SEMANA DA POESÍA NO IES.

21 Febreiro: Día la Lingua Materna

A riqueza da lingua materna 

Os idiomas, coa súa complexa imbricación coa identidade, a comunicación, a integración social, a educación e o desenvolvemento, son factores de importancia estratéxica para as persoas e cartelpara todo o planeta. Con todo, por mor dos procesos de globalización, pesa sobre as linguas unha ameaza cada vez maior de extinguirse; nalgúns casos, algunhas xa están a desaparecer completamente. Coa extinción dos idiomas mingua tamén a rica trama da diversidade cultural. Pérdense posibilidades, tradicións, recordos, modalidades únicas de pensamento e expresión; recursos valiosos e necesarios para lograr un futuro mellor.

Polo menos o 43% das 6000 linguas que se estima que se falan no mundo están en perigo de extinción. Tan só uns poucos centenares de idiomas tiveron o privilexio de incorporarse aos sistemas educativos e ao dominio público, e menos dun centenar utilízanse no mundo dixital.

O uso das linguas maternas no marco dun enfoque plurilingüe é un compoñente esencial da educación de calidade, que é a base para empoderar ás mulleres e aos homes e ás súas sociedades. Debemos recoñecer e promover este potencial das linguas para non deixar a ninguén atrasado e construír un futuro máis xusto e sustentable para todos, como se recolle nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).

A diversidade cultural e o diálogo intercultural, o fomento da educación para todos e a creación das sociedades do coñecemento son factores fundamentais para o labor da UNESCO. Pero eses labores non son posibles sen un amplo compromiso internacional orientado a promover o plurilingüismo e a diversidade idiomática, o que inclúe a preservación das linguas en perigo de desaparición.

Desde 2002, celébrase o Día Internacional da Lingua Materna, co obxectivo de promover o multilingüismo e a diversidade cultural.

A diversidade lingüística atópase cada vez máis ameazada cun maior número de linguas que desaparecen. Como media, cada dúas semanas, unha lingua desaparece, levándose consigo a desaparición tamén de todo un patrimonio cultural e intelectual.

Afortunadamente, e grazas a que se asumiu a importancia que teñen estas linguas, alcanzáronse logros en materia de educación plurilingüe baseada a lingua materna, en particular na educación primaria. Así mesmo, hai un compromiso cada vez maior para que se desenvolvan na vida pública.

As sociedades multilingües e multiculturais existen a través das súas linguas, que transmiten e preservan os coñecementos e as culturas tradicionais de maneira sustentable. Por iso, debemos coidar de todas as linguas. 

http://www.un.org/es/events/motherlanguageday/

 

 

De musica et amore

De amoribus (III) VIRGINIA WOOLF

VIRGINIA WOOLF REFERENTE FEMINISTA E DA VISIBILIDADE LÉSBICA

A obra da escritora británica Virginia Woolf está chea de denuncia contra a guerra e a opresión sufrida pola muller. Desafiou a moral Vitoriana do seu tempo e influíu en numerosas autoras.

VIRXINIATanto nas súas novelas coma nos seus ensaios Virginia Woolf criticaba as normas sociais, patexándoas como algo ridículo. A moral da época trataba de cargar de vergoña os sentimentos e as palabras, sobre todo as das mulleres. Por iso ela ía en contra de todo iso. Desa idea nace Virgnia Woolf como escritora.

Tanto ela como o seu marido, o editor Leonard Woolf, posicionáronse contra as guerras mundiais e o fascismo. Outro tema habitual na obra de Woolf é a opresión da muller, tanto no entorno familiar coma no social, polo que é considerada unha precursora do feminismo na literatura.

Virginia Woolf namorouse da tamén escritora Vita Sackville-West en 1922 e ambas mantiveron unha relación secreta que duraría anos e que daría como froito a novela  Orlando (1928), una auténtica xoia, precursora da literatura de xénero, na que Vita inspira o personaxe de Orlando, unha heroína transexual que amará a homes e mulleres en distintos puntos da obra. Esta obra é de vital importancia xa que a sociedade vitoriana era profundamente LGBTI fóbica, contando con penas de cárcere para “os delitos contra las personas”.

(adaptado de http://www.izquierdadiario.es/Virginia-Woolf-referente-feminista-y-de-la-visibilidad-lesbica?id_rubrique=2653)
Foto 1: https://www.reasonwhy.es/actualidad/sesgos-inteligencia-artificial-tech-trends-2018
Foto 2: Virginia-Woolf-y-Vita-Sackville-West (http://lapiedradesisifo.com/2017/05/07/el-gran-amor-de-virginia-woolf/)

Data: 
Sáb, 11/02/2023 - 23:00

De amoribus (VIII) FREDDY MERCURY

FREDDIE MERCURY

Freddie Mercury, nado como Farrokh Bulsara en Zanzíbar o 5 de Setembro de 1946,  morreu en Kensington-Londres o 24 de Novembro de 1991. Foi un cantante, compositor,  pianista e músico británico de orixen Parsi e Indio coñecido por ser o vocalista principal da banda de rock Queen.
MERCURYComo intérprete, foi recoñecido pola súa poderosa voz (A súa voz tiña rango de Barítono pero normalmente cantaba como Tenor) e extravagantes postas en escea.

Como compositor, escribíu moitos dos éxitos de Queen, como Killer Queen, Bohemian Rhapsody (a mellor canción da historia da música) , Somebody to Love, We Are the Champions, Don't Stop Me Now, Crazy Little Thing Called Love, It's a Hard Life ou  Innuendo.

Ademáis da actividade coa  banda, nos anos oitenta fixo tamén carreira como solista, publicando dous álbumes, Mr. Bad Guy (1985) e Barcelona (1988), este último en colaboración coa soprano española Montserrat Caballé, que  foi a canción oficial dos Xogos olímpicos de Barcelona de 1991.

A idade de 7 anos foi enviado a estudar nun internado británico en Bombay (India) e foi alí onde empezou a ser coñecido como “Freddie”. Estudou piano e guitarra. Cando chegou a universidade formou o grupo The Hectics. Despois de estar en diferentes grupos musicais, en 1970 participou na definitiva banda á que chamaron QUEEN. Tamén cambiou o seu apelido  Bulsara a Mercury, debido a que, según  as súas propias palabras, na canción  My fair King no  verso "Mother Mercury, look what they've done to me",cantaba sobre a súa propia  nai.  Grazas aos seus estudos como diseñador gráfico diseñou o  logo de Queen, a partir do escudo de armas real do Reino Unido incluíndo o logotipo dos signos do zodíaco dos catro membros do grupo.

Ao largo da súa vida, Mercury tivo una relación prolongada con Mary Austin coa que vivíu  moitos anos. Nunha entrevista de 1985, afirmou: "Todos os meus amantes preguntan por que non podo reemprazar a Mary Austin, pero iso é sinxelamente imposible. A  única amiga que teño é Mary e non quero a ninguén máis. Para mín,  ela é como unha esposa, como un matrimonio. Confiamos un noutro e iso basta para mín."

Escribíu moitas cancións para Mary, como Love my life.

MARY
De tódolos xeitos, cara a 1985, Mercury comezou a súa última relación, con Jim Hutton, co que vivíu os últimos seis anos da súa vida .

Morreu dunha bronconeumonía complicada pola sida o 24 de Novembro de 1991, só un día despois de comunicar oficialmente que padecía esta  enfermidade.

En 2008, a revista estadounidense Rolling Stone situouno no posto 18 na lista dos 100 mellores cantantes de tódolos os tempos.

En 2016, a Unión Astronómica Internacional nomeou ao asteroide 17473 como  asteroide Freddiemercury 17473 porque foi descuberto en 1991, ano no que Mercury morreu.

En 2018 estreouse  unha película biográfica sobre Freddie Mercury co título Bohemian Rapsody.  

https://es.wikipedia.org/wiki/Freddie_Mercury

 

Data: 
Sáb, 11/02/2023 - 22:00

De amoribus (IV) GLORIA FUERTES

GLORIA FUERTES:

"UNHA MULLER DE VERSO EN PEITO"

Os que nos criamos no século pasado podemos recordar a esta bohemia poeta cunha imaxe moi característica: co pelo recortado; vestindo pantalón, camisa, larga garabata de cores, ás veces con boina, con desgarbados andares, montaba en bicicleta e non se separaba da caixa de tabaco rubio que fumaba sen parar (finou en 1998 de cancro de pulmón). Gloria recitaba os seus versos cunha voz aguardentosa e inconfundible.

A poeta nunca falou abertamente en público a súa orientación sexual, dicía que non podía xa que vivía dos seus libros infantís, "e estas cousas poderían asustar aos pais, que son os que os compran".

Malia todo, non cabe dúbida de que, máis ou menos sutilmente, a romántica escritora xa ía levantando o veo a través da súa poesía. E a través da súa vida persoal, para aquelas persoas que a coñecían na intimidade, desde a valente escapada a Pensilvania, en 1961, coa súa mellor amiga, a profesora norteamericana  Philys  Turnbull onde ensinou poesía española

Gloria Fuertes estivo sempre á beira dos oprimidos e os pobres encarando a protesta continúa contra unha sociedade "que non daba nin voz nin espazo á identidade  lésbica". A poeta madrileña reivindicou un espazo na sociedade que non existía e defendeuse de quen a tachaba de "bicho raro": muller, poeta e solteira.

Con todo, ese tema  sempre estivo ocultado pola crítica: "Era sabido en todos os círculos que era lesbiana, ela non ocultaba nada, pero, como no caso de Lorca, era un tema tabú", explica Elena Castro*

  •  Elena Castro, profesora titular de literatura contemporánea española y crítica literaria en la Universidad de Luisiana (EEUU). É autora do artículo: "Identidad lésbica: ausencia y presencia en la poesía de Gloria Fuertes". 

 

FONTES:

Data: 
Sáb, 11/02/2023 - 23:00

De amoribus (XIV) WAKASHU e BISHONEN

 WAKASHU e BISHONEN:

O terceiro xénero da cultura xaponesa

 

No Xapón antigo as persoas non se consideraban homosexuais, só os seus actos. E iso non era mal visto, ao contrario. É máis, mesmo algúns dos grupos máis respectables da época participaban nestes actos de amor entre o mesmo sexo. Entre eles, os  samuráis.

 

Durante o período  Edo (1600 -1868), as relacións amorosas e sexuais entre homes eran comúns. O maior tabú debíase ás diferenzas de idades que caían na  pederastía, porque moitos destes amoríos déronse entre mozos de 13 a 19 anos e adultos. Pero a índole homosexual dos encontros como tal, non era un problema.

 

Entre os  samuráis existiu unha tradición coñecida como  shudo, na cal un guerreiro experimentado tomaba a un máis novo como aprendiz. Este lazo considerábase virtuoso e benéfico para ambas as partes. O mestre compartía co seu alumno os seus coñecementos en artes marciais e o código de honra  samurái.

 

Aínda que é certo que agora se fala máis diso, non identificarse como home ou muller non é unha práctica nova. De feito, durante o século  XVII en Xapón existiu un grupo definido e normalizado de mozos que non entraban en ningunha das dúas categorías. Eran coñecidos como os  wakashu: o terceiro xénero. Wakashu é unha palabra que significa "bela mocidade". Os  wakashu eran mozos pre-adolescentes, nese intermedio entre nenos e adultos, o cal lles daba unha aparencia andróxina que non se inclinaba cara a ningún xénero en específico. Ditas características físicas volvíaos atractivos aos ollos tanto de homes como de mulleres. E iso estaba ben visto culturalmente. Ou mellor dito, era algo normal.

 

O ambiente de abundancia e tentación a traspasar os límites (así como o crecemento económico, estabilidade, unha estrita orde social e illamento cara a outros países) que se vivía no debandito periodo EDO, permitiu que os wakashu se convertesen nun obxecto de fantasía e desexo. En Xapón, o xénero non era unha cuestión de escoller entre dúas opcións nada máis ou de algo definido polos teus xenitais por sempre e para sempre. Era unha identificación fluída, capaz de cambiar.

 

Esta apertura sexual detívose ao redor do 1800, cando a cultura de Occidente chegou a Xapón e con ela, os seus valores e posturas fronte á diversidade sexual (as cales non cambiaron moito ata 100 anos despois, e aínda falta un longo camiño por percorrer).

 

A fascinación cara ao andróxino aínda se atopa presente no país do Sol Nacente. Os wakashu como tal desapareceron, pero agora existen os  bishonen (se es fan do anime, seguro sabes a que nos referimos). O termo  bishonen tamén se refire a unha mocidade bela, especificamente masculina, que  desafía ao estereotipo do que é "ser un home". Os  bishonen son personaxes presentes na cultura pop xaponesa e son representados como mozos fermosos, con trazos femininos e un comportamento delicado. Pero tamén adoitan ser intelixentes, bos nos deportes e todos uns  rompecorazóns entre as mulleres.

  

Nas rúas de Xapón tampouco desapareceu esta noción de que o xénero sexa unha caixa pechada e que limita as túas opcións. Isto compróbase con estilos como o visual kei ou a moda dos sen xénero: homes e mulleres que se negan a aceptar que a roupa ten xénero e que algunhas pezas sexan exclusivas de homes ou mulleres.

 

FONTES:

https://www.vix.com/es/mundo/187918/wakashu-y-bishonen-conoce-el-tercer-genero-de-la-cultura-japonesa

https://www.vix.com/es/mundo/191387/samurais-homosexuales-esto-pensaban-en-japon-del-amor-entre-dos-guerreros

Data: 
Sáb, 11/02/2023 - 23:00

De amoribus (XV) Hachikō

    A FIDELIDADE

    O 9 de marzo de 1935, Hachikō foi encontrado morto fronte á estación de Shibuya, Xapón, tras esperar infrutuosamente durante máis de dez anos ao profesor Ueno, o seu amo. ​Ao lado da tumba do profesor, no cemiterio de Aoiama-Tokio construíuse un monolito co seu nome.

    Hachikō foi enviado dentro dunha caixa desde a prefectura de Akita deica a estación de Shibuia (dos días nun vagón de equipaxe). Cando os criados do profesor o foron retirar, creron que morrera, porén cando o profesor lle achegou unha cunca de leite reanimouse. O profesor deuse conta de que tiña as patas de adiante algo tortas e deulle o nome de Hachikō (oito en xaponés).

    Cando a filla profesor casou e foi vivir á casa paterna de seu esposo, o profesor pensou en regalarlle a Hachi, pero pronto se encariñou co can que o adoraba.tumba

    O can acompañábao á estación para despedirse  todos os días cando o seu dono ía dar clases e ao  final do día volvía á estación a recibilo. Esta rutina foi percibida polas persoas que transitaban polo lugar e polos donos dos comercios da zona.

    Cando o profesor morreu dun ataque, o can quedou esperando na estación a que volvese. Os transeúntes e veciños compadecidos comezaron a darlle de comer e o seu caso conmoveu á opinión pública. Dez anos despois o can morreu e no lugar ergueuse unha estatua de bronce que lembra a súa fidelidade deica a morte.

   Curiosamente a súa é unha das razas consideradas potencialmente perigosas, co que de novo comprobamos que no é o can, senón o amo, que o fai perigoso.

https://es.wikipedia.org/wiki/Hachik%C5%8D

Data: 
Sáb, 11/02/2023 - 23:00

De amoribus (IX) Heliogábalo

UN EMPERADOR TRANSEXUAL

Falaremos de Heliogábalo (emperador romano entre os anos 218 e 222) cuxa orientación e identidade sexual son obxecto de discusión.

Casou en cinco ocasións con mulleres, unha delas a sacerdotisa vestal Xulia Aquilia Severa. Cómpre sinalar que, na antigaheliogabalo Roma, as vestais consagraban a súa vida á deusa do fogar, Vesta, e debían permanecer virxes durante trinta anos. Heliogábalo xustificou a súa conduta dicindo que casaba coa vestal para ter unha descendencia que se parecería aos deuses.

Tampouco ocultou a atracción que sentía polas persoas do seu mesmo sexo.  Neste senso e segundo Dión Casio, a súa relación máis estable parece ser a que mantivo con Hierocles, un escravo auriga  que adquirira gran prestixio nas carreiras de cuadrigas e ao que se refería como o seu marido pois nas súas relacións homosexuais Heliogábalo adoptaría abertamente un rol de submisión cos seus amantes masculinos, algo mal visto en Roma e aínda peor no caso do emperador. A tal extremo chegaba a submisión de Heliógabalo (Herodiano descríbeo como “encantado de ser chamado a amante, a esposa, a raíña de Hierocles”) que desexou nomear césar a Hierocles e exercer el de consorte para todos os efectos, algo que o Senado rexeitou rotundamente.

A Historia Augusta sostén que tamén casou cun home chamado Aurelio Zotico, un atleta de Esmirna máis dotado para o sexo que para o deporte, esta relación rematou co envelenamento de  Zotico promovido polo celoso Hierocles segundo algunhas fontes ou co seu exilio, segundo outras porque non satisfixo o apetito sexual do emperador.

Tanto Dión Casio como Herodiano din que  Heliogábalo coidaba a súa beleza natural lucindo demasiado maquillaxe, pintando os ollos, depilándose, lucindo perrucas, adornándose con colares de ouro e vestindo roupas delicadas e lixeiras.

O mesmo Herodiano faise eco de que o emperador ofrecera cartos a esgalla ao médico que puidese dotalo de xenitais femininos polo que talvez esteamos ante o primeiro personaxe histórico imaxe modernatransxénero, moi probablemente transexual.
Nos prostíbulos e no mesmo pazo imperial gozaba dos servizos das prostitutas, incluso vestíase e comportábase como unha delas e dáballes consellos para ser máis hábiles nas artes amatorias. 

Para altos cargos imperiais designaba  a algúns dos seus amantes masculinos, primando aos máis atractivos, ou incluso a aqueles que tivesen un pene máis grande.

O goberno excéntrico deste emperador rematou o 11 de marzo do 222 cando polos seus propios gardas foi afogado na mesma latrina onde se refuxiara.  O seu corpo foi arrastrado por Roma e colgado de garfos, logo o seu cadáver é arroxado ao Tíber, tiña 18 anos.

CRÉDITOS:

http://lialdia.com/2011/07/heliogabalo-el-emperador-travesti/
http://lialdia.com/2011/03/heliogabalo-varius-avitus-bassianus/#more-27123
https://www.lavanguardia.com/historiayvida/la-vida-sexual-del-emperador-heliogabalo_12216_102.html
https://psicologiaymente.com/biografias/heliogabalo
https://www.merca2.es/heliogabalo-emperador-dia-puta-noche/
Busto de Heliogábalo. Foto: Wikimedia Commons / José Luis Bernardes Ribeiro / CC BY-SA 4.0.

 

Data: 
Sáb, 11/02/2023 - 22:00
Distribuir contido


by Dr. Radut