Skip to Content

conmemoracións

Abecedario do libro

Máis información poñéndose sobre as palabras da video-presentación

20 propostas de cine para o 8 de marzo

´

Biblioxornal 52

25 citas (literarias) de AMOR

Poesía para namorar

A poesía tamén é amor.

 

 

Palabras de Paz

Paz e Guerra na sétima arte

Universitari@s alemáns contra o nazismo

A ROSA BRANCA: UNIVERSITARIOS ALEMÁNS CONTRA O NAZISMO

monumentoMentres o nazismo estendía as súas gadoupas por Europa, os movementos de oposición ao mesmo dentro de Alemaña que se dedicaron á resistencia e á sabotaxe pasaron moi desapercibidos. Se a historia dalgún deles resulta  especialmente conmovedora polo seu compromiso moral, o seu idealismo, a súa inxenuidade e, como consecuencia , o seu tráxico fin, ese  foi o xurdido nos anos 1942 e 1943 na Universidade de Munich e que se coñece co nome de A Rosa Branca
Willi Graf, Jurgen Wittgenstein Hans Scholl, Alexander Schmorell e Sophie Scholl  eran estudantes na universidade de Munich. Cando comezou a deportación masiva de xudeus consideraron chegada a hora de denunciar as políticas de exterminio mediante a súa principal arma: a palabra;  así  principian a publicación de panfletos:
nada é tan indigno dunha nación como o permitir que sexa gobernada sen oposición por unha caste que cedeu aos baixos instintos… A civilización occidental debe defenderse contra o fascismo e ofrecer unha resistencia pasiva antes de que o último mozo da nación derrame o seu sangue nalgún campo de batalla (primeiro panfleto)
Miles foron os panfletos que fixeron circular para concienciar aos seus concidadáns:rosa branca
Desde a conquista de Polonia 300.000 xudeus foron asasinados, un crime contra a dignidade humana… Os alemáns alentan aos criminais fascistas cando carecen dun sentimento que clame á vista de semellantes accións. É preferible o fin do terror antes que un terror sen fin (segundo panfleto)
O grupo inicial ampliouse a outras cidades (Hamburgo, Freiburg, Berlín ou Viena) e para deter a guerra, avogaron pola sabotaxe á industria bélica:
Sabotaxe nas fábricas de armamento, xornais, cerimonias públicas e do Partido Nacional Socialista… Convencer ás clases máis baixas do insensato que é continuar a guerra (terceiro panfleto)
A  estes mozos uniuse o catedrático de filosofía Kurt Huber.
Os panfletos que publicaban eran cada vez máis críticos con Hitler e a pasividade do pobo alemán. A temible Gestapo buscaba aos responsábeis daqueles escritos; moitos sospeitosos foron arrestados pero vai ser un bedel da universidade de Munich membro do partido nazi, Jakob Schmidt, o delator dos primeiros membros de A Rosa Branca  que remataron executados.
Unha das condenadas, Sophie, dixo antes de morrer:
Como podemos esperar que prevaleza a xustiza cando case non hai xente que se brinde individualmente en pos dunha causa xusta. Un día tan lindo, tan solleiro, e debo irme, pero, que importa a miña morte, se grazas a nós miles de persoas espertan e comezan a actuar?
sophieE deste movemento dixo Clara Zimmerman:
A Rosa Branca é unha páxina radiante nos anais do Século Vinte. A coraxe de nadar contra a corrente da opinión pública, aínda cando o facelo era equivalente a un acto de alta traizón, e o convencemento de que a morte non era un prezo demasiado alto a pagar por seguir os ditados da conciencia...
Estes universitarios abandeiraron unha loita silenciosa contra a cruel megalomanía de Hitler e convertéronse en símbolo da liberdade e da dignidade humana. O  crime de todos eles foi defender uns ideais incompatíbeis co momento histórico polo que atravesaba o seu pais e gran parte de Europa. Dúas películas recollen a historia deste movemento: A Rosa Branca de Michael Verhoeven (1982) e  Sophie Scholl, os últimos días (2005), dirixida por Marc Rothemund.

FONTES:
http://elkronoscopio.blogspot.com.es/2016/02/la-rosa-blanca.html
https://curiosidadesdelahistoriablog.com/2014/03/07/la-rosa-blanca-resistencia-universitaria-en-alemania-contra-el-nazismo/
http://www.new-books-in-german.com/es/la-rosa-blanca-o-como-alemanes-normales-y-corrientes-combatieron-en-la-resistencia
http://www.elsiglodeuropa.es/siglo/historico/2006/687/687pens.html
http://www.lasegundaguerra.com/viewtopic.php?t=9190

Malala ou a loita pacífica a prol do dereito á educación

MALALA OU A IMPORTANCIA DA EDUCACIÓN

 malalaMalala Yousafzai, nada o 12 de xullo de 1997 en Paquistán, é unha activista a prol da educación feminina e os dereitos das mulleres no seu país e a persoa máis nova en recibir un Premio Nobel en calquera categoría.
Filla dun poeta dono dunha rede de escolas na súa rexión, ao noroeste de Paquistán, Malala foi educada polo seu pai desde pequena, nun país no que a influencia dos talibáns medrou ao mesmo tempo que ela.
Cando contaba once anos de idade, a vida de Malala, a súa familia e os seus veciños transcorría baixo a prohibición talibán da televisión ou da música. As mulleres e nenas dificilmente podían saír soas da casa, ir ao médico e moito menos ir á escola. Malala decide contar todo isto nun blogue da BBC, a televisión pública do Reino Unido.
O verán seguinte, o New York Times fai unha reportaxe sobre a súa vida, mostrando como o exército paquistaní intervén na rexión. Malala cada vez é máis coñecida e recoñecida, dando entrevistas nos xornais e na televisión, e nomeada para o Premio da Paz Internacional da Infancia polo activista surafricano Desmond Tutu.lapis
Na tarde do 9 de outubro de 2012, Malala subiu ao bus escolar. Pouco despois faino un home armado que chama por ela e dispáralle tres veces, dándolle no lado esquerdo da malala2fronte e atravesándolle a cara. Logo de estar durante días en estado crítico, a súa saúde mellora o suficiente como para poder ser trasladada a un hospital do Reino Unido, onde logra recuperarse tras unha rehabilitación intensiva.
En 2014, Malala é galardoada co Premio “Nenos do Mundo”, premio que agora leva o seu nome, e ese mesmo ano gañou o Premio Nobel da Paz, compartido con Kailash Satyarthi, pola súa loita contra a supresión dos dereitos de todos os nenos e xoves á educación.
Hoxe en día, o réxime talibán reiterou a súa intención de acabar coa vida de Malala e do seu pai, Ziauddin Yousafzai.

O Dalai Lama: a resistencia tibetana contra a invasión chinesa

CRONOLOXÍA DO DALAI LAMA

dalai lama1935 Proclamación de Tenzin Gyatso como Dalai Lama con 5 anos

1950 Invasión do territorio do Tíbet por China

1954 Conversacións de Paz con Mao Zedong

1959 Fuxida a India do Dalai Lama a pé cruzando o Himalaya.
Fixou en Dharamsala (Norte da India) o Goberno no exilio.
Mensaxe da seu pensamento: a non violencia e a reconciliación.
Obxectivos: Acadar unha “autonomía real” con liberdade relixiosa e cultural.

1963 Proclamou a Constitución Tibetana baseada na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

1989 Premio Nobel da Paz que recoñece a resistencia tibetana como símbolo da resistencia pacífica.

2011 Renuncia do Dalai a calquera cargo do Goberno Tibetano no exilio para seguir unicamente coma líder espiritual e relixioso.
mapa

FONTES:
http://www.elmundo.es/elmundo/2010/07/06/internacional/1278402536.html
https://www.muyhistoria.es/contemporanea/articulo/la-resistencia-del-dalai-lama-461507117930
tibet libre

Distribuir contido


by Dr. Radut