Skip to Content

Novas

GAÑADORES CONCURSO DE SAMAÍN

Aquí están os nosos flamantes gañadores das contadas de Samaín 2024
Parabéns a tod@s @s participantes, sodes fantástic@s 

Data: 
Ven, 08/11/2024 - 05:23

CERTIFICACIÓNS DO VOLUNTARIADO

Despois de todo un curso de bo traballo, chegan as certificacións do noso voluntariado. Que mellor día para recibilas que no día das BIBLIOTECAS
Parabéns!!!
Sodes o corazón da Biblio!!!

   
  

 

 

Data: 
Ven, 25/10/2024 - 08:57

NON PERDAMOS A NOSA LINGUA

NON PERDAMOS A NOSA LINGUA

Nestes días acabamos de coñecer os últimos datos do IGE sobre o uso do galego: xa non é o idioma que predomina dentro da comunidade. En cinco anos duplicouse o número de nen@s que de 5 a 14 anos non saben ou non falan galego(32.44%)

"Imaxínate que un día saes de casa e todas as persoas esqueceron a súa lingua. Imaxínate que falan nunha lingua diferente, estraña. Imaxínate que es Rosalía ou Fonso. Imaxínate… Que farías? "
Esta novela infantil/xuvenil, ilustrada por Xosé Tomás e escrita por Miguel A. Alonso Diz, fala da importancia do idioma, de usalo e conservalo, e de como a nosa lingua é parte da nosa herdanza cultural como galegos.
De xeito delicado e con sensibilidade aborda a problemática da perda de falantes na nosa lingua.

Diseño de Biblio San Paio

Data: 
Mar, 15/10/2024 - 22:26

A décimo oitava Nobel de Literatura

Nada máis acaído, nas vésperas dunha nova edición do Día das Escritoras, que a concesión do décimo oitavo Nobel de Literatura feminino á escritora surcoreana Han Kang quen tamén recibiu xa no ano 2018 o premio Arcebispo San Clemente pola súa obra A vexetariana (traducida ao galego en 2022, ao voso dispor na biblioteca).

A vexetariana narra a historia de Yeonghye, unha muller que sempre "foi a esposa dilixente e discreta que o seu marido desexou". Con todo, todo cambia cando uns "pesadelos brutais e sanguinarios comezan a espertala pola noite", o que fai que senta a necesidade de desfacerse de toda a carne do frigorífico. Desde ese momento, Yeonghye adoptará unha existencia máis "pura e desposuída", achegada á vida vexetal, "un lugar onde o poder erótico e floral do seu corpo romperá os estritos costumes dunha sociedade patriarcal e ultracapitalista". Podes comezar a súa lectura premendo aquí. Desta novela Anders Olsson, presidente do Comité Nobel, apuntou á súa "empatía física polos vulnerábeis, polas mulleres", algo que, explicou, é "notábel, e vese reforzada pola súa prosa cargada de metáforas"

Outra das súas obras, La clase de griego (preme aquí para ler as primeiras páxinas), é cualificada pola Academia sueca como unha "bonita reflexión sobre a perda, a intimidade e as condicións da linguaxe". Esta novela comeza coa protagonista sentada nunha clase onde ensinan grego; nela, pídeselle ler en voz alta. Pero cando o tenta ve que non pode, que é incapaz de articular palabra ante a sorpresa dos demais. Este feito lévaa a lembrar o momento no que viviu por primeira vez unha situación similar, na súa infancia, coa súa nai enferma de cancro e ela entregada á lectura, aprendendo a lingua e os signos ortográficos con poucos anos. Cunha personalidade solitaria, atopaba sempre a compañía nas letras moito máis que nos amigos, sen mostrar ningún interese por arranxarse nin por ter relacións románticas chegando así aos dezaseis anos cando o primeiro deses episodios de mudez apareceu, sendo incapaz de articular ningunha desas palabras que con tanta admiración e avidez aprendía nos libros. A narración, sempre pausada e ben ganduxada, devólvenos ao cabo de poucas páxinas ao presente, e coñecemos que xa na idade madura vive soa, sen un marido do que se divorciou e sen a custodia do seu único fillo pois a consideraron incapaz de coidalo e velar por el debido á súa precaria situación económica e á súa hipersensibilidade.

Neste relato a dúas voces, a autora alterna a narración da protagonista coa do profesor de grego, vítima dunha cegueira que avanza de maneira inexorable xa desde a súa adolescencia e fálanos tamén dun amor que tivo a esa idade na que os sentimentos asolagan a nosa existencia e todo se descobre coa maxia das primeiras ocasións mentres nos detalla como o seu tránsito vital era acompañado por unha emigración desde Corea a Alemaña na súa adolescencia e o seu regreso á súa terra natal anos despois. Desta maneira, o texto alterna a narración con breves episodios da clase de grego, na que profesor e alumna se atopan, con grandes extensións do pasado de ambos os protagonistas que copan a maioría das páxinas do libro. De maneira análoga á clase de grego e o estudo do grego antigo da man de Sócrates e Platón, o texto fai constantes reflexións sobre a amizade, a vida, a morte e o paso do tempo, imbuíndo aos seus protagonistas nos razoamentos filosóficos dos grandes pensadores antigos.

E para finalizar únha entrevista coa recente Nobel: https://www.infobae.com/america/cultura/2024/10/10/la-entrevista-de-la-premio-nobel-han-kang-con-infobae-somos-seres-mas-comunes-de-lo-que-pensamos/

Data: 
Xov, 10/10/2024 - 12:51

Clubs e voluntariado

Unha vez feitas as presentacións, o equipo de Biblioteca da comezo ao novo grupo de voluntariado dentro do "Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias". Os participantes que fagan un mínimo de 15 horas terannas recoñecidas por organismos oficiais da Xunta. Tamén se poñen en marcha as distintas seccións do Club de Lectura "Pedra do Acordo": Lectura en Voz Alta, Manga, Artes, Xadrez, Inglés, Adultos, Dramatización e por suposto serán benvidas todas aquelas propostas que queirades aportar. Comezamos o luns día 7 de outubro, na hora da comida, non esquezades traela! Teremos unha charla informativa. Pasade pola Biblio para recoller a autorización. Importante: non poderá quedar ninguén que non a teña entregado. Esperámosvos!!

 

Data: 
Xov, 03/10/2024 - 00:39

Biblio San Paio, a escena!!

Data: 
Mér, 18/09/2024 - 08:43

BENVIDA

Data: 
Xov, 12/09/2024 - 00:32

Apadriñamentos e amadriñamentos lectores na Galiña Azul

Amadriñamentos e apadriñamentos lectores hoxe na Escolar Infantil Galiña Azul! Emoción, sorpresa, momentos compartidos, aprendizaxe...! Sesión moi enriquecedora! Esperamos voltar a compartir a maxia da lectura con vós!

Copia de Purple Reading Book Motivation School Poster de Biblio San Paio

Data: 
Xov, 20/06/2024 - 11:36

Actividades club de Manga abril

O alumnado do club de Manga participou en dúas interesantes e divertidas actividades. O día 9 de abril  adentráronse na cultura xaponesa da man de Gonzalo, compañeiro de practicum de Lingua Castelá e Literatura, e o día 12  participaron nas actividades propostas na Comic Con de Moaña: introducción ao idioma e cultura xaponesa, xincana, concurso de debuxo, concurso cosplay ou obradoiro de origami entre outras. O curso que ven máis!!!

 

 

Data: 
Mér, 29/05/2024 - 05:02

AVALIACIÓN DA BIBLIOTECA

ESCANEA OU PREME NA FOTO PARA ACCEDER AO CUESTIONARIO

 

Achegándonos ao final de curso cómpre avaliar as actividades deseñadas e desenvolvidas pola biblioteca, así como do funcionamento dos servizos da propia biblioteca en beneficio da comunidade escolar e outras cuestións relativas á vida deste espazo e equipo do noso IES.

O equipo da Biblioteca do noso IES agradécevos que cubrades esta enquisa que non vos levará máis duns minutos.

Moitas grazas pola vosa participación, para nós é moi importante.

Data: 
Lun, 20/05/2024 - 11:35
Distribuir contido


by Dr. Radut