Skip to Content

Septembro 2024

Poesía do mes de outubro 2024

POEMA PARA OCTUBRE

La tarde es una rosa vagamente
en la rama desnuda del ocaso.
Una rosa ceniza, como un frío
beso crecido en unos muertos labios.


Leve sombra desliza
su palidez de hielo entre mis manos.
Las pupilas alargan sus miradas
como cautivos pájaros.


Octubre otra vez fruto
de este paisaje, este árbol
donde día tras día oscuramente
mi pobre corazón se va quedando.


Vivir es reencontrarse
en todo lo lejano,
ser otra vez aliento en el paisaje
que fue otra vez soñado.


Vivir es ser corteza de este roble
que en hielo y sol el tiempo va quemando.


El mar de la memoria
se enciende, se ilumina, y a su amparo
el corazón revive,
remoza primaveras, sollozando.


La tarde es una rosa vagamente
en la rama desnuda del ocaso.


A la piadosa luz de octubre vuelvo
y entre la tibia cuenca de mis manos
como un niño dormido
mi corazón levanto.


Vivir es retornar a cada Octubre
para sentirse el corazón dorado.


La tarde es una rosa vagamente
ceniza.
Octubre es fruto
otra vez en el árbol.

Leopoldo DE LUIS (Córdoba, 1918- Madrid, 2005)  
http://www.poetasandaluces.com/poema/2737/

Data: 
Lun, 30/09/2024 - 13:13

Libro do mes de outubro 2024

 Aqueles corpos nosos  de  Adrián Gómez Ramos (Xerais, Fóra de Xogo nº 210, Vigo, 2024)

Fernán e Xandre Malvís buscan recuperar a normalidade nas súas vidas e sandar as cicatrices inflixidas polo enfrontamento cos irmáns Garrido. A cidade, pola contra, non esquecerá con tanta facilidade o conflito entre as dúas familias, e as fauces de Compostela escolleron unha nova vítima. Os Malvís terán que facer uso de todo o seu coñecemento do mundo sobrenatural para resolver a desaparición de Sandra Valverde antes de que o seu corpo se engada á lista de necrolóxicas. Polo camiño farán fronte a unha pregunta que o cambiará todo: ata onde están dispostos a chegar para protexer o que queren? (da presentación editorial)

Sobre o autor: Adrián Gómez Ramos naceu en Rianxo en 1994. Introduciuse no mundo da literatura profesional grazas ao certame Xuventude Crea, no que gañou o primeiro premio na modalidade de Novela Curta coa obra Cando sanguen os lobos (Xerais, 2021). Dende sempre, mostrou grande interese polas artes, pois formou parte do grupo de teatro "Criaturas" da súa localidade, e polos idiomas, xa que colaborou co equipo de Normalización Lingüística no instituto e obtivo títulos de inglés da academia Cambridge English. Foi precisamente na narrativa onde puido unir o seu amor pola arte, os idiomas e o mundo sobrenatural das lendas galegas. Actualmente compaxina a escrita cos seus estudos superiores de Informática. Aqueles corpos nosos. Arquivos Malvís #2 é a súa segunda novela.
Gustaríalle ganar a vida como escritor: «Sempre me gustou expresarme a través das palabras e gustaríame profesionalizarme». Sabe que é difícil facerse un oco no mercado, por iso aínda lle sorprende ver o seu libro á venda nos lugares onde el mercaba libros cando era un rapaz. (ficha editorial)  
  
    
Un anaco da novela:    E, como das veces anteriores, Breogán empurrou o universo. A maxia acendeuse nas súas veas e as leis e normas naturais deixaron de aplicarse. Alí había lume porque así el o quería.
    As lapas acendéronse na súa man, sempre sen queimalo, e alumearon o lugar. Entón, Breogán estivo a punto de vomitar. A luz alaranxada do lume permitiulle ver a Sandra, que xirou o rostro para miralo. A cute colgáballe como se lle quedase demasiado solta e dos seus beizos fláccidos e manchados de vermello pendían longos fíos de sangue. Entre os dentes tiña restos de carne que mastigaba coma se non soubese onde se atopaba. Cunha das mans suxeitaba un mozo, que, pese a ser máis grande ca ela, non parecía ser quen de sacala de enriba, mentres que coa outra facía o posible por cubrir a vista do lume.
    Foi entón cando Breogán viu que o mozo tiña a camiseta rota e a carne baixo a pel ao descuberto. O rapaz mirouno con desesperación mentres choraba e trataba de zafarse, unha vez máis, de como o agarrara Sandra, a pequena rapaza que estaba comendo ao vivo.
    Deixándose levar polo instinto, Breogán fixo un xesto cara a Sandra e ordenoulle ao universo que alí tamén nacese o lume, e as leis da natureza víronse obrigadas a obedecer baixo o seu poder.
    A violenta explosión de luz e calor produciu o efecto desexado e, deixando escapar unha especie de berro inhumano, Sandra soltou o rapaz e botou a correr. El non soubo que facer, pois a vítima estaba ferida, pero, ao mesmo tempo, non podía deixar escapar a Sandra despois do que acababa de presenciar. Desexou que as feridas do rapaz non fosen demasiado serias para non poder aguantar un chisco máis e lanzouse a correr por onde ía a outra.
    Sandra parecía evitar a aglomeración mentres fuxía. Corría cara a algún sitio concreto que se ía afastando do local e a música, e, cando quixo darse conta, a rapaza dobrou unha esquina e perdeuse por unha canella.
    Ao fondo desta, entre o rechamante cordón policial que xacía roto no chan, Sandra arrastrábase baixo unha tapa de sumidoiro entreaberta dun xeito imposible. A placa de metal só estaba separada apenas un centímetro do chan, pero ela fluía cara ao seu interior coma se o seu corpo fose unha bolsa chea de líquido. A carne encartábase sobre si mesma, esmagábase de formas imposibles e dobrábase coma se non houbese ósos no seu interior que mantivesen a forma.
    Ao arrastrarse daquela maneira, o seu rostro apertouse dunha forma noxenta, deformándolle as faccións. Dos orificios da súa cara, entre os beizos e mesmo dos condutos lacrimais, brotou unha estraña substancia amarelenta que salpicou o chan ao redor do sumidoiro.

                        * * *
    -Breogán... Que diaños foi iso?
    O rapaz pegou un chimpo e xirouse. A expresión do seu rostro desencaixouse cando... (pp. 91-92)

Data: 
Lun, 30/09/2024 - 12:57

PREMIO NACIONAL DE CÓMIC 2024

A ilustradora Bea Lema gaña o premio Nacional de Cómic por unha obra autobiográfica sobre a saúde mental. O xurado destaca de O Corpo de Cristo que é “innovadora, arriscada no formal, con texturas e composicións que transcenden as técnicas máis utilizadas, sen renunciar ao uso do humor e a unha mirada poética.”
Podes collelo na nosa Biblio!!!

 

Data: 
Mér, 18/09/2024 - 16:53

Biblio San Paio, a escena!!

Data: 
Mér, 18/09/2024 - 08:43

HORARIO

O NOSO HORARIO

No cadro recollemos o horario en que a biblioteca permanece aberta con profesorado encargado da mesma. Fóra dese horario debedes dirixirvos aos profesores de garda no Centro se tedes que facer algunha consulta urxente.

 

 

 

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

8:45

9:35

PECHADA

PECHADA

PECHADA

PECHADA

PECHADA

9:35

10:25

ABERTA

ABERTA

ABERTA

PECHADA

ABERTA

10:25 10:45

ABERTA

ABERTA

ABERTA

ABERTA

ABERTA

10:45

11:35

ABERTA

ABERTA

PECHADA

PECHADA

ABERTA

11:35

12:25

ABERTA

PECHADA

ABERTA

ABERTA

ABERTA

12:25 12:45

ABERTA

ABERTA

ABERTA

ABERTA

ABERTA

12:45

13:35

ABERTA

PECHADA

ABERTA

ABERTA

ABERTA

13:35

14:25

PECHADA

PECHADA

PECHADA

PECHADA

PECHADA

 

Para préstamos, renovacións e devolución de libros están reservados todos os recreos.

Data: 
!dat-abbreviation Dom, 15/09/2024 - 11:52

HORA DE LER

 
 
Data: 
Mar, 17/09/2024 - 07:00

BENVIDA

Data: 
Xov, 12/09/2024 - 00:32

LIBRO DO MES SETEMBRO 2024

 Querida arcea  de  Felín Romero Lorenzo


    Unha narración sobre o amor —tamén o desamor— , a amizade, o compromiso, a loita, a terra, a serra, a perda, a esperanza… Historias ambientadas nos territorios explorados durante as viaxes e a través das paixóns do propio autor: o monte, a caza, o rural, os cans… Relatos nos que predominan os desfavorecidos, os vulnerables, os perseguidos, os perdedores, xente que vive no gume da navalla… superviventes ao fin e ao cabo (como dalgún xeito tamén somos todos nós). E para continuar sobrevivindo, Felín invítanos a camiñar, aínda que sexa «sen saber ás veces cara onde».  
    
LANCE 6. OUTONO
O xogo consistía en contar coches. Sentados nas escaleiras da casa. O avó contaba os que subían dende a tenda de Amparo e eu os que viñan do Folón. Ás veces cambiábamos o sentido. Pero o avó sempre gañaba, e sorría ó facelo vendo como eu me enfurruñaba. Mentres os poucos coches e as horas pasaban, falábame. Falábame coa boca pequena dos curas e da Garda civil, falábame porque sabía que eu entendía. Un día ganei eu. E sorrin mentres o avó se enfurruñaba. E souben que as vitorias que custan saben mellor. E logo o avó foise.
Foise no ano no que Roger Milla nos ensinou a ledicia de bailar despois de marcar en Balaidos. Foise. E co tempo, a vella estrada ensancharona e os coches son tantos e van tan a presa, que o neno e o avó perderían a conta no seu хоgо. Os tíos ensináronme a seguirlle a pista ó raposo e a buscar niños. A escoitar a fala do monte e saber distinguir a voz da noitarega, da curuxa e da raposa. Os tios tamén me ensinaron o segredo das troitas... Logo, os tíos fóronse.
Antes pasaban os carros das vacas e dos bois, e polo San Miguel era un trunfo atopar espigas que caían na estrada ou nos camiños ó tropezaren os carros nos buratos. Logo corría xunto a tía e a avoa para levarlle esas espigas ás vacas.
O xogo consistía en darllelas a comer na man, mentres as vacas te miraban agradecidas cos seus fermosos ollos. E a tía dábame unha peseta por cada espiga ou traíame un Cropan da tenda. Logo deixaron de pasar carros e viñeron os tractores. E xa caían menos espigas. Hoxe xa non hai campos de millo sementados, xa non pasan carros. E os poucos tractores teñen que levar unha luz horrible para seren vistos. Xa non hai San Miguel e xa non caen as espigas nos camiños. Xa non podo correr cara á corte nin abeirar as vacas nas cunetas. Logo, as vacas fóronse. E a avoa. E tamén a tía.
Un día, decidimos ampliar a casa. Como se facía antes, sen xuros nin hipotecas. E as escaleiras de pedra xa non facian falla. Pero aquí todo se recicla. E o pai fixo unha fermosa lareira daquela pedra na que tantas horas pasei de neno co avo. E fixemos moitos lumes nesa pedra. E afumamos os chourizos e fixemos churrasco ós domingos. Logo, o pai foise.
Fronte á casa había unha explanada á que sempre lle chamamos o campo do balón. Estaba aberto e ali matabamos as tardes dándolle à pelota. Ás veces non podías, porque no campo do balón tamén se estendía a herba para secar ou se facían meducos. En ocasións tiñas que compartir o terreo de xogo coas ovellas que pastaban nel. Alí aprendemos a soñar. E aprendemos que as feridas dos xeonllos, como as da vida, cúranse con máis feridas. E alí tamén aprendemos a mocear e foi onde os nosos corpos se foron descubrindo e medrando. Hoxe en día, o campo está pechado e ten herba de plástico. E os nenos xogan nel con botas de cores e aínda que caian xa non se feren nas pedras. Aquel campo do balón, onde os teus ollos desarmaban a noite. E o teu corpo recendía como as herbas do San Xoán. Onde fixemos o amor por primeira vez. E logo, fúcheste.
Case que todas as persoas que quixen nesta vida xa se foron. Como se vai a auga entre os dedos dun cativo que tenta apreixala. Todos se foron xa. E o corazón teno un trasno malo que aperta e se ri coas punzadas da dor. Por iso sigo contando os coches de vez en cando, e fago...(pp. 35-37)

Data: 
Mér, 11/09/2024 - 13:03

POESÍA DO MES DE SETEMBRO 2024

POESIA

Data: 
Mar, 10/09/2024 - 08:43


by Dr. Radut