Skip to Content

Universitari@s alemáns contra o nazismo

A ROSA BRANCA: UNIVERSITARIOS ALEMÁNS CONTRA O NAZISMO

monumentoMentres o nazismo estendía as súas gadoupas por Europa, os movementos de oposición ao mesmo dentro de Alemaña que se dedicaron á resistencia e á sabotaxe pasaron moi desapercibidos. Se a historia dalgún deles resulta  especialmente conmovedora polo seu compromiso moral, o seu idealismo, a súa inxenuidade e, como consecuencia , o seu tráxico fin, ese  foi o xurdido nos anos 1942 e 1943 na Universidade de Munich e que se coñece co nome de A Rosa Branca
Willi Graf, Jurgen Wittgenstein Hans Scholl, Alexander Schmorell e Sophie Scholl  eran estudantes na universidade de Munich. Cando comezou a deportación masiva de xudeus consideraron chegada a hora de denunciar as políticas de exterminio mediante a súa principal arma: a palabra;  así  principian a publicación de panfletos:
nada é tan indigno dunha nación como o permitir que sexa gobernada sen oposición por unha caste que cedeu aos baixos instintos… A civilización occidental debe defenderse contra o fascismo e ofrecer unha resistencia pasiva antes de que o último mozo da nación derrame o seu sangue nalgún campo de batalla (primeiro panfleto)
Miles foron os panfletos que fixeron circular para concienciar aos seus concidadáns:rosa branca
Desde a conquista de Polonia 300.000 xudeus foron asasinados, un crime contra a dignidade humana… Os alemáns alentan aos criminais fascistas cando carecen dun sentimento que clame á vista de semellantes accións. É preferible o fin do terror antes que un terror sen fin (segundo panfleto)
O grupo inicial ampliouse a outras cidades (Hamburgo, Freiburg, Berlín ou Viena) e para deter a guerra, avogaron pola sabotaxe á industria bélica:
Sabotaxe nas fábricas de armamento, xornais, cerimonias públicas e do Partido Nacional Socialista… Convencer ás clases máis baixas do insensato que é continuar a guerra (terceiro panfleto)
A  estes mozos uniuse o catedrático de filosofía Kurt Huber.
Os panfletos que publicaban eran cada vez máis críticos con Hitler e a pasividade do pobo alemán. A temible Gestapo buscaba aos responsábeis daqueles escritos; moitos sospeitosos foron arrestados pero vai ser un bedel da universidade de Munich membro do partido nazi, Jakob Schmidt, o delator dos primeiros membros de A Rosa Branca  que remataron executados.
Unha das condenadas, Sophie, dixo antes de morrer:
Como podemos esperar que prevaleza a xustiza cando case non hai xente que se brinde individualmente en pos dunha causa xusta. Un día tan lindo, tan solleiro, e debo irme, pero, que importa a miña morte, se grazas a nós miles de persoas espertan e comezan a actuar?
sophieE deste movemento dixo Clara Zimmerman:
A Rosa Branca é unha páxina radiante nos anais do Século Vinte. A coraxe de nadar contra a corrente da opinión pública, aínda cando o facelo era equivalente a un acto de alta traizón, e o convencemento de que a morte non era un prezo demasiado alto a pagar por seguir os ditados da conciencia...
Estes universitarios abandeiraron unha loita silenciosa contra a cruel megalomanía de Hitler e convertéronse en símbolo da liberdade e da dignidade humana. O  crime de todos eles foi defender uns ideais incompatíbeis co momento histórico polo que atravesaba o seu pais e gran parte de Europa. Dúas películas recollen a historia deste movemento: A Rosa Branca de Michael Verhoeven (1982) e  Sophie Scholl, os últimos días (2005), dirixida por Marc Rothemund.

FONTES:
http://elkronoscopio.blogspot.com.es/2016/02/la-rosa-blanca.html
https://curiosidadesdelahistoriablog.com/2014/03/07/la-rosa-blanca-resistencia-universitaria-en-alemania-contra-el-nazismo/
http://www.new-books-in-german.com/es/la-rosa-blanca-o-como-alemanes-normales-y-corrientes-combatieron-en-la-resistencia
http://www.elsiglodeuropa.es/siglo/historico/2006/687/687pens.html
http://www.lasegundaguerra.com/viewtopic.php?t=9190



page | by Dr. Radut