Skip to Content

21 Febreiro: Día la Lingua Materna

A riqueza da lingua materna 

Os idiomas, coa súa complexa imbricación coa identidade, a comunicación, a integración social, a educación e o desenvolvemento, son factores de importancia estratéxica para as persoas e cartelpara todo o planeta. Con todo, por mor dos procesos de globalización, pesa sobre as linguas unha ameaza cada vez maior de extinguirse; nalgúns casos, algunhas xa están a desaparecer completamente. Coa extinción dos idiomas mingua tamén a rica trama da diversidade cultural. Pérdense posibilidades, tradicións, recordos, modalidades únicas de pensamento e expresión; recursos valiosos e necesarios para lograr un futuro mellor.

Polo menos o 43% das 6000 linguas que se estima que se falan no mundo están en perigo de extinción. Tan só uns poucos centenares de idiomas tiveron o privilexio de incorporarse aos sistemas educativos e ao dominio público, e menos dun centenar utilízanse no mundo dixital.

O uso das linguas maternas no marco dun enfoque plurilingüe é un compoñente esencial da educación de calidade, que é a base para empoderar ás mulleres e aos homes e ás súas sociedades. Debemos recoñecer e promover este potencial das linguas para non deixar a ninguén atrasado e construír un futuro máis xusto e sustentable para todos, como se recolle nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).

A diversidade cultural e o diálogo intercultural, o fomento da educación para todos e a creación das sociedades do coñecemento son factores fundamentais para o labor da UNESCO. Pero eses labores non son posibles sen un amplo compromiso internacional orientado a promover o plurilingüismo e a diversidade idiomática, o que inclúe a preservación das linguas en perigo de desaparición.

Desde 2002, celébrase o Día Internacional da Lingua Materna, co obxectivo de promover o multilingüismo e a diversidade cultural.

A diversidade lingüística atópase cada vez máis ameazada cun maior número de linguas que desaparecen. Como media, cada dúas semanas, unha lingua desaparece, levándose consigo a desaparición tamén de todo un patrimonio cultural e intelectual.

Afortunadamente, e grazas a que se asumiu a importancia que teñen estas linguas, alcanzáronse logros en materia de educación plurilingüe baseada a lingua materna, en particular na educación primaria. Así mesmo, hai un compromiso cada vez maior para que se desenvolvan na vida pública.

As sociedades multilingües e multiculturais existen a través das súas linguas, que transmiten e preservan os coñecementos e as culturas tradicionais de maneira sustentable. Por iso, debemos coidar de todas as linguas. 

http://www.un.org/es/events/motherlanguageday/

 

 



page | by Dr. Radut