Skip to Content

De amoribus (XV) Hachikō

    A FIDELIDADE

    O 9 de marzo de 1935, Hachikō foi encontrado morto fronte á estación de Shibuya, Xapón, tras esperar infrutuosamente durante máis de dez anos ao profesor Ueno, o seu amo. ​Ao lado da tumba do profesor, no cemiterio de Aoiama-Tokio construíuse un monolito co seu nome.

    Hachikō foi enviado dentro dunha caixa desde a prefectura de Akita deica a estación de Shibuia (dos días nun vagón de equipaxe). Cando os criados do profesor o foron retirar, creron que morrera, porén cando o profesor lle achegou unha cunca de leite reanimouse. O profesor deuse conta de que tiña as patas de adiante algo tortas e deulle o nome de Hachikō (oito en xaponés).

    Cando a filla profesor casou e foi vivir á casa paterna de seu esposo, o profesor pensou en regalarlle a Hachi, pero pronto se encariñou co can que o adoraba.tumba

    O can acompañábao á estación para despedirse  todos os días cando o seu dono ía dar clases e ao  final do día volvía á estación a recibilo. Esta rutina foi percibida polas persoas que transitaban polo lugar e polos donos dos comercios da zona.

    Cando o profesor morreu dun ataque, o can quedou esperando na estación a que volvese. Os transeúntes e veciños compadecidos comezaron a darlle de comer e o seu caso conmoveu á opinión pública. Dez anos despois o can morreu e no lugar ergueuse unha estatua de bronce que lembra a súa fidelidade deica a morte.

   Curiosamente a súa é unha das razas consideradas potencialmente perigosas, co que de novo comprobamos que no é o can, senón o amo, que o fai perigoso.

https://es.wikipedia.org/wiki/Hachik%C5%8D

Data: 
Sáb, 11/02/2023 - 23:00


page | by Dr. Radut