O noso centro contribuiu con varios centos de alumnos e alumnas ao desenvolvimento do Correlíngua 09 na zona do Baixo Miño que este ano percorreu a nosa cidade.
Elaboramos unha faixa co lema : O GALEGO É PONTE INTERNACIONAL e esta foi a escollida pola organización para encabezar a marcha.
Mais de 2000 alumnos de case todos os centros da comarca percorreron as rúas da zona monumental de Tui para terminar cun festival na parte posterior da Área panorámica.
A equipa de normalización linguística do centro elaborou un completo programa de proxeccións para commemorar a Primeira Semana do Audiovisual Galego.
Durante 5 dias o noso centro foi escenário constante e permanente de proxeccións de filmes, documentários e curtas, que tintaron de arte as aulas do noso centro. A escolla dos títulos fíxose en función da cualidade e da diversidade de temáticas : Filmes de natureza, de drama, comédia curtas sobre a língua, ou mesmo deseños animados concretaron un abano representativo do audiovisual de cualidade que se está a facer no país.
Se queres ver o cartaz coa programación da Semana preme na figura a seguir.
Se queres ver algunha foto dos momentos das proxeccións preme aquí.
"Aínda que na guerra e postguerra houbo moitos actos de heroísmo, moitas historias insólitas de persoas que fuxiron da morte e do fascismo, a aventura de Afranio de Amaral chama a atención pola importancia do personaxe (Alonso Ríos era naquela altura deputado nas Cortes) e por estar documentada a través dun libro e dunha testemuña gráfica, a fotografía que Afranio fixo para obter o seu pasaporte portugués e poder fuxir a América. A noite do 18 de xullo Antón Alonso Ríos comezou a organizar a resistencia popular en Tui ao golpe de estado. Despois dalgúns combates, foxe da vila e tras vagar varios días por distintos lugares, danlle acollida, xunto a Guillermo Vicente (alcalde de Tui), nunha casa en Tarroña, onde permanece agochado dende o até o 11 de agosto. Ofrecían 50.000 pesetas a quen o capturase, así que Alonso Ríos decide facerse por esmoleiro. Para non ter problemas por non ter documentación fíxose pasar por portugués, autobautizándose como Afranio de Amaral, nome dun naturalista brasileiro, e inventándose toda unha biografía. Traballa durante dous anos en varias casas, na Guarda e en Forcarei, até que despois de varios intentos logra fuxir a Portugal, de onde pasa a Casablanca e de aí a Bos Aires, onde é recibido como un heroe." (Marcos S. Pérez, Vieiros, Xuño 2008)
Antón Alonso Ríos foi un dos persoeiros máis significativos da historia recente do Baixo Miño en particular e da Galiza en xeral. Mestre en Tomiño, Deputado en Madrid, viuse obrigado e fuxir unha vez que as tropas franquistas ocuparon Tui. A súa fuxida foi unha odisea na que non faltarían a fame, as intrigas e a miseria. O deputado pasou a ser un pobre de pedir para salvar a vida. E como tal, viviu en cortellos e alboios, fincas de millo, e ao ar libre, até que logrou entrar en Portugal e de alí fuxir para América, onde foi figura chave no mentemento da identidade galega no exilio. As súas peripecias están contadas no seu libro “O siñor Afranio”. Non podemos permitirnos o esquecementos destas figuras referentes na dignificación da Terra. Por iso o ENDL organizou, co apoio do Departamento de Historia, unha actividade de recuperación da memoria histórica consistente nun percurso pola ruta de fuxida do Sr. Afranio na Comarca do Baixo Miño. Previamente á saída fixo-se unha sesión de preparación e documentación dos alunos e alunas de 4º da ESO,a través de leituras e explicacións por parte do profesorado do Departamento de História do Centro. Os nosos obxectivos eran: 1.Reivindicar a figura dun defensor da identidade de Galiza e da súa lingua en circunstancias difíciles de represión e falta de liberdade. 2.Valorar o significado do compromiso coa causa das liberdades e a dignidade das persoas e do noso patrimonio inmaterial. 3.Identificar e valorar o contorno natural máis próximo (Monte Aloia e serra da Grova) e compartir a experiencia dunha saída didáctica á natureza. Un dos obxectivos secundários é a visita aos petroglifos do monte Tetón, que fica na rota de fuxida de Alonso Rios. Se queres ver algunha foto da actividade podes premer aquí.
Afirmaba o poeta:”Calquera tempo pasado foi mellor...” Non ten porque ser así dende logo, malia que cos anos irnos perdendo, evidentemente, capacidade de resistencia física ou o noso corpo vai gañando en engurras por toda a súa superficie. En fin, o ineludible paso do tempo non ten retorno por moitas voltas que lle queiramos dar. Só a nosa mente, o noso poder de adaptación á nove realidade vital serán as claves para enfrontar con relativo éxito e optimismo esa carreira sen volta que nos leve ata a fin do noso periplo polo mundo dos vivos.
Se cadra, este traballo, queculminou nesta exposición, teña abondos adobíos de volta atrás, sen necesidade de recuperación dese “tempo pasado’, desa infancia, xa afastada, na que nos sobraba imaxinación e faltaban moitos outros recursos, ás veces imprescindibles, para conseguir unha harmónica adolescencia e posterior xuventude. É, xa que logo, nostalxia en estado puro, mais ao mesmo tempo unha sorte de homenaxe a aqueles enredos xoguetes ouargalladas que tanto nos fixeron rir, chorar de emoción, suar de cansazo, soñar co día seguinte, ser solidarios cos demais, compartir momentos de ledicia ou evadirnos dunha, demasiadas veces, triste e azarosa realidade. Por todo isto ben paga a pena facer un labor así.
A presente mostra consta, aproximadamente, dunhas duascentas cincuenta pezas, organizadas seguindo un criterio estacional, é dicir, segundo a clase de xoguetes que era máis común realizar en función do material que a natureza nos propuña en cada época do ano, aínda que se podían empregar outros criterios organizativos, como os de funcionalidade ou material en que están realizados. Desexamos que con este acercamento ao noso pasado nos fagamos máis solidarios e solidarias e saibamos transmitirlles aos nasos nenos e nenas unha mensaxe de respecto á natureza que nos rodea, que tanto nos dá e que só nos pide que non a maltratemos e desprecemos, antepoñendo os intereses económicos sobre calquera outro.
A exposición
Case se pode afirmar, con total seguridade, que o xogo e o xoguete son tan ontigos coma a vida. E máis, son a vida mesma, un reflexo real de “quen xoqa está máis vivo”.
A realización de enredos por parte do neno ou de familiares para o seu divertimento é unha tradición que vén de sempre. Unha maneira de ir incorporando, paseniñamente, o pasado no presente de cada xeración. Un elo máis desa codea de transmisión da cultura dun pobo, da humanidade.
A presente exposición recolle unha mostra de xoguetes populares e tradicionais, orixinais e reproducións, froito dunha labor de investigación realizada durante anos pola xeografía galega, ben a través do trabollo de campo directo ou da pescuda bibliográfica. De todos eles está contrastada a súa existencia e o seu funcionamento, de o teren, así como a forma de construílos.
A súa clasificación está elaborada en función do momento en que se realizaban tales argalladas ou, cando menos, en que se xogaba. Malia que pode ter algunha variación, a división estacionar sempre é, quizabes, máis acorde co desenvolvemento dos propios xogos e xoguetes e, sobre todo, co xurdimento dos diferentes materiais que cumprían para a súa feitura. Hai que ter en conta tamén que o xoguete creábase, no meirande parte dos casos, pola similitude e semellonza cos diferentes troballos agrícolas, gandeiros e mariñeiros, principalmente, que realizaban os maiores nese mundo rural predominante. Finalmente, outra das rozóns da devandita clasificación é a relación directa que tiñan estes xoguetes coa natureza que, onde ten a súa máxima expresión é no medio rural e non no urbano. Así atoparemos argalladas feitas de cana, ameneiro, loureiro, sabugueiro, bugallos de carballo, millo, noces, abelás,… materiais estes que xa non se utilizan na fabricación dos xoguetes infantís de hoxe en día.
Na nosa Galeria de imaxes podes ver algunhas fotografías da exposición