Skip to Content

O desenlace do MISTERIO DO CASTRO (XOGO ESCAPISMO MATEMÁTICO)

Aínda non sabes o que aconteceu con Aurelio e Joana?

Entra na web e coñecerás todo sobre O MISTERIO DO CASTRO.

Acto de despedida do alumnado de 2º de Bacharelato

23 Maio: Día Internacional da Orientación no IES San Paio

TODO PREPARADO PARA OS RECREOS DESTE MÉRCORES 23

SECRETARÍA, SAÍDAS E MICROSPRINT NO CAMPO DE TERRA

PROBA DE ORIENTACIÓN POR TODO O PATIO DO INSTITUTO

PARA PROFES E PARA ALUMNADO!!!!!

 

Estamos a preparar unha proba de orientación e un microsprint de Orientación a Pé co gallo do Día Internacional deste fantástico deporte.

 

Todo o alumnado e profesorado que teña interese e cusiosidade pode participar: correndo ou andando; sós/soas ou en parellas pero cómpre inscribirse para poder organizar mellor o material e a propia actividade.

 

1º Recreo: participará o alumnado de 1º e 2º de ESO 

2º recreo resto do alumnado

 

Vai ao campo de terra e PARTICIPA!!

máis información sobre ese día e sobre o deporte:

https://wodspain.wordpress.com

Conversa entre María Xosé Queizán e Marga Romero

1º NO IX TUI LE

Si puidemos...
Nin o ceo agrisado, nin as leves pingas de choiva, nin a viruxe, nin as présas dos ensaios, nin os traizoeiros nervios da posta en escena final... foron quen de agochar o bo facer da nosa comunidade educativa que contribuíu á IX edición do Tui Le coa presentación dun kamishibai a partir de textos de "O principiño" e co recitado dun poema de "Os soños na gaiola", todo adobiado con acompañamento musical; alumn@s de 1º de ESO encargáronse dos textos e @s de 1º de bacharelato das melodías; a todos: recitadores, músicos, profesorado e audiencia moitas grazas e xa quedamos convocados para o X Tui Le porque en Tui antes, agora e sempre lemos e queremos seguir manifestando, de xeito mancomunado e público, o noso irrenunciábel compromiso coa lectura.

IX TUI LE

 

O próximo venres 11 de maio, en horario de 9.15 a 13.15 horas, na Praza de San Fernando terá lugar por noveno ano consecutivo unha nova edición do Tui Le na que participan once centros educativos do concello de Tui, deles nove son de titularidade pública (CEIP nº 1, 2, Guillarei, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns, CRA “Mestra Clara Torres” e IES “Indalecio Pérez Tizón” e “San Paio”) e dous de titularidade privada (Maristas e Seminario). 

Unha das partes do programa consiste nas actuacións dos distintos centros: O noso IES preparou un kamishibai a partir dunha adaptación de textos de O Principiño así como a recitación dun poema de Manuel María que terán como protagonistas ao alumnado de 1º de ESO e de 1º de Bacharelato coa música.

Outras actividades son un intercambio de libros (non esquezades levar un libro), un photocall  e unha exposición de carteis elaborados por escolares de cada un dos centros con creacións sobre a figura da xa citada Mª Victoria Moreno.

Ao longo da xornada máis de 800 alumn@s e profesor@s farán visible, co seu traballo e implicación, unha vez máis, que Tui Le porque, como di o poeta Antonio Gamoneda Ler é vivir dúas veces.

COMICON MOAÑA. Club Tuitaku.


 

Finais deportivas no IES San Paio 2018

Distribuir contido


by Dr. Radut