DE AMORIBUS. 14 de febreiro.
- Conmemoracións |
- 14febreiro |
- Concurso |
- de amoribus |
- deamoribus |
- QR |
- Titorías |
- Actividades
TITORÍAS E MATERIAS
O equipo da Biblioteca ten preparado un concurso adicado ao amor para todo o alumnado e profesorado.
Esta actividade é un pequeno xogo de coñecemento e investigación no que poden participar de xeito individual ou por equipos (non máis de tres participantes por equipo).
Precisan dun móbil ou dispositivo que teña datos e lector de códigos QR.
DESENVOLVEMENTO DO XOGO:
- Nos corredores do centro están expostos carteis sobre diferentes formas de amor.
- Cada cartel ten un código QR que enlaza co blog da Biblioteca onde está colgada a información sobre a situación ou persona da que se fala.
- Así mesmo, hai dúas preguntas: A primeira é para os niveis de 1º e 2º de ESO e a segunda, para o resto.
- Unha vez se teñan as respostas a todas as preguntas do mesmo nivel de cada cartel, comezarase un Xogo de Breakout on line (ver abaixo os enlaces con QR ou preme na imaxe para acceder).
- Cando o alumnado sexa capaz de rematar o Breakout, deberá pasar pola Biblioteca do IES para acceder ao Concurso.
XOGO PARA 1º E 2º DE ESO | XOGO PARA O RESTO DO ALUMNADO |
Adxunto | Tamaño |
---|---|
cartel profes 14 febreiro.pdf | 82.87 KB |