A revolución dos caraveis
25 de abril: A REVOLUCIÓN DOS CARAVEIS
A Revolución dos Caraveis (en portugués: Revoluçao dos Cravos ou O 25 de Abril) é o nome dado o levantamento militar do 25 de abril de 1974 que provocou a caída do réxime ditatorial coñecido como Estado Novo, fundado en 1932 por António de Oliveira Salazar.
O xeneral António de Spínola converteuse en presidente dunha Xunta de Salvación Nacional encargada de levar a democracia ao país. Unha consecuencia do final da ditadura sería a independencia das últimas colonias portuguesas en África. En 1975 convocáronse eleccións constituíntes e outorgouse a independencia ás colonias de Angola, Mozambique, Guinea- Bissau, Cabo Verde e San Tomé e Príncipe.
Ás doce e media da madrugada do 25 de abril de 1974 emitíase por Radio Renascença a canción Grandola, Vila Morena; era o sinal elixido polos capitáns do Movemento das Forzas Armadas ( MFA) para poñer en marcha o golpe militar que poñería fin á ditadura máis vella de Europa. A ningún dos mozos militares que emprenderon aquela acción pasoulles pola cabeza que ían protagonizar o pistoletazo de saída dun dos procesos revolucionarios máis profundos de toda a historia do movemento obreiro.
A canción " Grandola Vila Morena" foi un dos símbolos da revolución portuguesa de 1974; do mesmo xeito que os caraveis vermellos con que a poboación de Lisboa obsequiou aos militares saídos ás rúas.
Esa primavera, todos os focos do mundo apuntaron á experiencia lusa, que se rodeou dun halo romántico que aínda hoxe segue conservando.