Semana Branca 2017

Sábado 28/01/2017: Xa están todos e todas de volta en Monforte de Lemos e esta é a foto da despedida da Semana Branca en Andorra do IES Río Cabe 2017:

Xoves 26/01/2017: Día de esquí completo e estupendo, aínda que a última hora da tarde comezou a nevar abundantemente. Tamén aproveitaron para celebrar o cumpreanos de Ismael.

Mércores 25/01/2017: Hoxe día perfecto de esquí, pola mañá, cun sol impresionante e nevando pola tarde. Ningún lesionado e todo o alumnado esquiando sen contratempos. Ademáis algúns e algunhas tiveron ocasión de patinar sobre xeo, como podedes ver nas seguintes imaxes do día de hoxe:

Martes 24/01/2017: Hoxe segundo contacto coas pistas e bo día de neve. Todo o alumnado esquiando dentro do previsto nun gran día de sol:

Alumn@s de 3º de ESO e 1º BAC iniciaron a noite do sábado ao domingo 22 de xaneiro de 2016 a “Semana Branca en Andorra”.

A excursión está organizada polo Departamento de Educación Física. Os profesores acompañantes son Carlos Parada e Carlos Bacelo, profesores de Educación Física, xunto coa profesora de Lingua Castelá e Literatura, Paula Martínez.

A chegada a Andorra produciuse sen ningún contratempo e xa están instalados no Hotel Cosmos.

O luns estrearon as pistas de Soldeu el Tarter co seu primeiro día de esquí, a pesares das pequenas gotas de neve que estiveron caendo durante a maior parte do día. A continuación podedes observas dúas instantáneas do grupo na estación de esquí:

 

A volta está prevista para o vindeiro sábado 28 de xaneiro. Seguiremos informando desde esta páxina web do centro a medida que os profesores acompañantes manden máis información nos vindeiros días.