Saída da ESA

O alumnado da ESA, acompañado da profesora do Ámbito Social, Ana Delgado, e da profesora do Ámbito de Comunicación, Noelia Besteiro, ralizaron unha saída para coñecer o Monforte máis monumental. Fixeron unha visita guiada á Torre da Homenaxe e tamén ao conxunto de San Vicente do Pino. Logo, pasearon polo Barrio Xudeo, Praza de España, Rúa Cardeal e finalmente visitaron a igrexa dos Escolapios. Aproveitaron para poñer en marcha os coñecementos adquiridos na materia de Historia sobre castelos e fortalezas, e ademais practicaron a expresión oral en lingua galega, facendo pequenas exposicións sobre os lugares que visitaron.

Sen dúbida, esta saída tan proveitosa foi unha fermosa maneira de pechar este curso 23/24.