1º Bacharelato. Relatorio exalumnado do IES Río Cabe: Rocío Álvarez-Cedrón, Carlos Ingunza, Hugo Morales e Pablo Pérez

20.10.2023

 

O venres 20 de outubro, un grupo de ex alumnos visitou o instituto para compartir as súas traxectorias académicas e profesionais cos estudantes de 1º de Bacharelato. Neste caso, os relatores foron Carlos Ingunza, enxeñeiro en Organización Industrial, quen actualmente traballa como consultor nunha empresa en Madrid. Hugo Morales e Pablo Pérez, ambos os enxeñeiros en informática; Hugo traballa nunha empresa galega desenvolvendo aplicacións para móbiles, mentres que Pablo traballa no ámbito da banca en Chicago. Por outra banda, Rocío Álvarez-Cedrón, unha enxeñeira en telecomunicacións a pesar de non ser exalumna do instituto, veu proprcionar unha perspectiva valiosa nun campo tradicionalmente masculinizado. Rocío tamén traballa en Chicago, pero no seu caso para unha coñecida empresa de telefonía móbil.
 
Durante a actividade, os enxeñeiros brindaron información sobre os seus estudos, como elixiron as súas respectivas carreiras e como progresaron nos seus campos profesionais. Os estudantes de bacharelato tiveron a oportunidade de facer preguntas e obter consellos sobre as súas futuras eleccións académicas, así como comprender a importancia da diversidade de xénero e o traballo en equipo no ámbito laboral. Esta actividade proporcionoulles unha visión realista e motivadora das posibilidades educativas e profesionais que lles esperan despois de graduarse.

 

Moitas grazas por volver ao que foi a vosa casa. Desexámosvos moita sorte e moitos éxitos!

 

Agradecementos a Laura Cortiñas, PT do IES Río Cabe e exalumna do noso centro pola organización.

 

 A actividade enmárcase dentro do ciclo de relatorios de exalumnas e exalumnos do IES Río Cabe que volven ao centro para contarnos as súas experiencias académicas e profesionais.

 

Pica AQUÍ para visualizar a galería de imaxes.