Charla sobre violencia machista na mocidade

O pasado luns 16 de xaneiro, o alumnado de 4º de ESO asistiu a unha charla incluida dentro do plan Proxecta  “Por 365 días de respecto e igualdade” sobre violencia de xénero na mocidade, no salón de actos do Río Cabe. A poñente foi Rosa, terapeuta ocupacional no centro de recuperación integral  dependente da Consellería de Emprego e Igualdade, e o obxectivo da actividade foi proporcionar ás rapazas e rapaces desde a escola, formación e ferramentas que lles permitan coñecer e recoñecer a violencia contra as mulleres, e actuar na súa prevención, fomentando a autoestima, a autonomía, o coñecemento da construción social das súas identidades sexuais  e a asignación de roles, o que permitirá traballar na eliminación de estereotipos sexistas e de falsas crenzas.