Visita de 2º Bac a Santiago

O alumnado de 2º BAC do Río Cabe visitou hoxe, acompañado de tres das súas profesoras, Fina, Ángeles e Ana, a capital de Galicia. O obxectivo era dobre: por una parte, coñecer o Parlamento e a Catedral en profundidade, e por outra, descansar da rutina diaria das clases, despois dunha primeira avaliación intensa.

 

A primeira escala foi no parque da Alameda, onde viron as estatuas das Dúas Marías e a do escritor galego Valle Inclán, así como as espectaculares panorámicas da cidade.

 

 

Despois visitaron o Parlamento, onde tras escoitar a explicación sobre o seu funcionamento, tiveron  a ocasión de asiostir a parte dunha sesión plenaria. Á saída, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,  tivo a amabilidade de  posar cos alumnos para unha foto.

 

A terceira escala foi a catedral; entraron pola Porta Santa, viron o interior e visitaron a Capela de A Corticela, adicada a peregrinos e estranxeiros, e onde os alumnos escribiron un desexo nun papel;   por último, subiron ós tellados da catedral, onde se poden distinguir as distintas etapas de construción do templo e gozar das inmellorables perspectivas das prazas monumentais.

 

 

 

 

Despois dunha parada para comer, foron visitar o Pórtico da Gloria. Tanto ali, como nas fachadas da igrexa, os alumnos de arte fixeron de guía dos seus compañeiros e reafirmaron o aprendido nas súas clases teóricas.

 

 

Un día completo ó que acompañou un tempo moi bo, ideal para a visita á histórica cidade.