In search of hidden Monforte
O luns día 7 de xuño as alumnas do Ciclo superior de turismo do noso centro ( CS Guía, información e asistencia turísticas) fixeron de guías turísticas para un grupo de alumnos de 4º ESO. Toda a ruta se desenrolou en inglés. Os alumnos de secundaria non se esperaban unha visita na que non se lles falou dos lugares máis emblemáticos, típicos e coñecidos de Monforte, senón doutros ocultos ou xa desaparecidos e cunha historia detrás. E o mellor foi que tiveron que practicar inglés e facer de detectives durante hora e media para resolver aas pistas e poder seguir o itinerario de principio a fin.
Todos desfrutamos moito do estupendo tour e o colofón foi degustar un rico postre tradicional chamado “vexiga” e intentar descubrir sen éxito os seus sinxelos ingredientes. Esperamos que os rapaces de 4º da ESO aprenderan algo novo. As alumnas de Turismo e eu agradecémoslles o seu bo comportamento, simpatía e respecto en todo momento.
Unha experiencia para repetir.