Aberto o prazo para a solicitude de máscaras entre o alumnado da ESO
Está aberto o prazo para presentar a solicitude para a distribución de máscaras entre o alumnado da Educación Secundaria Obrigatoria.
Os beneficiarios que xa recibiron a axuda para material escolar non terán que presentar dita solicitude.
Os que non foron beneficiarios da axuda pero:
a) As familias teñan unha renda per cápita igual o inferior a 6000€.
b) Estean matriculados en educación especial, ou suxeitos á tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teñan unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.
Poderán presentar a solicitude na secretaría do centro ata o 27 de novembro.