Final da competición Young Business Talents 2019/2020

Dous equipos de alumnado de 1ºC Bac. participaron o pasado Venres 4 de setembro na final nacional de “Young Business Talents”. Debido á pandemia celebrouse por primeira vez de xeito telemático, retransmitindo por streaming a través de youtube a mesma.

O equipo BULLANDBEAR, formado polos alumnos Luis Buitrón Amaro, Iván Castro Álvarez, Breixo Fernández Le Yondre e Antón Ramos González, quedaron no 75º posto entre os 100 finalistas.

Por outra banda, o equipo TRIPRRIMOS, formado polos alumnos Iván Aira Morillo, Alejandro da Silva Rodríguez e Álvaro Elcoso Rodríguez, remataron a competición no duodécimo posto entre os 100 finalistas e quedaron campións dentro da simulación na que competían.

Young Business Talents é un torneo no que máis de 12.000 estudantes de ESO, bacharelato e formación profesional (organizados en 3.315 equipos) dirixiron as súas propias empresas a través de Internet e tentaron conseguir converterse na empresa que acumulase un maior beneficio ao longo do tempo. Para iso utilizaron un avanzado simulador de terceira xeración proporcionado pola empresa PRAXIS MMT.