ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018
Ao longo do mes de novembro, os centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos van desenvolver o proceso de ELECCIÓN DE MEMBROS DOS CONSELLOS ESCOLARES.
O proceso estará organizado pola Xunta Electoral que se constituiu o pasado 6 de novembro. As eleccións celebraranse o 26 de novembro.
O Consello Escolar permite a participación dos diferentes estamentos nas decisións que afectan aos aspectos máis relevantes do centro. Por iso é moi importante a implicación de todos. A partir deste momento, nos taboleiros de anuncios do instituto e nesta páxina web poderedes atopar información relativa a todo o proceso.
Quen forma parte do Consello Escolar?
MEMBROS NATOS: Director/a, Xefe/a de Estudos e Secretario/a (este último con voz pero sen voto)
MEMBROS ELIXIBLES: 7 representantes do profesorado, 4 do alumnado, 3 dos pais/nais, un representante do persoal non docente e un representante do Concello.
Nesta renovación parcial de 2018 corresponde elixir os seguintes membros do Consello Escolar: 7 representantes do profesorado, 3 do alumnado, 1 da ANPA, 1 do persoal de administración e servizos e o representante do Concello.
A continuación pode consultarse os membros cesantes no Consello Escolar en cada ún dos seus sectores, que corresponden coas prazas que deberán ser renovadas por elección. Tamén poden descargarse a continuación as solicitudes de candidatura en cada un dos sectores e outra información relevante:
- Composición do Consello Escolar e postos vacantes.
- Formulario de candidatura alumnado.
- Formulario de candidatura persoal de administración e servizos.