O Proxecto Comenius

O Proxecto Comenius queda enmarcado no grupo de Proxectos Educativos Europeos. Ten por obxecto reforzar a interelación entre os centros educativos a nivel europeo.


O IES Río Cabe forma parte deste proxecto dende o curso 2005/06, e ten unha duración de 3 anos. Nel traballan ademais 7 centros educativos de diferentes lugares de Europa: Alemaña, Holanda, Reino Unido, Dinamarca, Grecia e un centro de Xerez de La Frontera (España).


O traballo realizado ao longo destes anos foi o seguinte:

  • Curso 2005/06: Neste curso decídese que os representantes dos alumnos do centro sexan de 2º da ESO, para garantir a continuidade do proxecto nos 3 anos de duración. Os participantes son un grupo de 16 alumnos de 2º coordinados polas profesoras Artemia Madarnas e Mª Carmen Rodríguez Esperante.
  • Curso 2006/07: No mes de Novembro, as profesoras coordinadoras do proxecto asisten a unha xuntanza en Dinamarca para deseñar o traballo a realizar durante o curso académico. O contacto entre os alumnos dos diferentes centros facíase mediante correo electrónico. Parte deste traballo facíase fora do horario lectivo, porque algúns alumnos non tiñan ordenador nas súas casas. No mes de Febreiro dúas alumnas do centro asistiron á primeira viaxe do alumnado do proxecto. O lugar de encontro foi a cidade de Jerez de La Frontera, en Cádiz. Igualmente, comezouse a traballar na elaboración dun calendario europeo. Finalmente, no mes de Xuño tivo lugar a segunda viaxe dos alumnos do centro á cidade de Kiel, en Alemaña.
  • Curso 2007/08: No mes de Outubro, o instituto recibiu a alumnos dos demais centros participantes do proxecto. No mes de Febreiro, realizouse a terceira viaxe, neste caso a Grecia, con catro alumnos do centro. No mes de Maio realizouse outra viaxe pero ésta vez a Reino Unido, con dúas alumnas do centro.
  • Curso 2008/09: Neste curso académico fixéronse dúas viaxes, unha a Dinamarca e outra a Holanda. A viaxe a Dinamarca realizouse no més de Novembro (do 3 ao 7) acompañados de catro alumnos do centro, e a viaxe a Holanda que se realizou no més de Marzo (do 16 ao 20), acompañados por tres alumnos. Nesta última viaxe concretouse o proxecto final: o calendario europeo de festividades seleccionadas polos propios alumnos  está previsto realizar outra viaxe a Dinamarca, con catro alumnos do centro no mes de Novembro. Finalmente, haberá unha xuntanza en marzo en Holanda, onde se atopa o centro coordinador do proxecto. Nesta viaxe farase a presentación do proxecto xa rematado: "O calendario europeo de festividades".

O último paso do proxecto é a impresión do calendario para que poida ser difundido entre os alumnos que participaron no proxecto, os respectivos centros de ensino e as correspondentes cidades nas que se atopan.
 
Traballo realizado polos alumnos: 
  • Curso 2006/07: Primeiros contactos entre o alumnado dos distintos paises, presentación, contorno, o seu centro educativo, hobbies, etc, vía correo electrónico. Tamén fixeron as primeiras investigacións acerca dos outros países impricados, información que quedou plasmada nuns paneis que foron expostos no centro.
  • Curso 2007/08: Comezan as viaxes para que o alumnado dos distintos países entren en contacto, comparen as súas festividades, entendan o que significan as festas dos outros e as propias. Os alumnos teñen que expor, en inglés, as súas festas aos alumnos dos outros centros. Todo este traballo recóllese en formato electrónico e tamén en paneis, expostos no centro.
  • Curso 2008/09: Continúan as viaxes e o traballo conxunto do alumnado, así como o perfeccionamento da súa competencia lingüística en inglés, que é o outro dos obxectivos deste proxecto. Publícanse na páxina web do centro os diferentes traballos das festividades autóctonas ed europeas, así como unha galería de fotos das diferentes viaxes realizadas.