Skip to Content

Novas

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE ADMITIDOS NA RESERVA DE PRAZAS PARA O VINDEIRO CUROS 2018-2019

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE ADMITIDOS NA RESERVA DE PRAZAS PARA O VINDEIRO CUROS 2018-2019

 

No apartado de " SECRETARÍA " está a disposición pública a listaxe definitiva de ADMITIDOS na reserva de prazas do noso centro para o vindeiro curso 2018-2019.

 

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALIA NO SEU 181 ANIVERSARIO 24-02-2018

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALIA NO SEU 181 ANIVERSARIO 24-02-2018

No IES Ramón Caamaño queremos celebrar e conmemorar o 181 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro poñéndolle rostro na fachada do edificio para que estudantes, profesores, viandantes e veciños desfruten da súa presenza e o celebren con nós esta data. O acompaña un estracto dun dos seus poemas que dí:

 

"daquelas que cantan as pombas i as frores..."

 

É de obriga lembrar para todo Muxián o fermoso poema adicado a "Nosa Señora da Barca" no seu libro "Cantares Gallegos" publicado en 1863.

 

Para homenaxear tamén a Rosalía no seu día, os alumnos de 1º ESO B co apoio da profesora Maria Ledo Ares ilustraron algúns dos seus poemas e fixeron con eles un mural. Este foi o resultado:

 

 

 

BO NADAL IES RAMÓN CAAMAÑO

BO NADAL IES RAMÓN CAAMAÑO


Con esta postal tan reivindicativa e o mesmo tempo tan necesaria querémos desexarvos a todas e todos os membros da Comunidade Educativa unhas Felices Festas e un Bo Nadal.

A autora é Xiana Sar Rañó de 2º ESO B, gañadora do Concurso de Postais de Nadal, organizado pola Bibliotega do Centro e o Equipo de Dinamización Lingüística.

 

"Este 2018 só desexo que tódolos 25 sexan en igualdade"

 

BO NADAL ALUMNADO 4º ESO EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL

 

BO NADAL ALUMNADO 4º ESO EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL 

 

 

CHARLA SOBRE OS INCENDIOS: POR QUÉ ARDE O MONTE EN GALIZA?

CHARLA SOBRE OS INCENDIOS: POR QUÉ ARDE O MONTE EN GALIZA?

Onte (19-12-2017), veu visitarnos Francisco Javier López González, profesor do Departamento de Enxeñería Agroforestal na Escola Politécnica Superior de Enxeñería no Campus de Lugo (Universidade de Santiago). É coordinador do Programa "A Ponte" que serve como o propio nome di, para facer de ponte entre o ensino medio e o ensino Universitario, vinculando ambos ámbitos docentes.

Preocupados e implicados en aportar luz sobre o tema dos incendios en Galicia e sentíndo a necesidade de dar unha resposta, de aportar un grao de area de axudar a prevención dos mesmos, de expoñer as causas que os fan propicios, de desenmascarar os tópicos, erros e crenzas erróneas sobre o tema, e de establecer unha panorámica sobre o bo uso do lume como ferramenta que revolucionou, axudou e axuda a evolución humana nos diferentes ámbitos e tarefas que desenvolve o home, deciciron preparar unha serie de charlas precisamente para "informar", "clarificar" e "axudar" a ter unha perspectiva completa sobre o tema nos centros de ensino secundario.

Salientou,entre os graves problemas que axudan a que os incendios vaian en aumento, o factor do "abandono" do monte e as "actividades agrogandeiras" en Galicia e a "planificación" a nivel xeral dos usos do mesmo.

Animou ós noso alumnado a "pensar" en formarse como futuros Enxeñeiros de Montes e  a implicarse desde o pequeno no deseño do territorio do noso país. 

Moi agradecidos, esperamos volver a contar con él en vindeiros proxectos. 

 

MASTERCLASS EN BELA MUXIA. KEPA JUNQUERA-PAULA VILELA VIGO

MASTERCLASS EN BELA MUXIA. KEPA JUNQUERA-PAULA VILELA VIGO

Onte tivemos a sorte  de escoitar en Muxía a grandes figuras da Música Folk de Euskadi e de Galiza.
Pepe Formoso xerente do Albergue Bela Muxía foi o promotor dun evento máxico, multidisciplinar e multicultural onde grandes músicos, estudiantes e veteranos, deron o mellor de si, colaborando, improvisando, acompañando os diferentes ritmos, sons e intrumentos, aprendendo e disfrutando. Máis que un concerto os que alí estabamos presenciamos unha auténtica Masterclass.
O fío conductor e “alma” do “evento” foi Kepa Junquera, home polifacético e músico Vasco  mestre da Trikitixa; acompañárono Bieito Romero (Luar na Lubre, músico gaiteiro), Fernándo Fraga (músico acordeonista, compositor e director da Escola Municipal de Música de Cee), Santiago  Antelo  Bardullas (músico gaiteiro e profesor de música), Irma Macías (Voz Lírica), Leo KCH (Rapeiro), alumnos de Fernándo, de Santiago así como tamén, e sobre todo, Paula Vilela Vigo, alumna do noso centro, amante da música en xeral pero sobre todo da tradicional. Un auténtico orgullo. Tocou a pandeireta con Kepa Junquera.
Desde aquí animala a que siga a disfrutar e aprender da cultura tradicional, sentíndoa e innovándoa como parte súa.
Entre o público rendéuselle homenaxe o gran Pazos de Merexo.

 

 

 

 

 

 

IES RAMÓN CAAMAÑO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

IES RAMÓN CAAMAÑO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este venres 24 de novembro alumnado e profesorado do IES Ramón Caamaño quixemos manifestar coa nosa presenza e as nosas voces, a nosa repulsa contra a Violencia de Xénero, sumándonos ós centos de micro e macro concentracións que sobre este tema se celebraron no noso país.

Acudimos á convocatoria de concentración  que o Concello e o CIM (Centro de Información a Muller) de Muxía acordaron para ás 12:00 baixo o lema de "Espazos libres de violencias machistas" e "Muxía en negro".

Fixemos unha escolma, nos días previos, de frases, pensamentos e desexos dos nosos alumnos sobre a violencia de xénero que foron lidos no acto e que aparecen reflectidos máis abaixo. Cristina Quintáns, Yago Santos e Elias Valencia, foron os encargados de lelos.

Desde aquí manifestamos alto e claro unha vez máis: NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!!

 

 

 

25  DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Que o medo non che impida denunciar.
Non utilices a violencia.
Nin un só golpe máis, ponlle fin.
O machismo fóra deste mundo xá!
Máis amor e menos violencia.
Homes e mulleres, todos somos iguais.
O amor une ás persoas, nunca ata unhas a outras.
As mulleres non somos obxectos. Basta xa!
Ponlle fin para obter un principio.
A violencia é o último recurso do incompetente.
Cando maltratas a unha muller, deixas de ser un home.
O maltrato non é un bo trato.
Non teñas medo, estamos contigo, chama ao 016.
Falamos das mulleres como se foran bestas sen sentimentos. E non nos percatamos de que as bestas somos nós, os homes, cada vez que escoitamos a palabra “violencia de xénero”, e miramos para outro lado, como si fora algo natural. ¡Basta de mirar para outro lado! ¡Loitemos  xuntos por unha sociedade sen violencia! ¡Non á violencia de xénero!
Cada muller é distinta, ninguén ten dereito a xulgarnos!
A violencia é o único recurso dos covardes.
Non trates co maltrato!

 

OS NENOS QUE XOGARON CO CHAPAPOTE

OS NENOS QUE XOGARON CO CHAPAPOTE

"Los niños que jugaron con el chapapote" Así titulou a Voz de Galicia  o artigo, na súa edición impresa e dixital, que realizou no noso centro e no "Coído" de Muxía, entrevistando ós nosos rapaces, a algúns dos que naceron no mesmo ano da traxedia da que se celebra o seu 15 aniversario. Son: Lucía Luaces, Valeria Cousillas, Sheila Rey, Samuel Caamaño e Elias Valencia.

Responderon ás preguntas dos reporteiros da Voz de Galicia e de V Televisión e aportaron as súas impresións sobre o acontecido. Como afectou as súas familias e a súa contorna, que historias lles contaron, que opinion teñen do desastre e do lido en anos posteriores nos medios, etc...

 

Portada da Voz de Galicia do domingo 12 de Novembro de 2017 e o artigo das páxinas interiores.

 

 

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E DO SAMAÍN

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E DO SAMAÍN

O pasado 3 de Novembro celebramos o Magosto no noso centro e tamén aproveitamos para festexar o Samaín, que se vira perxudicado polo peche da Biblioteca desde onde tradicionalmente se dinamizaba este evento.

Léronse contos, historias de medo, fixéronse lecturas dramátizadas, vimos curtas de terror e suspense que nos fixeron levantar das cadeiras, xogamos a todo tipo de xogos populares: á rá, á petanca, ás carreiras de sacos, á sogatira, ós bolos, ós záncos, ós aros, ós trompos...ÁS CASTAÑAS NO CHOCOLATE!!!

Logo de moito sudar, correr, mover, compartir e rir, chegou o momento de "papar" as castañas e os bocadillos de chourizo que tan ben cociñaron Pablo o noso PT e Laura López.

Moitas rapazas e rapaces de axudaron a preparar e coordinar todo para preparar as comandas e servir e distribuir a comida e a bebida. Unha maravilla!!!

Tamén houbo personaxes salientables neste día, unha auténtica samaíña, Sofía Valiña, que veu ó centro totalmente disfrazada, e a visita inesperada do noso profesor de Xeografía e Historia do curso pasado Aleixandre Soto que deixou pegada entre todos nós.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut