Skip to Content

Novas

CONCENTRACIÓN EN REPULSA POLA VAGA INDISCRIMINADA DE LUMES DO PASADO DOMINGO 15 DE OUTUBRO

CONCENTRACIÓN EN REPULSA POLA VAGA INDISCRIMINADA DE LUMES DO PASADO DOMINGO 15 DE OUTUBRO

O mércores 18 de Outubro concentrámonos no patio do Instituto ás 12:10 horas, alumnos, personal subalterno e administrativo, personal da cafetería e profesor@s para amosar toda a nosa repulsa, carraxe e indignación ante a vaga de incendios (a todas luces provocados) que a pasada fin de semana, arrasou miles de hectáreas de terreo no noso país, gran parte delas, zonas de especial proteción de fauna e flora como poden ser os Ancares, Carballeda de Avia ou mesmo o Parque natural do Xurés. Por iso, en acto simbólico, e solidarizándonos non só coas familias das vítimas mortais, senón tamén cos miles de árbores e millóns de especies que desapareceron co lume vestímonos de loito con camisetas negras e roupa escura e esiximos que isto non volva suceder.

Durante o acto de concentración dúas alumnas léron dous textos de creación propia alusivos ó tema:

 

Xiana Sar Rañó  2º B ESO

Como sabedes, nos últimos días, unha vaga de incendios abrasa Galicia. Situación da que moitos de vós vos dariades conta a través da televisión.
E é que a estas alturas, aínda que pareza estúpido, hai xente á que non lle importa a terra.

O pasado día, en Galicia, ficaron activos máis de vinte incendios ó mesmo tempo. Situación indignante, por suposto. Case tanto como os 125 activos na madrugada do domingo ó luns. As consecuencias son máis de 10.000 hectáreas queimadas este mes.

Todos estes incendios, segundo a Consellería de Medio Rural, foron claramente intencionados.

Cifras alarmantes, sobre todo ante o dato de que xa son catro as vítimas humanas de morte.

Dicídeme: qué se espera con esta lectura? Tristura? Non no meu caso. O que sinto é indignación, ira.

Pero é o froito desa ira, ante o destrozo da miña terra, o que fai que nunca se me ocorra pensar en cometer tal atrocidade.

A que esperamos? A morrer queimados? Afogados polo fume ou co desxeo dos polos?

É a vosa decisión. Eu tomei a miña.

 

Valeria Cousillas Carrera 4º A ESO

Galicia arde, Galicia está sendo queimada por uns desalmados e eu sinto rabia, impotencia, tristeza, dor. Choro polo que vexo: lume, cinzas, escuridade.

Pero despois de todo isto seguimos sendo un pobo guerreiro, loitando con cubos e caldeiros, xente da rúa, que lle doe a súa terra, co corazón nun puño, de tanto loito.

Pero orgullosos de ser galegos.

 

 

PECHE DA BIBLIOTECA DO CENTRO

PECHE DA BIBLIOTECA DO CENTRO

Por motivos alleos á Dirección do centro a Biblioteca permanecerá pechada para o uso e disfrute do alumnado durante os recreos e non se concederán préstamos de libros.

Chegamos a esta situación, que esperamos que sexa temporal e breve, porque faltan por cubrir unha serie de horas por parte da Administración para que o centro poda ofrecer este servizo.

Seguimos a traballar para que esta situación se normalice e pedimos o voso apoio.

 
 

BENEFICIARIOS DE CHEQUES DE MATERIAL E FONDO LIBROS PARA O CURSO 2017-2018

BENEFICIARIOS DE CHEQUES DE MATERIAL E FONDO LIBROS PARA O CURSO 2017-2018

- LISTAXE DE BENEFICIARIOS DE CHEQUES DE MATERIAL

* Os beneficiarios do cheque de material poderán pasar a recollelo a partir do día 13 de setembro

- LISTAXE DE BENEFICIARIOS DO FONDO DE LIBROS

* Os libros de texto correspondentes repartiranse a cada alumno no centro a partir do día 15 de setembro

 

Durante todo o mes de setembro permanecerán expostas no taboleiro da conserxería e publicadas na páxina web do centro para Consulta e/ou Reclamación, as listaxes definitivas dos cheques para material e das axudas para libros de texto.

INAUGURACIÓN DO CURSO 2017 - 2018

 

INAUGURACIÓN DO CURSO 2017 - 2018

PRESENTACIÓN

 

Este venres 15 de setembro inauguramos formalmente o curso académico 2017 - 2018 cunha presentación no Salón de Actos do instituto.

PRESENTACIÓN

 

LUGAR: Salón de Actos do Instituto

HORA: 11:00 a 13:00

CONVOCADOS: todo o alumnado e profesorado do centro

 

O acto comezará ás 11:00 cunha presentación na que se describirán as carácterísticas e liñas principais do presente curso académico, onde se presentará ó alumnado a nova Equipa Directiva e o profesorado que vai impartir docencia, e os titores/as dos diferentes grupos.

A continuación os titores/as irán chamando ó alumnado correspondente e subirán as aulas con eles onde recibirán información máis detallada do curso (horarios, normas, etc...)

Por último, ó redor das 12:30, e unha vez rematada a sesión co titor/a, baixarán o patio e esperarán a chegada dos buses que os levarán de volta a casa.

As clases no seu horario completo comezarán o luns 18 de setembro ás 08:30 da mañá.

 

*TRANSPORTE: O venres 15 de setembro, dado que a presentación é ás 11 da mañá, os autobuses pasarán polas paradas cunha cadencia horaria similar á do resto do ano pero tendo conta que en lugar das 08:30 é ás 11:00 (Entre 30 e 40 minutos de antelación nas paradas)

 

 

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO, ENTREGA DE NOTAS E PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2017 - 2018

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO, ENTREGA DE NOTAS E PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2017 - 2018

(AVISO IMPORTANTE: MODIFICACIÓN PRAZO MATRÍCULA DE SETEMBRO)

 

Despois do período de exames da Convocatoria Extraordinaria de setembro (días 1 e 4) e das sesións de avaliación (día 5), os titores farán a entrega de notas ó alumnado o día 6 de setembro en horario de 11:00 a 12:00 horas nas aulas correspondentes ós diferentes niveis e grupos.

Por outra banda, ese mesmo día 6 dará comezo o período de matrícula para o alumnado que se examinou en setembro. O prazo para tramitala finalizará o día 8 do mesmo mes.

 

Entrega Notas Convocatoria Extraordinaria Setembro 6 de setembro de 11:00 a 12:00
Prazo Matrícula Setembro do 6 ó 8 de setembro

 

* Recordar que á hora de formalizar a matrícula de setembro deben entregarse os libros do curso anterior.

Información sobre servizos mínimos de transporte escolar os días 20 e 21 de xuño de 2017, con ocasión da folga convocada.

Nos servizos regulares de uso especial para transporte de escolares, manteranse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde ás 7.30 ata as 10.30 horas e os de saída desde das 13.30 ás 19.00 horas nos itinerarios.de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio, cuxa lonxitude total sexa superior a 4 km.

Máis información na páxina da Consellería

Abre o prazo para solicitar as axudas á compra de libros de texto e material escolar ou acceder ao fondo público

  • As familias dispoñen de prazo ata o 23 de xuño para presentar no centro educativo as correspondentes solicitudes.

 

  • A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

 

         Máis información:

               - Na seguinte ligazón

               - Nos adxuntos.

  

   

Axudas para a realización para as actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017

NOTA INFORMATIVA DO 18 DE MAIO

Publicación das listaxes provisionais de seleccionados/as e de suplentes.

Ábrese un prazo de 10 días naturais para efectuar reclamacións e presentar alegacións.

Consulta das listaxes na seguinte páxina web  

Avaliación final 4º ESO

O IES Ramón Caamaño resultou seleccionado para formar parte da mostra de centros participantes nas probas de avaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria correspondentes ao curso 2016/17.

O alumnado de 4º ESO realizará a proba os días 23 e 24 de maio.

Os resultados obtidos non repercuten en ningún caso nas cualificacións obtidas polos alumnos no curso escolar nin contan para o expediente académico. 

 Máis información en adxuntos.

Distribuir contido


by Dr. Radut