Skip to Content

Novas

ABRIMOS A BIBLIOTECA!!! POR FIN!!!

ABRIMOS A BIBLIOTECA!!! POR FIN!!!

Hoxe estamos moi contentos porque por fin podemos abrir a Biblioteca do noso Centro.

Case un mes e medio despois de ter iniciadas as clases a Direción Xeral de Recursos Humanos confirmounos, o venres 28 de Outubro de 2017, que facia efectiva a provisión dun profesor de Pedagoxía Terapeutica para cubrir horario de gardas de Biblioteca, Recreo, e tamén horario de atención específica e de reforzo/exención de Francés con alumnado de 1º e 2º da ESO.

Non foi fácil, como sabedes, houbo que discutir moito e insistir ante Inspeción Educativa. A provisión é dunha media plaza, que foi o que se demandou en principio para poder atender ás necesidades que quedaban sen cubrir no centro.

Agora o alumnado poderá disfrutar da Biblioteca como espazo de coñecemento e investigación, como espazo lúdico e de posta en común de intereses e lecturas e como espazo dinamizador fundamental do centro. A partires da semana que ven, comezará tamén o servizo de préstamo de libros ó noso alumnado.

Desde aquí, o Equipo Directivo, quere agradecer todo o apoio recibido tanto por parte do profesorado,dos pais, como do alumnado e do resto da Comunidade Escolar, ás iniciativas levadas a cabo (claustros, escritos de protesta e petición de solucións, recollida de firmas) que fan posible que desde hoxe podamos abrir.

Entendemos que a Biblioteca é un ben fundamental do noso centro, un servizo básico que non podiamos permitir que estivese pechado máis tempo.

Grazas a tod@s e un saúdo

 

PAIS, NAIS E RESPONSABLES DOS ALUMNOS/AS DO IES RAMÓN CAAMAÑO PRESENTAN UN ESCRITO DE PROTESTA POLO PECHE DA BIBLIOTECA ANTE INSPECIÓN EDUCATIVA E XEFATURA TERRITORIAL

PAIS, NAIS E RESPONSABLES DOS ALUMNOS/AS DO IES RAMÓN CAAMAÑO PRESENTAN UN ESCRITO DE PROTESTA POLO PECHE DA BIBLIOTECA ANTE INSPECIÓN EDUCATIVA E XEFATURA TERRITORIAL

Onte, 26 de Outubro de 2017, o Equipo Directivo do IES Ramón Caamaño canalizou un escrito de protesta e de petición de solucións, firmado polos pais, nais e responsables dos nosos alumnos, polo peche da Biblioteca do Centro, dando rexistro de saida e enviando toda a documentación á Inspeción Educativa e Xefatura Territorial de A Coruña.

Estas reivindicacións e mostras de apoio, xa expresadas verbalmente na primeira reunión de inicio de curso cos pais, nais e responsables dos nosos alumnos, son agora testemuña escrita, e se suman ó primeiro escrito de protesta e búsqueda de solucións que firmou o Equipo Directivo co respaldo e apoio unánime do Claustro.

Esperamos que toda esta forza exercida pola nosa comunidade escolar faga ver, a quen corresponde, non só a preocupación por este problema que se arrastra desde inicio de curso, senón o interese por atopar sen demora unha solución.

Que o noso alumnado poida desfrutar de novo dos recursos que a nosa Biblioteca ofrece.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut