Skip to Content

ABRIMOS A BIBLIOTECA!!! POR FIN!!!

ABRIMOS A BIBLIOTECA!!! POR FIN!!!

Hoxe estamos moi contentos porque por fin podemos abrir a Biblioteca do noso Centro.

Case un mes e medio despois de ter iniciadas as clases a Direción Xeral de Recursos Humanos confirmounos, o venres 28 de Outubro de 2017, que facia efectiva a provisión dun profesor de Pedagoxía Terapeutica para cubrir horario de gardas de Biblioteca, Recreo, e tamén horario de atención específica e de reforzo/exención de Francés con alumnado de 1º e 2º da ESO.

Non foi fácil, como sabedes, houbo que discutir moito e insistir ante Inspeción Educativa. A provisión é dunha media plaza, que foi o que se demandou en principio para poder atender ás necesidades que quedaban sen cubrir no centro.

Agora o alumnado poderá disfrutar da Biblioteca como espazo de coñecemento e investigación, como espazo lúdico e de posta en común de intereses e lecturas e como espazo dinamizador fundamental do centro. A partires da semana que ven, comezará tamén o servizo de préstamo de libros ó noso alumnado.

Desde aquí, o Equipo Directivo, quere agradecer todo o apoio recibido tanto por parte do profesorado,dos pais, como do alumnado e do resto da Comunidade Escolar, ás iniciativas levadas a cabo (claustros, escritos de protesta e petición de solucións, recollida de firmas) que fan posible que desde hoxe podamos abrir.

Entendemos que a Biblioteca é un ben fundamental do noso centro, un servizo básico que non podiamos permitir que estivese pechado máis tempo.

Grazas a tod@s e un saúdo

 



page | by Dr. Radut