Skip to Content

Novas

AVISO IMPORTANTE SOBRE TRANSPORTE ESCOLAR ZONA ALUMNADO DE LOURIDO E ARREDORES

AVISO IMPORTANTE SOBRE TRANSPORTE ESCOLAR ZONA DE LOURIDO E ARREDORES

O venres 15 de xuño recibimos no instituto varias chamadas de pais/nais preocupados polo corte inminente da carreteira de Lourido, o que implicaría a modificación das condicións de transporte escolar do alumnado procedente desa zona.

Consultado ó Concello e falado co alcalde este nos transmitiu que a intención da empresa contratada pola Deputación da Coruña, e contando co permiso da mesma, era a de cortar xa este luns 18 de xuño a estrada.

Ó final e despois da negociación do Concello coa Deputación este corte se pospoñerá ata a finalización "total" deste curso académico incluido o día no que alumnado ven a recoller as notas (25 de xuño).

Así que NON SE PRODUCE O CORTE DA ESTRADA DE LOURIDO E O TRANSPORTE ESCOLAR FUNCIONARÁ CON NORMALIDADE.

 

 

OBRADOIRO DE ROBÓTICA "ESCORNABOT" CON MIGUEL GESTEIRO 06-06-2018

OBRADOIRO DE ROBÓTICA "ESCORNABOT" CON MIGUEL GESTEIRO 06-06-2018

Onte tivemos a sorte de contar coa presenza de Miguel Gesteiro Rodríguez, enxeñeiro informático. O obradoiro encaixase nas actividades programadas polo departamento de Tecnoloxía a cargo de José Manuel Caamaño Lamela.

O obradoiro versou sobre a construción dun robot programable o "Escornabot". Miguel guiou os pasos do alumnado de 4º de tecnoloxía para a construción que o pasaron de medo vendo bailar as súas creacións.

Aproveitamos tamén o paso de Miguel para poñer en marcha a Impresora 3D que chegou o centro e que desfrutaremos máis en profundidade no próximo curso.

 

Enlace a todo o material e documentación do obradoiro:

https://escornabot.cc/info-taller/:

 

O PRESIDENTE E O SECRETARIO DA FUNDACIÓN GONZALO LÓPEZ ABENTE VISITAN O CENTRO PARA FACER UNHA DOAZÓN DE LIBROS A NOSA BIBLIOTECA 29-05-2018

O PRESIDENTE E O SECRETARIO DA FUNDACIÓN GONZALO LÓPEZ ABENTE VISITAN O CENTRO PARA FACER UNHA DOAZÓN DE LIBROS A NOSA BIBLIOTECA 29-05-2018

Félix Porto Serantes e Xesús María Sambade Soneira, Presidente e Secretario da Fundación Gonzalo López Abente respectivamente, visitaron o noso centro para facer unha doazón a nosa biblioteca dunha serie de libros da produción literaria do importantísimo e recoñecido escritor muxián. Libros de Poesía, Narrativa e mesmo unidades didácticas para traballar a súa vida e obra e achegar a súa figura ós máis novos. Aproveitando o acto de entrega falaron co noso alumnado de 3º e 4º da ESO e nunha charla coloquial e amena esbozaron a grandes rasgos a vida e produción literaria do autor para que o alumnado se interese por unha figura próxima a eles tan importante. Moitísimas grazas.

 

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018-2019

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018-2019

 

Desde o 21 de Maio está aberto o prazo para que as familias podan realizar a solicitude do Fondo Solidario de Libros de Texto para o vindeiro curso 2018-2019.

A data límite de presentación de solicitudes é o 22 de Junio de 2018

Adxuntamos tres arquivos PDF onde está toda a información necesaria para realizar a solicitude:

 

- ORDE 09-05-2018 QUE REGULA A AXUDA FONDOLIBROS.pdfArquivo extenso coa Orde que regula a axuda.

- CIRCULAR INFORMATIVA FONDO LIBROS.pdfInformación breve e precisa dos requisitos e maneiras para presentar as solicitudes

- IMPRESOS FONDO LIBROS CURSO 2018-2019.pdfImpresos para realizar a solicitude de maneira presencial.

 

FAGAMOS DEPORTE EN GALEGO 16-05-2018

FAGAMOS DEPORTE EN GALEGO 16-05-2018

Hoxe imos celebrar unha xornada deportiva e de convivencia con centros da nosa comarca. IES Fin do Camiño, IES Agra de Raíces, IES Fernando Blanco e o noso centro. Despois dun tempo preparándoa por fin a temos aquí. Tal como reflicte o lema  da xornada, esta tamén é unha celebración das Letras Galegas adicada este ano á figura de María Victoria Moreno Marqués.

Iremos colgando e refacendo esta entrada para contarvos algún aspecto da organización e tamén do desenvolvemento da xornada.


A xornada de Deporte en Galego que tivemos hoxe cos centros IES Agra de Raices, IES Fernando Blanco e IES Fin do Camiño, foi incrible. Tivemos un día espectacular no climatolóxico, inda que cun pouco de vento, e no deportivo e de convivencia incrible, foi un gusto ver tanto alumnado e tan diverso compartindo xogos, confidencias risas...Non houbo ningún altercado nin accidente que botase a parder a xornada. Era moi bonita a sensación xeralizada de que por riba da competitividade estaba o feito de pasalo ben e desfrutar.
Desde o centro fixemos unha camiseta conmemorativa do evento en varias cores que servían para distinguir os diferentes centros. Ós rapaces gustoulles moitísimo. Logo dos deportes no pabellón ó longo da mañá, desputouse a "Volta a Muxía", carreira na que participaron case 100 rapaces e rapazas dando a volta á península de Muxía. Regularon a proba a Policia Local, Protección Civil e tamén alumnado do noso centro que facía de "Guía" para orientar os participantes ó longo de todo o traxecto.
Unha vez rematou a carreira, cerca xa das 14:00 iniciamos a andaina ata a praia de Lourido onde comemos e logo os rapaces xogaron a diversos deportes, Boleivol, Rugby, Beisball, disco...e tamén os máis atrevidos se bañaron. En fín un día espectacular.
Ás 17:30 iniciamos á volta ó centro e ás 18:00 tivo lugar no pavellón a entrega de premios e despedida.
Ás 18:45 o alumnado dos diferentes centros iniciaron o regreso ás súas casas.

RESULTADOS COMPETICIÓN 16 MAIO
FAGAMOS DEPORTE EN GALEGO

1. FÚTBOL

• 1º CLASIFICADO: IES RAMÓN CAAMAÑO (MUXÍA)
• 2º CLASIFICADO: IES FIN DO CAMIÑO (FISTERRA)

2. BALONCESTO

• 1º CLASIFICADO: IES RAMÓN CAAMAÑO (MUXÍA)
• 2º CLASIFICADO: IES AGRA DE RAÍCES (CEE)

3. VOLEIBOL

• 1º CLASIFICADO: IES FERNANDO BLANCO (CEE)
• 2º CLASIFICADO: IES AGRA DE RAÍCES (CEE)

4. BADMINTON MASCULINO

• 1º CLASIFICADO: JOSÉ ANTONIO RAMOS (IES AGRA DE RAÍCES)
• 2º CLASIFICADO: DARÍO CASTIÑEIRA (IES RAMÓN CAAMAÑO)

5. BADMINTON FEMININO

• 1ª CLASIFICADA: SHEILA GARCÍA (IES RAMÓN CAAMAÑO)
• 2ª CLASIFICADA: NAIRA PUENTE (AGRA DE RAÍCES)

6. PIN PON MASCULINO

• 1º CLASIFICADO: FABIÁN GARCÍA (IES RAMÓN CAAMAÑO)
• 2º CLASIFICADO: DAVID LOJO (IES FERNANDO BLANCO)
7. PIN PON FEMININO

• 1ª CLASIFICADA: ALEJANDRA ROMANÍ (IES RAMÓN CAAMAÑO)
• 2ª CLASIFICADA: MINERVA LAGO (IES AGRA DE RAÍCES)

8. CARREIRA

• 1º CLASIFICADO MASCULINO: ALEJANDRO DÍAZ (IES AGRA DE RAÍCES)
• 2º CLASIFICADO MASCULINO: ALEXANDRE TRILLO (IES AGRA DE
RAÍCES)
• 3º CLASIFICADO MASCULINO: IKER MANUEL TRABA (IES FIN DO
CAMIÑO)

• 1ª CLASIFICADA FEMININA: ELIA LEMA (IES AGRA DE RAÍCES)
• 2ª CLASIFICADA FEMININA: ANA OCA (IES FERNANDO BLANCO)
• 3ª CLASIFICADA FEMININA: MINERVA LAGO (IES AGRA DE RAÍCES)

 

FOTOGRAFÍAS

 

 

 

 

EXCURSIÓN Ó MUSEO ARQUEOLÓXICO DO CASTELO DE SAN ANTÓN 12-04-2018

EXCURSIÓN Ó MUSEO ARQUEOLÓXICO DO CASTELO DE SAN ANTÓN 12-04-2018

O día 12 de abril os alumnos de 3º e 4º da ESO estiveron de excursión na Coruña. A choiva non permitiu ir á Torre de Hércules, pero xunto cos profesores de Latín, Cultura Clásica e Ciencias Sociais fixeron unha estupenda visita guiada ao museo arqueolóxico do castelo de San antón, onde puideron contemplar pezas de diversas épocas relacionadas coa cultura galega.

 

 

2º SORTEO DA CESTA PARA A ESCURSIÓN DA SEMANA VERDE ASTURIAS 2018

2º SORTEO DA CESTA PARA A ESCURSIÓN DA SEMANA VERDE ASTURIAS 2018

No sorteo da cesta para a " Excursión da Semana verde Asturias 2018" realizado no noso centro o pasado venres 23 de Marzo non apareceu o gañador do número premiado así que transcurrido un tempo prudencial voltamos novamente a realizar o sorteo co seguinte resultado:

3912

Desta vez si que esperamos que apareza o gañador e poda desfrutar desta magnífica cesta. Nesta ligazón podes ver o sorteo realizado. Nesta ocasión contamos coa axuda inestimable de Marité Lema Caamaño como man inocente. Grazas!

 

SORTEO DA CESTA PARA A ESCURSIÓN DA SEMANA VERDE ASTURIAS 2018 ALUMNADO 4º ESO IES RAMÓN CAAMAÑO 23-03-2018

SORTEO DA CESTA PARA A ESCURSIÓN DA SEMANA VERDE ASTURIAS 2018

ALUMNADO 4º ESO IES RAMÓN CAAMAÑO 23-03-2018

O número gañador da rifa na que se sorteou unha magnífica cesta con produtos gastronómicos, o venres 23 de maio, para colaborar coa excursión á Asturias (Semana verde de Asturias 2018) do alumnado de 4º da ESO foi o :

3148

O sorteo público levouse a cabo na aula de 4º da ESO en presencia do alumnado empregando unha aplicación online que elixe ó azar números aleatorios.

As alumnas de 4º da ESO Soledad Fandiño Gándara e Milagros Paz Lago, levaron a cabo esta tarefa, a primeira fixo unha pequena presentación e a segunda foi quen premeu co rato para a eleción aleatoria do número.

A continuación, a través do link "SORTEO", pódese ver o momento do sorteo onde aparece o número, mágoa que por cuestións técnicas non se poidese gravar o son.

SORTEO

 

 A persoa gañadora deberá poñerse en contacto con nós á maior brevidade posible para poder facer entrega da cesta, ou no caso de que non apareza agraciado/a se volva a levar a cabo un novo sorteo.

Para poñerse en contacto con nós escriban o enderezo de correo electrónico do instituto ies.ramon.caamano@edu.xunta.es ou ben chamen ó teléfono do centro 881880775 en horario de mañá a partires do Martes 3 de abril.

 

PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2018-2019

PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2018-2019

 

Desde o día 01 ó 20 de Marzo estará aberto o prazo para que as familias fagan a solicitude de Admisión de Alumnado no noso centro. A documentación necesaria a presentar cumprimentada está a disposición das familias na Secretaría do centro ou pode ser descargada e impresa no apartado SECRETARIA, subapartado ADMISIÓN DE ALUMNADO. As familias tamén poden presentar a solicitude de admisión de maneira telemática a través da aplicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, "ADMISIONALUMNADO", a cal se pode aceder desde a seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013 (NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN)

ORDE DO 25 DE XANEIRO DE 2017 (NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN)

INSTRUCIÓNS RELATIVAS Ó PROCESO DE ADMISIÓN (DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS)

INSTRUCIÓNS RELATIVAS Ó PROCESO DE ADMISIÓN (XEFATURA TERRITORIAL)

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut