Skip to Content

Novas

VISITA DO ALUMNADO 6º PRIMARIA DE OS MUIÑOS E VILARMIDE 04-06-2019

O pasado martes 04 de xuño tivemos a visita no noso instituto do alumnado de 6º de primaria do CEIP OS MUIÑOS e do CEIP EDUARDO NOYA (ViLARMIDE). Viñeron a coñecer as instalacións e a saber un pouco  como é o funcionamento e a organización da etapa na que se van iniciar no próximo curso escolar 2019-2020. Pequenos rapaces e rapazas cheos de enerxiía e curiosidade ainda que todos eles á "espectativa". Acollemos o alumnado e o profesorado convidado na biblioteca do centro onde o equipo directivo e orientación fixemos unha presentación xeral do centro e da etapa e logo percorremos as instalacións do instituto. Por último tivemos unha pequena "merenda" de mañá na cafetería do centro e logo se xuntaron no recreo co noso alumnado para, nalgún caso, compartir actividade deportiva.  Á tarde tivemos a ocasión de reunirnos coas familias para facer unha presentación do centro e da súa organización, da nova etapa que van iniciar os seus fillos, do equipo directivo, e de aportar información e documentación relevante sobre "Matrícula" e "Fondo Libros".

 

 

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E CHEQUE DE MATERIAL PARA O CURSO 2019-2020

 

Desde o 20 de Maio está aberto o prazo para que as familias podan realizar a solicitude do Fondo Solidario de Libros de Texto para o vindeiro curso 2019-2020.

A data límite de presentación de solicitudes é o 21 de Xuño de 2019.

Adxuntamos tres arquivos PDF onde está toda a información necesaria para realizar a solicitude:

 

- ORDE 03-05-2019 QUE REGULA A AXUDA FONDOLIBROS.pdfArquivo extenso coa Orde que regula a axuda.

- CIRCULAR INFORMATIVA FONDO LIBROS.pdfInformación breve e precisa dos requisitos e maneiras para presentar as solicitudes

- IMPRESOS FONDO LIBROS CURSO 2019-2020.pdfImpresos para realizar a solicitude de maneira presencial.

FAGAMOS DEPORTE EN IGUALDADE 16 - 05 - 2019

Que este post, inda que tarde, sirva para amosar o agradecemento a tódalas persoas (alumnado e profesorado convidados e tamén do IES Ramón Caamaño, persoal non docente e de cafetería) que participaron e fixeron posible a Xornada deportiva do día 16 de Maio "FAGAMOS DEPORTE EN IGUALDADE" na semana das Letras Galegas, adicadas este ano a "Antón Fraguas Fraguas".

Tamén o Concello de Muxía e a Abanca pola aportación económica para o evento.

Inda que este ano por mor da ameaza de choiva e un certo vento frio de vendaval non puidemos facer a xornada da praia (roteiro, comida e xogos no exterior), si convivimos no pavillón polideportivo municipal e o alumnado dos diferentes centros socializou de verdade e disfrutou en conxunto do tempo de lecer logo do xantar.Pasamos un día estupendo de convivencia, diversión e deporte.Ata o ano que ven!!!

ENLACE Á NOTICIA

ENLACE Á NOTICIA

 

OBRADOIRO DE ROBÓTICA - ROBOT mClon - 21/05/2019

O martes, 21 de Maio de 2019 estivo Miguel Gesteiro Rodríguez (Enxeñeiro de Telecomunicacións) impartindo un obradoiro de robótica no noso centro ó alumnado de Tecnoloxía de 4º da ESO, coa axuda e co apoio de José Manuel Caamaño Lamela (profesor de Tecnoloxía). O alumnado montou e puxo en funcionamento o modelo de robot: "mClon". Seguindo as instrucións de Miguel montaron as pezas do robot que posteriormente programaron para que fixeran unha serie de operacións, entre elas a de seguir unha liña negra(Circuito).

VIAXE FIN DE CURSO - SALOU - 4º ESO - 08/12 ABRIL 2019

Si, pasou o día e pasou a romería como dí o dito popular. Non fixeramos ningunha reseña da viaxe de fin de curso a Salou, e por que non? ahí van algunhas poucas imaxes de grupo.

Andivemos por Salou, Barcelona, Tarragona, coñecendo o seu patrimonio histórico (Sagrada Familia, Ramblas, Circo Romano e Anfiteatro, Paseo arqueolóxico, etc...), disfrutando das diversas panorámicas, percorrendo as rúas cheas de xente. Fixemos actividades multiaventura e fomos a Portaventura  a pasalo de medo nas súas atracións. Tamén tivemos tempo libre ó noso dispor para poder desfrutar da piscina do Hotel e coñecer un pouco os arredores.

 

 

 

 

 

 

AVALIACIÓN FINAL SECUNDARIA OBRIGATÓRIA 4º ESO (REVÁLIDA) 18-19

O IES Ramón Caamaño foi seleccionado por sorteo para realizar a Avaliación Final de Secundaria Obrigatoria 4º da ESO (Reválida) no presente curso 2018-2019. Neste post atoparedes toda a información referente ás probas e o seu desenvolvemento, así como as novas que se vaian incorporando.

INDICACIÓNS XERAIS:

Data das probas: 28, 29 MAIO

Lugar: Salón de Actos do IES Ramón Caamaño

Carácter das probas: Voluntario, mostral, sen efectos académicos

GUÍA INFORTATIVA  elaborada pola Xefa do Dep.Orientación Patricia Romero Rey. GUÍA .PDF   GUÍA.PPTX

RESOLUCIÓN do 16 de Abril de 2019 (Instrucións e Desenvolvemento da Avaliación Final)

PROBAS LIBERADAS REVÁLIDA CURSO 16 - 17

COMISIÓN DE COORDINACIÓN DA AVALIACIÓN
Titor 4º ESO Daniel Crespo Romero
Xefa Dep.Orientación Patricia Romero Rey
Xefa de Estudos María del Carmen Gesteiro Rodríguez
Director David Creus Andrade

 

PROFESORADO APLICADOR DAS PROBAS
Competencia Lingüística - Lingua Castelá María Ledo Ares
Competencia Matemática Yolanda Rodríguez Mato
Competencia Social e Cívica María Teresa Valcárcel Sanmartín
Competencia Lingüística - Lingua Galega María Ledo Ares
Competencia Lingüística - Inglés Daniel Crespo Romero

 

 

FAGAMOS DEPORTE EN IGUALDADE

II XORNADA DEPORTIVA INTERCENTROS COSTA DA MORTE

FAGAMOS DEPORTE EN IGUALDADE

ORGANIZA:

 

 

 

COLABORA:

 O vindeiro xoves 16 de Maio imos celebrar no IES Ramón Caamaño a "II Xornada Deportiva Costa da Morte" baixo o lema: "Fagamos Deporte en Igualdade", co que pretendemos a visibilización e maior participación feminina no mundo do deporte e, en concreto, do deporte escolar. Será unha xornada lúdico-deportiva e de convivencia na que participarán 300 rapaces de varios centros educativos da comarca: IES Fin do Camiño de Fisterra, IES Agra de Raíces de Cee, IES Fernando Blanco de Cee e IES Ramón Caamaño de Muxía.

O obxectivo que persegue esta II Xornada é a de retomar aquelas competicións deportivas e ligas intercentros que se celebraban na época da antiga EXB e consolidarse como un evento anual que sirva para poñer en común ós centros educativos da comarca , establecer pontes, crear lazos, recoñecerse na diversidade e poñer en práctica e dar valor a pequenos proxectos en común desde unha perspectiva lúdica e de convivencia. Outros obxectivos primordiais que persegue esta Xornada son fomentar hábitos de vida saudables a través do deporte e aprender a compartir o tempo de lecer de forma lúdica. Así mesmo, aproveitamos e aproveitámonos da data de celebración para reivindicar, dar valor e visibilizar o día das Letras Galegas, adicadas este ano a “Antón Fraguas Fraguas”.

09:00 a 13:30 horas: Recepción dos institutos e comezo das competicións deportivas no Pavillón Municipal e nas pistas deportivas do IES Ramón Caamaño

13:30 a 14:00 horas:  Volta a Muxía 2,5 K.

  • IES Ramón Caamaño e Rúa Castelao (Saída)
  • Rúa Manuel Lastres
  • Rúa Mariña
  • Rúa Virxe da Barca
  • Rúa Atalaia
  • Rúa Ramón Caamaño
  • Rúa Areal
  • Praza do Coído e Avda. Doctor Toba (Meta)

14:00 horas: Camiñada desde o centro e Xantar-Convivencia na Praia de Espiñeirido se o tempo o permite. Xogos populares e tradicionais na praia.

17:00 horas: Volta ó instituto. Entrega de premios. Despedida dos centros visitantes e regreso ós domicilios.

 

RUTA DAS MUXICIENCIAS 03-05-2019

Onte, 3 de Maio, celebramos no noso centro a "RUTA DAS MUXICIENCIAS", unha feira-mostra multidisciplinar organizada polos departamentos do que hoxe en día chamamos ámbito STEM (Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas e Tecnoloxía). Participaron ademáis dos 117 alumnos/as do noso centro (63 colaboradores directos na organización do evento), alumnado dos centros convidados: CEIP Virxe da Barca (1º e 2º de primaria: 21 nenos/as), CEIP Os Muiños (5º e 6º de primaria: 33 nenos/as) e CEIP Eduardo Noya (vilarmide) (3º,4º,5º,6º primaria: 21 nenos/as). Un total de 192 alumnos/as de 1º de primaria a 4º da ESO. Foi unha maravillosa xornada de convivencia, aprendizaxe, experimentación e xogo, alimentando a curiosidade e visibilizando o aprendido nas aulas así como sacándalle a punta a fenómenos e procesos que nos rodean. Parabéns á organización e grazas ós centros convidados por acudir a cita. Esperamos que este evento se consolide e que podamos conpartir con vos proxectos en conxunto no futuro.

 

"ORQUESTA DE MALABARES" E "FORMAS DO DESEÑO. GALICIA XXI"

O pasado 30 de abril, asistimos co alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO ó concerto didáctico "Orquesta de Malabares" e a exposición "Formas do Deseño. Galicia XXI", ambas no Auditorio de Galicia. A saída foi organizada polos departamentos de Música e de Artes Plásticas. No concerto poidemos disfrutar de composicións musicais recoñecibles interpretadas pola Banda de Musíca de Santiago acompañadas con coreografías, malabares e danza por profesionais do espectáculo. Todo con moitísimo sentido do humor, e do ritmo. Por outra banda na exposición sobre o deseño feito en galicia, por galegos, desde o ano 1970 do século pasado poidemos apreciar o gran talento de artístas e deseñadores que temos na nosa terra e o alumnado puido comprobar in situ todo o traballo e reflexión que hai detrás de cada produto que empregamos no cotiá; roupa, mobles, cartaces, envases, publicidade...unha mañá estupenda de gran aprendizaxe.

 

 

OBRAS PAVIMENTACIÓN ESTRADA LOCAL "OS MUIÑOS" - "MEREXO" - ATENCIÓN!!!

Hola a tod@s:

Desde o Concello de Muxía informannos de que se vai cortar ó tráfico a estrada local entre "Os Muiños" e "Merexo" polo período dun mes a partires do próximo luns 6 de Maio. Isto conleva que a ruta do transporte escolar se ve modificada neste tramo e para os lugares de Merexo, Leis, A O e Sendón, onde tamén temos alumnado. Falado a dirección deste centro coa empresa de transporte implicada temos acordado a organización da recollida e entrega do alumnado durante este período de tempo. Se hai algunha novidade ou notificación por parte do Concello serán avisadas as familias en tempo e forma. Tamén é importante que nos fagan saber se se produce algunha incidencia extraordinaria durante este período.

IMAXE DO TRAMO PRINCIPAL AFECTADO

 

Distribuir contido


by Dr. Radut