INICIO DO MÓDULO 4 DE EPA

O vindeiro luns 13 de febreiro comezará o módulo 4 de Educación Secundaria para Adultos.

O alumnado que estaba matriculado no módulo 3 e no 2º curso de PCPI xa pode consultar as notas no IES.

RESULTADOS do CONCURSO: "Microrrelatos conta a VIOLENCIA DE XÉNERO"

Con un pouco de retraso, polo que pedimos disculpas, presentamos os textos gañadores do CONCURSO DE MICRORRELATOS contra a VIOLENCIA DE XÉNERO, convocado pola Biblioteca no mes de novembro .

Reparto gratuíto de froita. Curso 2011 - 12

Este curso volvemos a participar no programa financiado con fondos europeos para repartir froita de forma gratuíta para todo o alumnado. O obxectivo deste programa e fomentLogo CEEar unha alimentación máis saudable entre os nosos escolares.

Este ano temos aprobadas tres semanas, distribuidas ao longo do curso, para o reparto de froita.

Comezamos a semana do 7 ao 11 de novembro e volveremos nos meses de febreiro e marzo. Durante este tempo esperamos que estes hábitos sigan nas casas para que a campaña poda ter éxito.

Xa estamos en febreiro e do 6 ao 10 froita en todos os recreos. E na casa tamén!

MURAL pola PAZ

O pasado luns, 30 de xaneiro, conmemoramos o Día Escolar pola Paz e a Non violencia elaborando o mural que vedes nas imaxes. Cada unha das mans / plumas da pomba contén unha breve "receita" co segredo para construir entre todos a paz na nosa vida cotiá, no noso día a día. Aquí van algunhas das ideas escritas polos rapaces e rapazas do IES Poeta Añón. TOMEMOS NOTA!.

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ: a biblioteca recoméndache ...

Neste enlace tedes as recomendacións da biblioteca :  enlace

No apartado "Biblioteca > Recomendámosche" tes a información completa de recomendacións.

ROCK in TINES 2011

 Para todos aqueles que non puidestes asistir á primeira edición do Festival ROCK in TINES, aquí tedes unha presentación fotográfica, resumo dos momentos estelares. O auditorio da Casa de Cultura de Outes quedou pequeno para acoller a todo o público que se achegou ata alí para ver e escoitar aos "artistasos" do IES Poeta Añón.

UN JRAN CONSIERTO que esperamos poder repetir!!

LECTURAS NADAL 2011

Aproveitando que nas vacacións temos un pouquiño máis de tempo, a Biblioteca proponvos pasar un bo rato coa lectura dos libros que atoparedes nesta guía. Observaredes que hai un apartado adicado á mitoloxía, tema no que centramos as actividades deste ano da biblioteca. Propoñémosvos por elo que non perdades a ocasión de profundizar no coñecemento dalgúns dos relatos míticos e lendas asociados á nosa terra.

BO NADAL A TODOS E FELICES LECTURAS!


ROCK in TINES 2011

O venres día 16 de decembro o alumnado do IES celebrará un festival musical na Casa da Cultura do Concello de Outes as 19:30 horas.

A entrada terá un custo de 3€ para axudar a financiar a excursión do alumando de 4º de ESO. Contamos coa vosa participación neste gran espectáculo.


"Una medicina al servicio de la sociedad"

O martes día 22 teremos no IES Poeta Añón ao Dr. José Ignacio Carro Otero que impartirá unha conferencia titulada "Una medicina al Servicio de la Sociedad".

Esta conferencia está enmarcada nas actividades complementarias que tratamos de organizar todos os anos para completar a formación relacionada coa saúde do noso alumnado. Isto é posible grazas a colaboración entre a Diputación de A Coruña e a Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia que permite achegar a experiencia de grandes profesionais en diversos campos da saúde ao alumnado dos centro escolares de Galicia.

Nesta ocasión temos a sorte de poder contar co propio Presidente da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia que presentará ante o alumnado de 3º e 4º de ESO a problemática de diversas patoloxías con incidencia no ámbito escolar. O Dr. Carro é un contrastado docente e conferenciante poseedor dun gran número de premios e condecoracións a nivel nacional e internacional. Esta experiencia acumulada desde os anos 70 como profesor titular, e máis tarde Director del Departamento de Anatomía, da facultade de Medicina de Santiago xunto a súa dilatada experiencia como conferenciante en 14 paises é unha garantía do éxito da actividade que realizamos este martes.


Powered by Drupal - Design by artinet