GAÑADORAS DO CONCURSO: "QUE SABES DE FRANCISCO AÑÓN?"

 Xa temos gañadoras do concurso sobre Añón. MIRANDA e CLARA de 1º ESO demostraron ser as rapazas mellor coñecedoras do poeta e as máis hábiles á hora de buscar información sobre a súa vida e obra e sobre a ápoca na que viviu. NORABOA ÁS DÚAS!!.

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO "QUE SABES DE FRANCISCO AÑÓN?"

Alimentación deporte e saúde. Curso 2012 - 13

Dentro desde bloque interdisciplinar tratamos de organizar actividades para que o alumnado tome conciencia duns temas fundamentais para un desenvolvemento integral do individuo.

Significan un esforzo importante que realiza o profesorado coa idea de que constitúen un complemento importante da labor de aula.

CONCURSO: que sabes de FRANCISCO AÑÓN?

Para seguir coñecendo mellor ó poeta que dá nome ó noso centro, a biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística invítanvos a participar no concurso:

QUE SABES DE FRANCISCO AÑÓN?

 

Estas son as bases:

  • Pode participar todo o alumnado de ESO diurno de xeito individual ou por parellas.
  • Cada día ás 10.10, aparecerá na porta da biblioteca unha pregunta relacionada coa vida, obra ou a época do Poeta Añón. Disporedes de 24 horas para atopar a resposta (consultando os paneis expostos no patio do IES, os trípticos sobre o autor ou as distintas fontes de información dispoñibles na biblioteca) e depositala na furna que hai ó carón da porta da biblio. Ó día seguinte publicarase a solución e tamén unha nova pregunta.
  • Serán un total de 5 preguntas. Con cada acerto acádase 1 punto.
  • De existir un empate entre varios participantes, estes seguirían concursando con máis preguntas ata ter un gañador.
  • O premio consistirá nun LIBRO ou nun CD musical a escoller polo equipo finalista.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!

HOMENAXE A FRANCISCO AÑÓN

Estamos de celebración!

Xustamente hoxe, 9 de outubro de 2012, cúmplese o bicentenario do nacemento do poeta que dá nome ó noso centro e que é considerado un dos precursores do Rexurdimento: FRANCISCO AÑÓN PAZ.

Sumándonos ós actos conmemorativos que están a ter lugar no concello de Outes, desprazámonos á Casa da Cultura para asistir a un recital poético-musical no que Brais fixo de fantástico mestre de cerimonias e no que, ademais da rapazada do IES, contamos coa participación do Club de Lectura de San Lourenzo, alumnado do CP Emilio Navasqües do Cruceiro de Roo e as corais do Freixo e da Serra de Outes dirixidas pola experta man de Domingo Barreiro, ex-profesor de música no noso instituto.

Grazas a todos eles por achegarnos á figura e á poesía do escritor de Boel.

 

OS POEMAS DE AÑÓN

Xa que andamos metidos de cheo no programa de actividades conmemorativas do BICENTENARIO do nacemento de Francisco Añón, non vén nada mal achegarse ós seus versos. Xa sabemos que a poesia non é "santo da vosa devoción" pero tedes que intentalo e veredes como levades unha grata sorpresa.

Para que o teñades máis doado, ofrecémosvos unha pequena escolma dos seus poemas nas tres linguas en que escribiu .

QUE A GOCEDES!

MURAL DO CÓMIC REMATADO!!

Xa que inauguramos novo curso, queremos aproveitar a ocasión para invitarvos  a disfrutar da nova zona de lectura creada a carón da Aula de Audiovisuais e a deleitarvos na contemplación do fantástico mural de personaxes de banda deseñada que levou a cabo o Departamento de Plástica coa colaboración de alumnado do IES.

LISTA DE ADMITIDOS NO PCPI. Curso 2012-13

No seguinte enlace pode consultarse o listado do alumnado admitido no Programa de Cualificación Profesional Inicial para o curso 2012-13. enlace

COMEZO DO CURSO 2012 - 13

O vindeiro 17 de setembro comezará o novo curso. Este día, de 11 a 12 horas, realizaremos a presentación do alumnado, distribución en grupos dos mesmos e os titores/as daranlle a coñecer os horarios e os demais datos do novo curso escolar. Haberá transporte escolar.

O martes 18 teremos unha xornada normal de 8,25 a 14,05.

Proba libre do módulo xeral de 2º curso de PCPI

No seguinte enlace pode consultarse a resolución que regula a proba para o alumnado que superase os módulos voluntarios dun PCPI con anterioridade ao curso 2011-12.  enlace

ENTREGA DE NOTAS DE SETEMBRO 2012

O xoves 6 de setembro as 10 horas entregaranse as notas correspondentes á convocatoria extraordinaria de setembro.

O alumnado deberá matricularse o antes posible para poder formar os grupos cara ao vindeiro curso (preferentemente o mesmo xoves ou o venres 7).

Powered by Drupal - Design by artinet