PREVENCIÓN DO FRACASO ESCOLAR

O Concello de Outes organiza unhas Actividades para a prevención do fracaso e redución do abandono escolar.

No seguinte folleto tedes a información sobre todas as actividades, os teléfonos e os lugares de contacto. folleto informativo

II FEIRA DO LIBRO USADO no IES

Co gallo de festexar o mes das Letras, do 21 ao 23 de maio terá lugar no patio central do noso centro a II Feira do Libro Usado .

FOTOS E RESULTADOS DA VI SEMANA GASTRONÓMICA -edición 2012-

A 6ª edición do Concurso Gastronómico IES Poeta Añón, prolongada ata o 24 de abril, vén de rematar coa participación de 25 pratos (tanto doces como salgados) que nada teñen que envexar ás creacións dos grandes chefs do país.

V Congreso de Climántica

No seguinte enlace tedes información sobre os premios que poderán conseguir os que presenten traballos para participar neste V congreso. enlace

VI EDICIÓN DA SEMANA GASTRONÓMICA

Na semana do 16 ao 20 de abril terá lugar a tradicional semana gastronómica do IES Poeta Añón.

Ademais do premio da degustación para todos, haberá gustosos trofeos para os gañadores das categorias de doce e salgado nas que se pode participar. Todo isto sen esquecer o recoñecemento internacional.

Como novidade, este ano, xun to co prato haberá que presentar a receita do mesmo para a posterior publicación das mesmas


 

 


 .    

Charla informativa sobre a REFORMA LABORAL

O día 26 de marzo as 19 horas haberá unha sesión informativa para presentar ao alumnado de EPA e PCPI (1º e 2º) as novedades que achega a reforma laboral recentemente aprobada.

Videos do antroido 2012

Video da parte A:  enlace          Video da parte B:  enlace          Video da parte C: 

PRÉSTAMO DO E-BOOK

Por se aínda non te enteraches, as novas tecnoloxías aplicadas ó mundo dos libros chegaron á nosa biblioteca en forma de LIBRO ELECTRÓNICO ou E-BOOK. Se che interesa probar a lectura neste novo soporte, bótalle unha ollada a este tríptico para coñecer as normas de préstamo. Dado que é un material "delicado" precisamos tamén o teu compromiso formal a coidalo traendo o documento que atoparás no FICHEIRO ADXUNTO  asinado polo teu pai, nai ou titor.

ANTROIDO 2012

INICIO DO MÓDULO 4 DE EPA

O vindeiro luns 13 de febreiro comezará o módulo 4 de Educación Secundaria para Adultos.

O alumnado que estaba matriculado no módulo 3 e no 2º curso de PCPI xa pode consultar as notas no IES.

Powered by Drupal - Design by artinet